InicioA CORUÑAO Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade...

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tivo lugar, finalmente onte, xoves 5 de febreiro, tras varios atrasos, a importante reunión do profesorado dos cursos do Programa de Lecer do Ágora e do Fórum con representantes do IMCE e do Concello da Coruña.

A cita serviu para explicarlle aos docentes a súa situación así como a dos cursos, que deberían estar en marcha, despois da concentración realizada esta semana apoiada ademais por medio millar dos máis de 3.000 usuarios afectados.

A situación é que a día de hoxe o Concello depende de Serviplús, a empresa á que xa lle foi rescatada a concesión das Escolas Deportivas Municipais, que acumula numerosas débedas cos traballadores e que non está poñendo en marcha os cursos de primavera.

Representantes do Concello explicaron “o concello está a reter os pagamentos á empresa para garantir que se chegue diñeiro a quen ten que chegar, que é aos traballadores”. Existe a posibilidade de que o Concello pague directamente aos traballadores esa débeda acumulada, pero para iso é obrigatorio que a empresa dea o seu consentimento. Con ese consentimento podería resolverse no curto prazo. De non ser así, verémonos abocados á vía xudicial, moito máis lenta, para poder aboar esa débeda”, explican.

Os formadores teñen que enviar un correo a IMCE indicando as débedas exactas que teñen con Serviplús, e agardar que esta acepte renunciar ao contrato, e con el ás débedas. “Se a compañía acepta, podería renovarse a prestación en cuestión de días”, aseguran fontes municipais.
“Estamos a traballar para garantir ao persoal o traballo futuro e o cobro das débedas tanto de empregados como de autónomos. Facémolo con todos os instrumentos xurídicos na nosa man e, por suposto, retendo os pagamentos á empresa porque por esa vía non estaría garantido o abono aos empregados. Pero como Administración temos que seguir uns pasos xurídicos taxados. Entendemos perfectamente o problema e os traballadores teñen toda a nosa comprensión, apoio e dedicación”, aseguran.

As mesmas fontes presentaron á empresa que se formula como posible candidata a asumir a xestión do programa ata setembro, cando entraría a nova licitación, que neste caso é Atlantic Ponte, unha consultora santiaguesa.

Por que as Escolas Deportivas Municipais si e o Programa de Lecer non?

Os docentes pregúntanse por que foi tan doado o “rescate” dos monitores das Escolas Deportivas Municipais e agora o Concello ten que depender a mesma empresa, que ademais non cumpliu cos pliegos, para realizar o mesmo co Programa de Lecer.

Fontes municipais consideran que “primeiro, non existe ningún rescate ás EDM”, porque segundo sinalan “os traballadores das escolas deportivas son traballadores dun servizo do concello, polo que o concello pode usar un medio propio, EMVSA, para asumir temporalmente ese servizo, que ademais tiña finalizado o contrato”.

É certo que no caso do programa de Lecer o contrato está en vigor, e ademais neste caso “é un servizo do IMCE, non directamente do Concello, por iso xuridicamente non serve o mesmo sistema porque legalmente non es posible”.

Máis novas do caso

Docentes e usuarios defenden o Programa de Lecer nunha reivindicativa ”aula aberta” en María Pita

 

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

O Concello rescata as Escolas Deportivas Municipais

ÚLTIMAS

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...

O luns comeza a construción da duna de Riazor para protexer o Paseo Marítimo dos temporais

Como cada outubro, Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, día 26, os traballos...

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here