InicioMOV. SOCIAISA Comunidade Saharauí en Galicia concéntrase hoxe na Coruña conta o Plan...

A Comunidade Saharauí en Galicia concéntrase hoxe na Coruña conta o Plan de Autonomía de Trump

Publicada o

Por A Comunidade Saharauí en Galicia concéntrase hoxe na Coruña conta o Plan de Autonomía de Trump

Esta tarde de xoves 30 de outubro, ás 19.30h, a Comunidade Saharauí en Galicia realizará unha concentración fronte á Subdelegación do Goberno. A comunidade rexeitamento ao Plan de Autonomía para o Sahara Occidental que, impulsado por Trump, examinará mañá o Consello de Seguridade da ONU. De aprobarse consolidaríase aínda máis a ocupación marroquí e avanzaríase nunha imposición que é contraria ao dereito internacional.

A cita, apoiada pola Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio e a ONG Aire, serve para pedirlle a España que apoie as súas reivindicacións, ser xuíces do seu propio destino, o cumprimento das resolucións da ONU que recoñecen os seus dereitos e a convocatoria dun referendum en condicións de liberdade que lles permita decidir o seu futuro.

Lembran que “o pobo saharauí é o único propietario lexítimo do Sahara Occidental, tal e como recoñeceron tanto a ONU como a Corte Penal Internacional e a Unión Africana. Este plan afastaría aínda máis de recuperar a súa terra aos miles de refuxiados e exiliados que desde hai décadas esperan que o Dereito internacional se impoña. Os saharauís seguen esperando que España asuma a súa responsabilidade legal co seu pobo e deixe de dobrar fronte aos intereses de Marrocos”.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here