InicioA CORUÑAXa abríu as portas o Mercado de Monte Alto

Xa abríu as portas o Mercado de Monte Alto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Chegou o día. Despois de case 3 anos de exilio na potente carpa provisional instalada na Praza de Indalecio Prieto, o novo Mercado de Monte Alto abriu as portas neste mércores 10 de decembro. 9 postos (que poderían chegar a ser 22 cando saia “nas vindeirqas semanas” a nova licitación dos postos que aínda están baleiros) xa teñen os seus produtos ao servizo dos usuarios do barrio, con referentes como Froitas Boedo e Maroño ou Marc del Norte.

Foron 3 anos de obras dun espazo de 15.000 metros cadrados, xa que ademais incluiu a humanización da rúa Joaquín González, que baixa dende a Avenida Hércules ata Ángel Rebollo e que queda peonil. Unhas obras que supuxeron un investimento de 10 millóns de euros (cofinanciado con fondos eurpeos PIREP), e que remataron cun ano de retraso, se ben o Concello leva poñendo esta data de apertura dende hai ano e medio.

apg_20251210_ALCALDESA_INAUGURACION_MERCADO_MUNICIPAL_MONTE_ALTO (1)
A rexedora Inés Rey con Iván, de Frutas Boedo e Maroño

Queda pendente abrir ao público a praza superior, a apertura do aparcamento e do Gadis, dos elevadores (pendente dos últimos remates), o espazo polivalente para uso veciñal onda a rúa Forcarei, así como da Escola Infantil de Monte Alto, situado na esquina da rúa Cuento e Avda. Hércules, que esperará para realizar a mudanza ata o curso que vén.

Con todo, hai satisfacción entre os praceiros que volven a un espazo moito máis cercano á súa clientela de toda a vida.

A xornada de inaguración acolleu a visita dunha completa comitiva municipal, e que rematou cun ágape e a actuación da Coral.

Ademais, tamén se aproveitaron os traballos na contorna do mercado para habilitar unha nova base de BiciCoruña a poucos metros do edificio.

Máis novas

Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña

Así será a pista multideporte de Monte Alto

O Plan de Barrios pasa revista ao estado de Monte Alto

Así será o novo Mercado de Monte Alto, cuias obras rematarán a finais de 2025

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo, prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

Inés Rey pide “coordinación” para impulsar con municipios da contorna a prestación de servizos

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou á "coordinación e unión entre administracións" para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here