InicioBARRIOSAs familias do IES Zalaeta volven á rúa: "Estamos fartas de vivir...

As familias do IES Zalaeta volven á rúa: “Estamos fartas de vivir sen información”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“A xente está farta de vivir sen información”. Así valora a ANPA do IES Zalaeta a nova concentración de familias tralo convulso comezo de curso entre andamios e amianto. As familias xa se concentraban o primeiro día de curso e esta mañá de venres volvían acodir ás 8:00h para denunciar a falta de información á que están sendo sometidas mentres se desenvolven as obras de reforma integral da cuberta.

Onte esperaban ter recibido da Xunta, como lles prometeran o mércores, o informe asinado de que as obras se están realizando baixo premisas de seguridade e salubridade total para o desenvolvento da actividade educativa. Pero non chegou este documento, imprescindible para garantir a tranquilidade e seguridade da comunidade educativa.

De feito, moitas familias decidiron non levar aos seus fillos e fillas durante estes días á clase. De feito, en Bacharelato a asistencia puido situarse arredor dos 30 alumnos/as, sobre un total de 155 matriculados/as.

Desde a ANPA sinalan que van pedirlle á dirección do centro, coa que teñen moi boa relación, os datos exactos relativos ás faltas de asistencia rexistradas en todas as etapas educativas, co obxectivo de coñecer con precisión o alcance das ausencias e dispoñer de información obxectiva sobre a situación.

En paralelo, a ANPA realizou unha enquisa entre os máis dun cento socios e socias da ANPA para coñecer a súa opinión. A maioría trasladou “a súa preocupación e desconfianza pola escasa información da que dispoñemos actualmente”.
Do mesmo xeito, a maioría das familias manifestaron a súa vontade de continuar coas mobilizacións mentres non reciban o informe de salubridade do centro.

Protestas nos andamios das obras do IES Zalaeta
Protestas nos andamios das obras do IES Zalaeta

 

Dende a ANPA valoran convocar novas mobilizacións diante da porta do instituto, incluíndo a posibilidade de atrasar durante 10 minutos a entrada do alumnado. Pero tamén propoñen organizar unha manifestación diante do edificio da Xunta de Galicia en Monelos.

Máis novas

A ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota a Xunta”

Outras novas

 

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here