Xa preguntou o PP a semana pasada pola intención do grupo de goberno de “trasladar a edificabilidade” reducida para a parcela das Percebeiras a outra zona da cidade.
Hoxe é o BNG o que puxo sobre a mesa a súa postura sobre esta posibilidade aberta dende o grupo socialistas. A portavoz do BNG no Concello e candidata nacionalista á Alcaldía, Avia Veira deixou claro que “O BNG non vai votar a favor de ningún traslado de edificabilidade das Percebeiras aos Rosais” [en concreto, a soares de propiedade municipal].
A xuízo do BNG, “o solo público”, de titularidade do Concello, “non está para resolver os problemas de Metrovacesa”.
“A veciñanza dos Rosais”, engadiu, “non quere asumir os edificios que a Metrovacesa non lle collen nas Percebeiras. Pois ben, a veciñanza dos Rosais, que falou moi clariño na asemblea que realizou a semana pasada, ten nisto todo o apoio do BNG”.
Veira lembrou que o BNG “sempre pelexaremos por que o que haxa nas Percebeiras sexa unha zona verde e de convivencia para as veciñas e os veciños”.
Máis novas
Nova suspensión ao proxecto das Percebeiras para incluír a parcela do antigo Padre Rubinos
O BNG e o PP preguntan polas “famosas 20.000 vivendas baleiras” da cidade
A Xunta de Goberno aproba novas actuacións en barrios e autoriza un novo edificio en Visma

