InicioA CORUÑAO PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para...

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa pasou máis dun mes dende a constitución da Comisión Especial sobre o Mundial 2030. Pero segue sen haber novidades. Así o recorda o PP, que reclama a entrega da documentación administrativa sobre a sede do Mundial e a convocatoria da Comisión Especial, ambas pactadas para febreiro.

Porén, a día de hoxe, polo menos o Grupo Popular non recibiu nin un papel, e tampouco houbo convocatoria da reunión no mes de febreiro, a pesar de telo acordado o pasado 30 de xaneiro.

Apura o PP ao goberno local ante a anunciada da FIFA para o día 18 de marzo co fin de coñecer os avances para cumprir cos requisitos esixidos. “É un tema que preocupa moito aos coruñeses, hai moita expectación, pero nada se nos di ou se nos explica sobre as negociacións que pode haber en marcha”, critican dende a oposición.

 

Máis novas

Poucas novidades na constitución da Comisión Especial do Mundial 2030

Lage Tuñas aproveitou as preguntas de PP e BNG sobre o Mundial 2030 para acusalos de “non remar na mesma dirección”

A oposición pedirá no pleno transparencia arredor do Mundial 2030

Inés Rey asegura que a cidade non periga “en absoluto” como sede do Mundial 2030

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here