InicioA CORUÑAArrinca na Praza de Pontevedra a Semana da Mobilidade

Arrinca na Praza de Pontevedra a Semana da Mobilidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dende hoxe martes 16 e ata o 22 de setembro, a Praza de Pontevedra acolle unha marea de actividades no marco da Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa a escala continental que conta, un ano máis, coa participación do Concello, en colaboración co Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

Baixo o lema #MobilidadeParaTod@s, e despois de ter aprobada en pleno a nova ordenanza de mobilidade, esta cita serve para seguir fomentando o respecto ao peatón e o uso dos vehículos ciclables e o transporte público compartido.

O acto inaugural da SEM2025 terá lugar o vindeiro martes 16 ás 13.00 horas, en colaboración coa Compañía de Tranvías da Coruña, a asociación STOP Accidentes e tamén profesionais dos servizos municipais da Policía Local, a Concellaría de Medio Ambiente e do Centro Integral de Mobilidade (CiMob).

Haberá actividades de educación viaria con centros educativos da cidade, tamén de divulgación medioambiental e talleres de formación e orientación sobre a circulación en bicicleta. Tamén haberá foro participativo no que explicaremos ao detalle a nova ordenanza de mobilidade sostible, que terá lugar o mércores 17, a partir das 10.40 horas, no salón de actos do IES Eusebio da Guarda.

Outra das xornadas destacadas na SEM2025 que se celebrará na Coruña será o Día Europeo sen Coches, que terá lugar o domingo 21 de setembro con actividades de concienciación en materia de mobilidade e a colaboración da DGT, Stop Accidentes, Mobiliza e Galicia Rollers.

Ademais, o Concello colaborará con asociacións como Mobi-liza, a Agrupación de Montañeros Independientes (AMI) e Galicia Rollers na organización de roteiros didácticos, saídas de marcha nórdica e unha nova edición da Friday Mobility Night.

Tamén haberá sorteos de agasallos entre as persoas usuarias do servizo de transporte urbano entre os días 16 e 22, semana na que A Coruña tamén participará no Reto Europeo de Pasos, unha campaña a nivel europeo na que a cidade compite por ser a urbe que máis camiña, a través dun desafío colectivo coa app Walk15.

Podedes descargar aquí o programa completo da Semana da Mobilidade da Coruña.

 

Outras novas

Aberta a inscrición para roteiros didácticos para usuarios de BiciCoruña

O pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

ÚLTIMAS

Festas, libros, arte, música, eclipse. Arrincou un agosto do cine na Coruña

Este sábado arrincou o mes de agosto na Coruña, o mes onde pasa todo....

Piden vixilancia arqueolóxica municipal nas obras das vivendas de luxo da Maestranza

As máquinas levan semanas executando obras de movemento e excavación de terras na parcela...

O Concello presenta unha nova edición do calendario histórico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns unha nova edición do calendario...

Tres persoas continúan ingresadas polo incendio nun edificio da Coruña, dous delas na unidade de queimados

Tres das persoas --once en total-- que resultaron feridas este domingo nun incendio rexistrado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here