InicioDEPORTESO PP pregunta de novo pola esperada comisión do Mundial 2030

O PP pregunta de novo pola esperada comisión do Mundial 2030

Publicada o

Por O PP pregunta de novo pola esperada comisión do Mundial 2030

A pantasma da verdade sobre o Mundial 2030 segue flotando sobre María Pita. Despois de un ano de absoluto silencio, nalgún momento deste ano o grupo de goberno terá que dar explicacións sobre a posición na que se atopa A Coruña con respecto á cita deportiva máis importante do planeta.

Quen se vai ocupar de lembrarllo é o PP, que quere facer sangue da falta de concreción e da máis que posible perda dunha oportunidade histórica. O grupo de Miguel Lorenzo volve preguntar preguntar por esa Comisión Especial sobre o Mundial 2030 aprobada por unanimidade no pleno de decembro.

“A convocatoria é necesaria xa que en 2025 incluíron unha partida con 1,5 millóns de euros, con previsión de 2M máis en 2026, para redacción proxecto transformación urbana de “Riazor. Reforma estadio e perímetro urbano”, pero a partida para o proxecto desapareceu nos Orzamentos de 2026”, sinala Lorenzo

“Sen proxecto non hai obra e sen obra non hai Mundial a pesar de que a Alcaldesa considera o proxecto como estratéxico para a cidade” , afirma

Lorenzo lembra que o discurso de Nadal de 2024 da alcaldesa estivo centrado na importancia da elección como sede, con referencias permanentes, pero no de 2025 non fixo nin unha alusión. “Desapareceu do discurso e dos orzamentos. É o momento de ser valentes e contar a verdade aos coruñeses”

Máis novas

Lage Tuñas aproveitou as preguntas de PP e BNG sobre o Mundial 2030 para acusalos de “non remar na mesma dirección”

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here