InicioMOV. SOCIAISOleiros completou o círculo da homenaxe a Francisco Miguel

Oleiros completou o círculo da homenaxe a Francisco Miguel

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O auditorio das Torres de Santa Cruz acolleu unha charla divulgativa sobre o artista Francisco Miguel, asasinado polos fascistas en 1936. Péchase así o círculo de homenaxe que a sociedade galega ven de render a esta vítima do franquismo, cuio corpo foi rescatado na exhumación realizada en 2023 nunha fosa común no cemiterio de Bértoa.

Tralas homenaxes no Concello da Coruña (con exposición incluída da súa arte) e trala entrega esta semana do corpo á familia e posterior enterramento no camposanto de San Amaro, o último recoñecemento foi no seu concello de nacemento (o artista naceu en Oleiros en setembro de 1897).

Foi nun acto, organizado pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en colaboración co Concello de Oleiros, presentado por Carmen Rodeja. A apertura correu a cargo  da deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra; Regina de Miguel Gila, bisneta de Francisco Miguel, agradeceu todo o traballo realizado para a recuperación da memoria do seu bisavó, que cualificou como “moi lindo, moi conmovedor e moi emotivo”.

Charla en Oleiros sobre Francisco Miguel

Pola súa parte, os investigadores Jorge Calle e David Lozano contextualizaron a obra e o pensamento de Francisco Miguel nas primeiras décadas do século XX. Puxeron de relevancia a calidade da súa obra vangardista, o seu pensamento político; ou outros aspectos da súa vida como a xerencia dunha libraría na rúa Real da Coruña, o seu paso por México e por París…

O alcalde, Ángel García Seoane, clausurou a xornada volvendo insistir na necesidade de concienciar a cidadanía, especialmente a mocidade, para evitar que a extrema dereita goberne as institucións, polas devastadoras consecuencias que iso suporía para a democracia e a liberdade.

Angel Garcia Seoane na charla por Francisco Miguel
O rexedor oleirense despedindo a sesión

Máis novas da homenaxe

San Amaro recibiu os restos de Francisco Miguel, outra vítima do franquismo

O Concello da Coruña acolle a entrega ás súas familias dos restos de tres vítimas do franquismo en 1936

A Coruña lembra a memoria do pintor Francisco Miguel cunha exposición

Comeza no cemiterio de Bértoa a exhumación de catro coruñeses asasinados polo franquismo

 

ÚLTIMAS

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

Tivo que chegar un grupo de mozos e mozas duns instituto de Labañou, de...

9 creadores galegos serán recoñecimos co novo galardón ao talento dixital no EMHU

Tamara García Romero (grtamara), Pablo Meixe, Santiago Caamaño (Champi Muros), María Foscaldo (Mery Fos),...

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Comezou o derrubo dun edificio abandonado nos Mallos

O Concello comezou onte a demolición do edificio situado na rúa Puerto Rico, no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here