InicioBARRIOSA veciñanza de 6 barrios únese e rescata a Festa dos Martelos

A veciñanza de 6 barrios únese e rescata a Festa dos Martelos

Publicada o

Por Redacción

Hoxe, xoves 2 de xullo, e ata o sábado, o Martinete está de festa. De Festa dos Martelos, unha festa popular cunha fermosa historia, que volve gracias á Asociación Veciñal e Empresarial Monte Martelo e Asociación Veciñal San Cristovo das Viñas, que demostaron un gran traballo colaborativo.

Máis alá do divertido programa, a festa representa a unidade de seis barrios da Coruña: As Rañas, Birloque, Cabana, Martinete, Someso e San Cristovo das Viñas.

“Cremos que esta é unha historia de barrio que merece ser contada: veciños, empresas e asociacións traballando xuntos para traer de volta a esta zona unha festa popular que une a miles de persoas”, relátanos Ámar.
Este ano, o pregón que se celebra esta mesma tarde de xoves á partir das 19:00h na Praza Agustín Díaz, no aparcamento diante do Polideportivo de Elviña, estará a cargo de dúas figuras estreitamente relacionadas co Deportivo:

  • Iago Iglesias, ex xogador do Deportivo e veciño do barrio.
  • Augusto César Lendoiro, ex presidente do Real Club Deportivo.

As orquestras Saudade, America e Barcelo porán a nota musical nas noites dos xoves, venres e sábado, pero haberá moitas máis cousas, destacando o sábado a bendición dos coches polo San Cristovo e a churrascada

Festas de Bens

Esta finde tamén hai Festas de Bens 2026 desenvolveranse do venres 3 ao domingo 5 de xullo, cun completo programa que inclúe actuacións musicais, propostas gastronómicas e actividades para todos os públicos. A programación arrincará o venres cunha churrascada popular (20.30 h) e verbena coa orquestra Los Satélites.

O sábado haberá sesión vermú co Dúo Crazy (14.30 h), seguida dunha nova degustación gastronómica e verbena co espectáculo Fania Blanco Show. O domingo será unha xornada máis tradicional e familiar, con dianas e alboradas, partido de fútbol entre veciños, misas olemne, sesión vermú con pulpo e actuación musical, festa infantil, torneo de chave e música de peche.

Máis novas

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

ÚLTIMAS

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para...

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

A Deputación da Coruña reivindica o legado de José Suárez cun premio honorífico á súa obra fotográfica

A Deputación da Coruña recoñeceu a figura de José Suárez co premio honorífico de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here