InicioA CORUÑAO xerente do Chuac fala de "normalidade" nas Urxencias a pesar...

O xerente do Chuac fala de “normalidade” nas Urxencias a pesar de recoñecer “pico” en ateción

Publicada o

Por europapress

O xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, atribuíu a un “pico” no número de urxencias atendidas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) os “momentos de tensión” no servizo. Con todo, destacou a “normalidade” no funcionamento.

“Con carácter xeral, estamos dando resposta á demanda que temos“, asegurou a preguntas dos medios de comunicación sobre o funcionamento do Servizo de Urxencias este verán. Fíxoo despois de participar nunha reunión da Comisión de Seguimento do ‘Novo Chuac’. Neste sentido, referiuse a que “hai oito días” se produciu “un pico” no que o número de urxencias atendidas “superou os 600 pacientes”. “Cunha porcentaxe de ingresos que superaba o 7%”, detallou.

“Sempre facemos unha programación de verán para compaxinar o descanso dos profesionais coas necesidades asistenciais”, explicou, para engadir que “despois” se fan “axustes”. “Imos reaxustando en función da demanda”, especificou. Así, apuntou a unha “reordenación da hospitalización para activar esas camas que están previstas para non seren utilizadas” e incidiu en que o hospital se atopa “nunha situación de normalidade”.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...