InicioBARRIOSO comercio local revive por “Samaween”. Guía do truco-trato polos barrios da...

O comercio local revive por “Samaween”. Guía do truco-trato polos barrios da cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este venres é 31 de outubro, noite de Samaín, Halloween ou mesmo “Samaween”, como xa lle chaman nalgún barrio da cidade. Día declarado non lectivo pero si laborable (como o luns 3 de novembro) polo que as familias terán que lidiar coa conciliación.

Pero con todo, o máis divertido será ver as rúas cheas de bandas de cativos arrasando os establecimentos en busca de chuches, nunha fermosa noite de convivencia na que o comercio local recupera a súa verdadeira importancia nunha sociedade sana.

En samaincoruna.gal tendes moita información sobre as actividades, incluídas os mapas dos Pasarrúas coas tendas adheridas.

Festas e truco trato polos barrios

Son moitos os barros que arman o seu Samaín:

Varias citas por Monte Alto

A rúa da Torre e a Rúa Hércules teñen as súas rutas separadas este ano:

O Castrillón

A. VV. Castrillón-Urbanización Soto “IAR” xunto con outras entidades do barrio como Centro Cívico do Castrillón, EIM “Carricanta”, CEIP “Fernández Latorre” e EI “Galiña Azul” lanzan o “Desfile do Samaín”.
O acto terá lugar o xoves 30 de outubro de 2025 a partir das 19,00 horas cos seguintes percorridos:

  • Cortexo 1 ás 19,00 horas: saída da EIM “Carricanta”, José Ma Hernansáez, Villa de Ordenes, Avda. Casanova de Eirís ata diante do Complexo Deportivo do Castrillón.
  • Cortexo 2 ás 19,00 horas: saída da Escola Infantil “Galiña Azul”, Javier López López, Avda. Casanova de Eirís ata diante do Complexo Deportivo do Castrillón.
  • Unión dos dous Cortexos: unión dos participantes nos dous primeiros percorridos e prosegue o desfile por Avda. Casanova de Eirís, Avda. da Concordia ata a porta de saída do CEIP “Fernández Latorre” pola Avda. da Concordia.
  • Cortexo final ás 19,30 horas: Os participantes do CEIP “Fernández Latorre” súmanse ao Cortexo e todos xuntos proseguen pola Avda. da Concordia, Rúa Antonio Noite López
    e entrada na Praza Pablo Iglesias polo acceso da Rúa Antonio Noite López.

Ao final na Praza Pablo Iglesias terá lugar unha actuación musical e animación a cargo do Dj By Kokee. (En caso de choiva os actos trasladaranse á pista polideportiva cuberta do CEIP “Juan Fernández Latorre”).

Os Rosales

 

View this post on Instagram

 

A post shared by AVC Los Rosales (@avclosrosales)

Centro

Os Mallos

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Distrito Mallos (@distritomallos)

Samaween en Monte Martelo

En Labañou

Festa na Gomes Gaioso

A banda tradi herculina ten parada no Centro Social Gomes Gaioso:

 

View this post on Instagram

 

A post shared by CS Gomes Gaioso (@csgomesgaioso)

Festas e Obradoiros nos Centros Cívicos

Ademais, o O Concello da Coruña activa a programación especial de Samaín na rede municipal de centros cívicos: un total de 13 festas infantís e 9 obradoiros para cativada de 4 a 12 anos.

As festas terán lugar nos centros cívicos do Castrillón, Mesoiro, Rosais, Elviña, Palavea, Cidade Vella, San Diego, Monelos, Monte Alto, Eirís, Mallos, Birloque e Novoboandanza.
No caso dos obradoiros —tamén para idades de 4 a 12 anos—, desenvolveranse nos centros cívicos de Pescadores, Santa Margarida, Artesáns, San Pedro de Visma, Sagrada Familia, A Silva, Castro de Elviña, Santa Lucía e Feáns.

O Samaín do ano pasado:

A Santa Compaña de Nina Sardina, primeiro premio no concurso de escaparates de Samaín

Monte Alto botouse á rúa por Samaín

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here