InicioBARRIOSDerrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir "un anaquiño" do...

Derrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir “un anaquiño” do Parque da Agra

Publicada o

Por editor

Arrrincaban en agosto as obras para liberar o Xardín do Observatorio, e esta mañá de martes 14 de outubro protagonizaron un fito: a demolición dos muros exteriores do parque do Observatorio, no sector lindeiro á rúa Canceliña.

Un momento histórico que non quixeron perder ducias de veciños e veciñas, que vén como vai collendo forma o que vai ser “un anaquiño” do tan necesario e demandado Parque da Agra. Porque hai décadas que a veciñanza da Agra do Orzán clama por un pulmón verde, como o demostraron nas mobilizacións do ano pasado.

O Concello xa está a traballar na definición do proxecto para acondicionar a superficie que se abrirá á cidadanía, así como os seus usos.

Sobre o papel, a concesión demanial obtida polo Concello permitirá contar con dúas superficies de terreo que contan con accesos ás rúas Canceliña e Gregorio Hernández, que se sumarán aos máis de 3.000 metros cadrados cedidos nunha parcela lindeira ao parque, o antigo soar das Adoratrices, tralo acordo cos promotores dunha nova promoción urbanística no lugar.

Máis novas do proceso

Comezan as demandadas obras para liberar o Parque do Observatorio

O novo Parque da Agra terá a sombra das vivendas de Cebrián

#ParquedaAgraXa: O clamor da Agra do Orzán por unha zona verde volveu invadir as rúas

Campo da Burra: Por un parque na Agra do Orzán Xa!

ÚLTIMAS

Rexístrase un tremor de magnitude 3,1 a 200 quilómetros da costa da provincia da Coruña

Un tremor de magnitude 3,1 con epicentro no océano Atlántico, situado a preto de...

O Goberno aproba investimentos no porto da Coruña

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través do Consello Reitor de Portos...

Falece a balea varada en Sabón

Unha balea duns cinco ou seis metros que quedou varada este luns na praia...

Martín Romero: ”O fanzine a día de hoxe permite atopar propostas que diverxen moito do mercado editorial”

Martín Romero vén de gañar o III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here