InicioPOLÍTICAAvia Veira: "O Goberno local está centrado en grandes titulares, en grandes...

Avia Veira: “O Goberno local está centrado en grandes titulares, en grandes eventos, pero non ten política”

Publicada o

Por editor
A canle de Youtube do BNG da Coruña estreou este martes a segunda entrega da súa sección “Un café con…”, desta volta protagonizada pola concelleira nacionalista Avia Veira, responsábel no grupo municipal de materias como Mobilidade, Urbanismo, Vivenda, Cultura e Política Social.
“A Coruña ten un enorme potencial, mais este Goberno Local é incapaz de lle dar o impulso que a cidade necesita”, afirma a concelleira nacionalista nesta conversa. “É un Goberno Local centrado en grandes titulares, en grandes eventos”, pero que logo falla “na política máis elemental da cidade”.“Non hai proxecto nin cultural, nin urbanístico, nin de mobilidade nin de vivenda”, engade.

Avia Veira apunta xa as inminentes eleccións municipais de 28 de maio e fai unha chamada á cidadanía coruñesa para que apoie ao BNG. “Temos claros cales son os problemas da Coruña, mais tamén cales son as solucións”, destaca na entrevista.
Entre as grandes prioridades do seu grupo está o da mobilidade, urbanismo, vivenda e asuntos sociais. Tamén aposta por impulsar un maior tecido cultural.

ÚLTIMAS

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here