InicioA CORUÑAO TSXG obriga á Xunta declarar de utilidade pública unha asociación LGBTIQ+...

O TSXG obriga á Xunta declarar de utilidade pública unha asociación LGBTIQ+ da Coruña

Publicada o

Por monchomarino

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga á Xunta de Galicia a outorgar a declaración de utilidade pública á asociación Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS) tras anular a resolución pola que lla denegaba.

Así consta no fallo emitido polos maxistrados, que admite o recurso interposto pola asociación e recoñece que cumpre os requisitos, como servir de interese xeral e dar beneficio a terceiros. A pesar de que cabe interpor recurso contra esta sentenza, esta admite o “dereito” de ALAS a devandita declaración, considerada como unha medida de fomento ao xerar beneficios fiscais.

A asociación traballa desde o ámbito local polos dereitos do colectivo LGTBI+ a través do impulso de diferentes actividades e programas, como o Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, que ten como obxectivo rexistrar este tipo de violencia na cidade e a súa comarca. Ademais, cabe lembrar que exerceu como acusación popular no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz.

Pola súa banda, segundo recolle a sentenza, a Xunta apoiouse, para denegar a declaración, nun informe desfavorable da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e alegou que este era “vinculante”. Este informe sostiña que a entidade non acreditaba o beneficio social derivado das súas actividades nin facía constar que estas tivesen un “impacto real” na sociedade no seu conxunto.

Con todo, os maxistrados consideran que o informe da AEAT é “incapaz” de servir como “motivación suficiente” á resolución definitiva do expediente e considera que é “incongruente” nas súas conclusións ao incluír datos que recoñece “como certos”.

Desta forma, o fallo recolle que o mesmo informe si recoñece que ALAS xera un espazo de encontro entre activistas e sociedade civil; ofrece formación en educación e diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar, e encárgase da creación de espazos de lecer seguros.

“O descoñecemento deses feitos que revela o contido do informe da AEAT confirma cun alto nivel de probabilidade que se emitiu sen comprobar a realidade da actividade da asociación, de costas a esa realidade e cun automatismo que ocasionaría, sen dúbida, unha decisión arbitraria”, explica a sentenza.

Estes son motivos suficientes para os maxistrados para afirmar que as actividades impulsadas por ALAS “responden a un interese xeral” e permiten un “acceso aberto” a usuarios potenciais que non teñen por que coincidir cos asociados de ALAS.

Máis novas sobre ALAS

ALAS A Coruña recibiu o II Premio Tomás Fábregas polo seu compromiso na loita contra a LGTBIfobia

A asociación LGTBI+ Alas Coruña recibiu o premio Pedro Zerolo

O Corufest 2025 entrega o recoñecemento Samuel Luiz ao colectivo LGTBIQ+ Alas Coruña

Alas Coruña entre as galardoadas dos Premios Triángulo 2025

 

 

 

ÚLTIMAS

Novo paso adiante do contrato de Nostián coas dúbidas da oposición

Anunciou onte o goberno local a aprobación na Xunt de Goberno do seguinte paso...

Topónimos en voo rasante: a comedia aérea de Galicia

Nesta húmida esquina do mundo chamada Galicia, onde a néboa non só alaga os...

A Xunta reforza o Bono Remuda cun incremento do 20 % para garantir o relevo xeracional

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na apertura do...

UGT e CC.OO. celebrarán na Coruña o 1 de maio “pola saúde laboral” e “pola paz”

UGT e CC.OO. advertiron ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que “en tres...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here