Un lume iniciado na caseta dos falcóns do Aeroporto da Coruña este sábado foi extinguido polos medios do aeródromo. Ningún animal faleceu polo incendio. Tal e como informou o 112 Galicia, ao redor das 11.30 horas recibiron un aviso por parte dun particular e do persoal do aeroporto. Con todo, estes mesmo indicaban que era suficiente cos seus propios medios.
O lume afectou á caseta dos falcóns, pero ningún animal sufriu danos. Tampouco houbo persoas feridas no incendio. Con todo, o 112 indicou que o centro de coordinación do aeroporto confirmoulles que o incendio está xa extinto e que bastaron os medios propios para facerlle fronte.

