InicioDEPORTESO EcoRallye, a exame

O EcoRallye, a exame

Publicada o

Por Redacción

Xa está en marcha a 10ª edición do Repsol EcoRallye A Coruña, que se celebrará do 17 ao 20 de setembro e que este ano acadará un récord histórico de participación, con 57 equipos inscritos de 17 marcas diferentes.

Presentacion do ecorallye coruna 2026
Imaxe da presentación oficial

Unha cita, xa referente do automobilismo sostible a nivel nacional e internacional, invadirá a cidade cos espazos publicitarios, e os ruídos dos seus 43 serán 100 % eléctricos, sete híbridos enchufables e outros sete híbridos non enchufables. Será a praza de María Pita o centro de operacións, onde haberñá, entre outras cousas, un circuíto de Scalextric alimentado a pedais, no que as persoas participantes xerarán coa súa propia pedalada a electricidade necesaria para mover os vehículos.

As carpas permanecerán abertas durante as catro xornadas da proba. O xoves 17 funcionarán de 15.00 a 20.30 horas; o venres 18, de 9.00 a 20.30 horas; o sábado 19, de 9.30 a 20.00 horas; e o domingo 20, de 10.00 a 14.00 horas.

Programa SKPMotor

Para analizar a incidencia do rally, nada mellor que escoitar o programa nº3 desta 5ª temporada do Programa SKPMotor de CUAC FM. Xurxo Varela e o seu equipo falaron con Alberto González e Alejandro Torres da Escudería A Coruña, organizadores do 10º Repsol EcoRally Coruña.

O programa tamén visita Vimianzo para falar con Ana López, secretaria do club Moto Trial O Petouco, na previa do intenso Campionato de España de Trial no Monte Faro. Ademais tamén estivo convidado Marcos Canedo, piloto de Arteixo, gañador na categoría N5 no 2º Rally Terra de Galicia, copilotado pola súa inseparable Carla Salvat nun Toyota Yaris.

Podes escoitar e descargar o programa premendo nesta ligazón.

 

Outras novas

Aitor Fornos celebra o seu triunfo en EscapeMotor

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here