InicioDEPORTESDous detidos por estafar a Lucas Pérez con billetes falsos

Dous detidos por estafar a Lucas Pérez con billetes falsos

Publicada o

Por Galicia Confidencial

Axentes da Policía Nacional detiveron en Madrid dous individuos e identificaron varias persoas máis pola súa presumible relación cun delito de estafa ao futbolista galego Lucas Pérez, actualmente no Cádiz CF, ao intentar pagar distintos obxectos e un coche de luxo valorados en 340.000 euros con billetes falsos. A investigación iniciouse o pasado mes de febreiro, cando o dianteiro galego denunciou ser vítima dunha estafa tras tentar vender roupa, xoias e reloxos, así como un coche de alta gama.

En concreto, tratábase de catro reloxos de luxo, tres aneis de ouro e diamantes e nove prendas de vestir, segundo adiantou o xornal Marca. O futbolista puxera á venda estes obxectos por un valor total de 340.000 euros: 160.000 euros pola roupa, as xoias e os reloxos, e 180.000 euros polo coche de luxo. As persoas agora investigadas contactaron con el mostrando interese en facerse con estes bens.

Vendedor e compradores chegaron a citarse en dúas ocasións: unha primeira para ver o material e unha segunda para pechar o pago. Nesta última cita, os presuntos estafadores entregaron ao dianteiro unha bolsa con diñeiro, aínda que a maior parte dos billetes eran falsos. Unha vez na súa vivenda, Lucas Pérez comprobou que só unha mínima parte do diñeiro entregado correspondía a billetes de curso legal, mentres que a práctica totalidade era diñeiro falsificado.

Tras as pescudas realizadas pola Policía Nacional, os axentes puideron identificar os presuntos estafadores. Finalmente, dous homes de 29 anos, un de nacionalidade francesa e outro de orixe belga, foron arrestados o pasado 11 de marzo nun hotel da capital, mentres que outras persoas foron tamén identificadas.

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...

O Grao en Cinematografía e o máster en Atención Temperá, oferta da UDC para o curso 2028 e 2029

O Consello de Goberno extraordinario da Universidade da Coruña (UDC) aprobou as declaracións de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here