InicioMOV. SOCIAISO Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo...

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo de dignidade dentro da cidade”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Facíamos unha completa reportaxe a comezos de semana sobre o traballo na rúa do Equipo Municipal de Inclusión Social (EMIS) coas persoas sen fogar. Un exercicio didáctico para dar conta do importante esforzo social municipal no que veñen sendo os cimentos dunha sociedade sana.

Completamos hoxe o repaso a eses recursos que fan da cidade un referente en materia de inclusión social no noroeste estatal, falando do Centro de Baixa Esixencia, situado na renovada planta baixa do antigo edificio de Padre Rubinos, en Labañou. Unha residencia temporal para persoas sen fogar que cumple o seu primeiro ano de vida cunhas experiencias moi significativas.

Cómpre sinalar primeiro que este Centro coordínase co albergue de Padre Rubinos e co CHUAC, poñendo tamén en valor o papel da marabillosa Cociña Económica, do SEMUS (o servizo nocturno de atención en rúa coordinado pola Cruz Vermella), dos comedores Sociais do Centro Cívico Monte Alto e Centro Cívico Noboadanza (Agra do Orzán), así como outros recursos que ofrece a cidade como os puntos de calor-café Acouga de ACCEM ou o Sísifo da Fundación Érguete-Integración. Todos traballan en rede protexendo aos máis vulnerables, aqueles que non teñen teito sobre o que acubillarse.

Un espazo de dignidade

”Trátase de dignificar o espazo sen agochalo fóra da cidade”, refírese a directora do EMIS, en relación á calidade e confort do Centro, o único na cidade no que as persoas sen fogar poden chegar cos seus animais de compañía. Nel traballan seis auxiliares, unha integradora social, dúas limpadoras, tres vixilantes e a coordinadora, acompañadas do persoal municipal do EMIS que está continuamente presente.

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou está aberto polas noites, de 20:00h a 12:00h. Pódense ver moitas tardes pequenas colas formadas no muro da entrada que dá ao paseo, na rúa Víctor Fernández. Por orde de chegada van tomando posesión das súas camas 21 homes e 9 mulleres cada noite.

Certo que o equipo EMIS reserva algunha praza para persoas especialmente vulnerables. Ás veces chegan despois de ser identificadas polo equipo de traballo na rúa ratando de xerar un itinerario personalizado que vaia na dirección da reinserción.

Praza interior do Centro de Baixa Esixencia da Coruna
A praciña interior do CBE dá moito xogo para as persoas usuarias

Un refuxio, sobre todo, para mulleres vulnerables

Hai dous factores que fan do Centro de Baixa Esixencia un espazo acolledor e seguro para as mulleres vulnerables. A propia dimensión (30 prazas nun local con diferentes estancias, unha praciña interior, un comedor amplo…) permite que as persoas non se sintan amoreadas. Porque é verdade que noutros centros, noutros comedores máis ateigados é moi complicado conseguir ese espazo de seguridade necesario.
Pero ademais a confianza, o sentirse escoitadas e atendidas, ese calor humano que ofrece o pesoal fai que, sobre todo, o centro sexa un verdadeiro éxito en materia de protección.

”Notamos que as mulleres que están na rúa, verdadeiramente as máis vulnerables de toda a cadea social, aquí se senten seguras”, afirma orgullosa Leal, que fala de varias mulleres concretas, cos seus nomes, que conseguiron refacer a súa vida ordinariamente tralo seu paso por aquí.

A día de hoxe son 9 as mulleres que durmen habitualmente no centro, e se ben houbo xornadas con 13, pero polo de agora non hai lista de espera. Así e todo, aquí sempre terán un refuxio.

Máis novas

Os Servizos Sociais da Coruña para as persoas sen fogar, un mar de segundas oportunidades

 

ÚLTIMAS

Máis de cen taxis percorren a Coruña para denunciar o “intrusismo” dos VTC

O sector do taxi mobilizouse este xoves, día 13, na Coruña para denunciar a...

A Deputación da Coruña recibe o premio Menina 2025 polo seu compromiso na loita contra a violencia machista

A Delegación do Goberno en Galicia outorgou á Deputación da Coruña o recoñecemento Menina...

A Casa Museo Casares Quiroga afondou sobre o exilio de Castelao

Arrincou o Ciclo de conferencias “Castelao e o seu tempo”. A Casa Museo Casares...

Fotoxornalistas coruñeses protagonizan unha exposición solidaria na Parva de San Agustín

No marco do festival de fotografía FFoco, os fotoxornalistas coruñeses ofrecen unha exposición na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here