InicioCULTURAMartín Romero: ”O fanzine a día de hoxe permite atopar propostas que...

Martín Romero: ”O fanzine a día de hoxe permite atopar propostas que diverxen moito do mercado editorial”

Publicada o

Por Redacción

Martín Romero vén de gañar o III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026. Falamos con este ilustrador boirense.

Diarios_de Martin Romero Premio Autoban
Unha páxina de Diarios
  • Por que te decides a crear un fanzine cando tes dinámicas que che quitarán moito máis tempo?

En primeiro lugar, debuxo dende hai moito tempo. Diferencio entre a parte profesional, digamos por encargo, e a parte que fago por gusto, sen ningún tipo de presión. Aquí encaixa o fanzine.
Este premiado, concretamente, “Diarios”, está construido como un collage sacado dos meus cadernos. Eu uso moitos cadernos, case a diario dende hai moitos anos, anotando… Este material está feito sen ningún tipo sen ningunha finalidade concreta máis que un pracer meu, ou para ir facendo ideas. E de aí nace. O fanzine non é incompatible cunha carreira profesional senón que ten xa unha finalidade en si mesma.

  • Para ti, que é o fanzine?

Unha publicación autoeditada, feita por unha persoa ou por un colectivo, cunha finalidade de expresar algo, tendo o control en todo o proceso. Unha especie de “faino ti mesmo” aplicado a todos os niveis da produción.
Este é meu, pero o fanzine nace como unha obra colectiva.

  • Tes observado cambios na evolución do que é o fanzine? Agora xa non hai tantos fanzines políticos, non?

A día de hoxe hai moita variedade. Nos 90 ou noutras épocas os fanzine servían para cubrir ocos que non estaban nos medios de comunicación habituais. Había fanzines de música con contidos que non tiñan cabida noutros medios, servindo de plataforma para amosar outros gustos. Agora, a consecuencia de internet, eses ocos están cubertos na rede, entón a tendencia igual é máis a un aspecto máis lúdico ou de expresión persoal a través do fanzine. Así e todo segue habendo propostas máis comprometidas ou unha cunha intención política ou unha filosofía concreta.

  • Ademais de servir como vehículo de autoexpresión, como pode hoxe en día o fanzine mobilizar ideas, colectivos… meste mundo hiperconectado?

O que aporta o fanzine a día de hoxe é atopar propostas que diverxen moito o mercado editorial, que cada vez están máis estandarizado. As feiras de autoedición ofrece propostas que non atopas noutros lugares, e son punto de encontro para os propios creadores, pero tamén para o público que atopa unhas temáticas e uns formatos que non aceptan as editoriais porque o propio mercado non lle das cabida. É unha gran visibilidade.

  • Pode ser o fanzine un fanzine político?

Dende logo. O simple o feito de facer un fanzine xa é política. Estás saíndote dos cauces habituais de como xestionar unha obra, e ti imposte as túas propias normas, formas de distribución… Iso ten intención ou postura política, claro.

Máis novas

O III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026 é para “Diarios” de Martín Romero

ÚLTIMAS

Salvan unha balea que quedou varada en Sabón

Unha balea duns cinco ou seis metros tivo que ser remolcada ata mar aberto despois de...

A UDC nega necesitar “rescate” pero demanda un “financiamento estrutural maior”

A Universidade da Coruña (UDC) confirmou a "necesidade dunha maior financiación estrutural" para a...

Dous veleiros sofren novas arremetidas de orcas fronte á Coruña

Dous veleiros sufriron este domingo novas arremetidas de orcas fronte á costa da cidade...

A Garda Civil intervén máis de 20.000 artefactos pirotécnicos na Coruña

Efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Coruña interviñeron...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here