InicioMOV. SOCIAISCCOO, CGT, CIG e UGT, así como o Sindicato de Estudantes apuran...

CCOO, CGT, CIG e UGT, así como o Sindicato de Estudantes apuran a Folga Xeral por Palestina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Por fin parece que os sindicatos unen forzas para facer presión contra o xenocidio do pobo palestino. Este mércores 15 de outubro, CCOO, CGT, CIG e UGT unen forzas tamén co estudantado para convocar unha folga xeral para presionar aos gobernos a tomar medidas reais.
Os sindicatos lembran que a folga está debidamente convocada e, por tanto, calquera traballador ou traballadora que queira sumarse ten dereito a facelo, sen que poida sufrir ningún tipo de represalia por parte da súa empresa.

Para os sindicatos “o plan de Trump non é un plan de paz. Para empezar, porque en Gaza non hai unha guerra, o que hai é un xenocidio. Este xenocidio NON rematou: Israel só abriu dous pasos para a entrada de axuda humanitaria, segue asasinando, a Faixa de Gaza está devastada, prohibe que os palestinos celebren a liberación de presos…”

”É unha vergoña que os gobernos europeos, incluído o español, avalen a proposta de Trump-Netanyahu. No canto de facer de comparsas do imperialismo estadounidense e do seu aliado nazi-sionista asasino, o goberno do PSOE e Sumar farían mellor en romper total e inmediatamente toda relación con Israel”, denuncian.

Na Coruña haberá concentración ás 12:00h no Obelisco, no marco da Folga Estudantil convocada polo Sindicato de Estudantes en tódolos institutos e universidades do Estado contra o xenocidio sionista. A partir das 19:00h, espérase unha nova masiva manifestación dende a Delegación do Goberno na praza de Ourense.

A Coruña protagoniza unha espectacular manifestación por Palestina

A Plataforma A Coruña Pola Paz estreouse cunha comprometida marcha ata a Torre

ÚLTIMAS

A UDC impulsará o seu grao de Medicina na Coruña: dá por roto o acordo de descentralización ao non ratificalo a USC

A Universidade da Coruña (UDC) emitiu un comunicado este venres no que avanza que...

Oleiros e A Coruña, no ‘top’ das nóminas que máis cotizan en Galicia

Os concellos cunha base media de cotización máis elevada foron Oleiros, Santiago de Compostela,...

“Nadando na incerteza”, o novo disco da “cantora” Sés, xa nas plataformas

A cantora coruñesa Sés publica hoxe Nadando na incerteza, o seu novo traballo discográfico,...

ANPA do CEIP de Tarrío esixe á Xunta máis recursos e atención inmediata

Avanza o curso e cada vez son máis familias as que saen á rúa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here