InicioA CORUÑAA Xustiza dá a razón ao Concello sobre o Cárcere Vello

A Xustiza dá a razón ao Concello sobre o Cárcere Vello

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Boas novas para a cidade da Coruña. A Audiencia Provincial vén de anular o convenio asinado en 2005, confirmando a sentenza de novembro de 2024, desestimando o recurso presentado polo goberno central.

Falamos de terrenos cedidos gratuitamente en 1925 polo Concello e que o devandito convenio fixaba o pago de 1,12 millóns de euros ao Ministerio do Interior, do que depende Institucións Penitenciarias, ao tempo que cedía unha parcela anexa de 9000 metros cadrados para a construcción do Centro de Inserción Social (CIS), unha vez que os reclusos foran trasladados, nos anos 90, ao novo cárcere de Teixeiro.

O Concello negouse a asumir a titularidade da parcela do CIS, o Estado a través da Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios SA (SIEPSA) recurría pedindo unha indemnización de máis de 14 millóns de euros, e agora a Audiencia Provincial dalle a razón ao Concello, sinalando que a invalidez desa permita por ser “bens de dominio público inalienables”, obrigando ao estado a asumir os gastos de conservación, vixilancia… dun edificio que aínda non foi declarado Ben de Interese Cultural, e eximindo ao concello de facer unha indemnización millonaria á administración estatal.

Primeiras reaccións

O grupo municipal do BNG celebra o fallo da Audiencia Provincial sobre o antigo cárcere ao confirmar que, tal e como sempre defendeu a formación nacionalista, “o convenio asinado no seu día entre o Concello e o Estado é nulo e ao establecer que a restauración do inmóbel, en estado ruinoso, ten que correr a cargo do Estado”. “Cómpre lembrar que un Pleno extraordinario realizado en decembro de 2022 rexeitou o acordo extraxudicial negociado polo Goberno Local co Estado. Nesa sesión plenaria, o BNG naturalmente votou en contra dese acordo por implicar un desembolso económico para o Concello”, afirma a nosa portavoz no Concello Avia Veira.

A sentenza pode ser recurrida ante o Tribunal Supremo.

Última “apertura”

A última vez que puidemos entrar no Cárcere Vello foi en xullo de 2013, cando dúas persoas entreban e ocupaban o espazo cunha clara mensaxe de protesta para esixir a súa rehabilitación.

Este era o seu estado:

Máis novas

Esixen o comezo das negociacións co Goberno Central para rescatar o Cárcere Vello do absoluto abandono

“O fallo sobre o Cárcere Vello esixe o compromiso para a devolución gratuita”

Abren as portas do Cárcere Vello

Nova campaña para recuperar e revertir ao patrimonio da Coruña o vello cárcere provincial

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here