InicioSOCIEDADE"Non gritar, non beber, non mexar": A Coruña lanza unha campaña para...

“Non gritar, non beber, non mexar”: A Coruña lanza unha campaña para meter en cintura o incivismo no lecer nocturno

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña, en colaboración cos hostaleiros e a federación de veciños, porá en marcha a próxima semana unha campaña para promover os bos hábitos no lecer nocturno. “Non gritar, non beber, non mexar“, resumiu de forma directa a rexedora herculina, Inés Rey, en relación a esta iniciativa que busca compatibilizar o lecer nocturno coa tranquilidade dos veciños e veciñas da cidade. A alcaldesa incidiu na importancia de non facer ruído na rúa nin sacar bebidas fóra dos locais, sumando a iso a necesidade de que non se mexe nas vías públicas ou nos portais, ao citar algunhas cuestións.

Sobre o obxectivo desta acción, que comezará a vindeira semana con material informativo como carteis, adhesivos, posavasos ou vinilos, entre outros, busca “concienciar”. “Non podemos deixar de controlar e sancionar cando haxa incumprimentos”, sinalou, no entanto, a rexedora. Aínda así, remarcou que coa campaña preténdese concienciar para “convivir” e que se sintan “cómodos hostaleiros, clientes e veciños”. “É unha campaña a pé de rúa”, sentenciou tamén para expor que logo farán outra máis grande con cubos nas principais zonas de lecer.

A meta é que, ao chegar ao Entroido, a cidadanía estea xa debidamente concienciada sobre o que se pode facer e o que non no espazo público. Nesta mesma liña manifestouse Héctor Cañete, presidente da Asociación de Hostaleiros da Coruña, quen insistiu en que a campaña vai dirixida especificamente aos clientes con “conduta incívica”, unha postura compartida por Luisa Varela, presidenta da Federación de Veciños.

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo, prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

Inés Rey pide “coordinación” para impulsar con municipios da contorna a prestación de servizos

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou á "coordinación e unión entre administracións" para...