InicioCULTURAO BNG considera que a Fundación Luís Seoane está “no peor momento...

O BNG considera que a Fundación Luís Seoane está “no peor momento da súa historia”

Publicada o

Por Redacción

Xa vai para 6 meses dende que un Padroado de mínimos acordara a convocatoria dun novo concurso público para a escolla da persoa que iría ocupar a praza de dirección substituta da Fundación Luís Seoane. E seguimos sen ter novidades sobre o novo procedemento de contratación para dirixir o centro de arte contemporáneo máis importante da cidade

Hoxe é o BNG o que pregunta pola súa situación, que considera “no peor momento da súa historia”. Así o sinala a concelleira do BNG Mercedes Queixas, que culpa “a xestión do Goberno de Inés Rey”, e que levará o asunto ao pleno deste xoves en forma dunha pregunta oral que reza así: “Por que o Goberno Local ten paralizada a Fundación Luís Seoane?”, preguntará.

 

“Sete anos de Inés Rey deixan a Fundación Luís Seoane cunha dirección provisional, despois de se ter anulado un concurso previo inzado de irregularidades e cunha ausencia total de proxecto museístico para divulgar o impresionante legado de Luís Seoane”, afirma Queixas, quen á vez denuncia que o Padroado leva sen ser convocado desde o ano pasado.

Isto significa que non se teñen aprobado as contas de 2025, nin tampouco a programación de actividades e o orzamento de 2026.
A concelleira nacionalista critica ademais que Inés Rey renunciou á presidencia da Fundación Luís Seoane, delegándoa no concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, un feito do que o Padroado non ten constancia oficial.
“O legado de Luís Seoane e a vontade de Maruxa Seoane non están a ser respectados polo Goberno de Inés Rey. Por iso volvemos levar o asunto ao Pleno, a preguntarlle ao goberno Local por que ten abandonado un dos tesouros culturais da nosa cidade”, conclúe.

A cronoloxía

5 meses sen novidades sobre o novo procedemento de contratación da dirección na Fundación Luís Seoane

Máis novas

 

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here