InicioBARRIOSArrinca a FoliAgra, a gran festa tradicional do barrio da Agra do...

Arrinca a FoliAgra, a gran festa tradicional do barrio da Agra do Orzán

Publicada o

Por Redacción

Ao longo do mes de xuño, a gran festa do barrio da Agra do Orzán, dará conta da pegada da música tradicional na cidade. Do 4 ao 28 hai unha marea de actividades, que comezam hoxe mesmo, xoves 4 de xuño no Galgo Azul, coa inauguración da FoliAgra das letras e andaina polo barrio para público adulto, con lecturas de poesía galega e peche, na libraría Galgo Azul, con viños e petiscos do país. Actividade de balde, con entrada previa en https://entradium.com/gl/organizers/galgo-azul-espazo-cultura

Para este sábado 6 de xuño, xa comezarán a soar as gaitas na Ruada de Herba Grileira dende a Praza das Cunchiñas ás 11:30 h

Pola tarde, haberá Concerto da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia no auditorio do Centro Ágora ás 18 h. Como todas as actividades de “Agra no Ágora” este concerto é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra, que integra a programación de xuño na FoliAgra.

E pola noitiña, Cantos de taberna das 19:30 h ás 22:30 h catro grupos (Cantareiros do Naval; Parabéns; Tradivivas Agra; Vento Mareiro) actuarán en varios locais do barrio (Bar O Chipirón; Bar Órdenes; Bar Vecino; cafetaría Bendito Café)

O domingo 7 de xuño péchase a primeira fin de semana de troula coa Ruada de Folliñas de Oleiros, dende a Praza das Cunchiñas ás 11:30 h

FoliAgra2026 base - 1

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here