InicioCULTURAO goberno local delega no concelleiro Gonzalo Castro a presidencia da Fundación...

O goberno local delega no concelleiro Gonzalo Castro a presidencia da Fundación Luís Seoane

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Segue o goberno local menosprezando a Fundación Luís Seoane, no marco dos complicados temos que vive esta simbólica entidade para o tecido cultural herculino. Trala marcha atrás ao polémico concurso da directora substituta, o goberno local aprobaba a convocatoria dun novo concurso pero no marco dun padroado de mínimos, sen a presenza da alcaldesa e presidenta do propio Padroado.

Hoxe, mércores 17 de decembro, a Xunta de Goberno Local, e fóra da orde do día aprobaba a delegación da presidencia da FLS no concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Unha decisión que preocupa ao BNG, que vén de calificala como “o abandono da presidencia por parte da alcaldesa”. O grupo municipal do BNG lamenta “o seuescaso compromiso persoal” por parte da alcaldesa “cunha institución central do tecido cultural da nosa cidade”.

Mercedes Queixas insta a alcaldesa a que “reconsidere a decisión de abandonar a presidencia e a que, no cadro da política cultural do Concello, lle outorgue a importancia que merece á Fundación Luís Seoane, depositaria do legado do xenial artista coruñés, unha institución que ten todo o potencial para ser o grande centro de arte contemporánea que precisa a cidade e que nestes momentos nin sequera cumpre a función de pór en valor, de mostrar ao público, a excelsa obra de Seoane”.

Máis novas

Un Padroado de mínimos aproba convocar un novo concurso para a dirección da Fundación Luís Seoane

O goberno socialista recoñece a prevalencia dos festivais privados sobre o Noroeste: “Quen queira ver grupos de nivel, que pase por taquilla”

 

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

 

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here