Máis de 15.000 encheron este sábado a Mariña na XII edición da Carreira Enki. Unha cifra que bate as marcas desta carreira inclusiva, que serve de auténtica festa das familias.
Esta edición contou coa participación de 29 entidades sociais de Galicia e preto de 1.000 persoas pertencentes a colectivos de persoas con diversidade funcional. E elas serán moitas das beneficiadas do material deportivo adaptado que formará parte do banco de préstamo gratuíto de ENKI, e das actividades de ocio e deporte que realizarán, gracias aos 106.230 euros recadados no evento, unha cantidade sen precedentes na historia deste evento.
Entre as persoas participantes a esta festa adaptada, tamén destacou a presenza de 3.216 corredores procedentes de 36 colexios de toda a provincia da Coruña. Todo, organizado coa colaboración de 215 voluntarios e voluntarias que fixeron posible que, máis alá dalgún retraso, todo saíse estupendamente.
Os Premios ENKI 2025, unha homenaxe á diversión
Unha vez terminadas a carreira de obstáculos, deu comezo a entrega dos Premios ENKI 2025. Entre os galardoados do público xeral, CRAT Sharks recibiu o premio ao disfrace máis orixinal, Mansións foron recoñecidos como o equipo máis animado e Antoncinchi foron o máis numeroso.
No ámbito escolar, o colexio co disfrace máis orixinal foi Calasancias co seu disfrace de ovo frito, mentres que o premio ao colexio máis divertido e animado foi para Franciscanas e o máis numeroso para Jesuitinas.

Entre os premios, incluíronse roteiros fluviais para dúas entidades: Centro de Atención a Persoas con Discapacidade e Aspronaga; e actividades de iniciación ao pádel surf, entregados a GRUMICO, ONCE e a Asociación A nosa Señora de Chamorro.
Tamén se incluíron roteiros de sendeirismo e orientación para catro entidades: ASPERGA, Asociación Aspanaes, Liga Reumatolóxica e ASPADISOL; e pases para participar en actividades de plogging e creatividade, que se entregaron á Fundación Adcai, a Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA), FEGEREC e a Asociación Síndrome de Down.
Doutra banda, premiaron a SOMOS MARINES con doce prazas para o Campamento de verán inclusivo de ENKI, e á Asociación Síndrome Williams Galicia (ASWG) con dez prazas
para unha fin de semana de aventura na neve.
E, finalmente, Un Paso Máis foi premiada cun voo en paramente e Dano Cerebral A Coruña
cunha experiencia de 3 días no Camiño de Santiago.