InicioA CORUÑAA Xunta insta a Adif a axilizar a revisión da acta de...

A Xunta insta a Adif a axilizar a revisión da acta de entrega das obras da intermodal da Coruña

Publicada o

Por europapress

A Xunta instou a Adif a axilizar a revisión e formalización da acta de entrega das obras dos elementos comúns e do aparcadoiro da estación intermodal da Coruña-San Cristóbal.

O Goberno galego remitiu a finais de maio a Adif a acta de recepción das obras e o borrador da acta de entrega para a súa revisión.

“Máis de tres mes despois non se recibiu resposta nin observacións por parte do organismo estatal, polo que permanece pendente a formalización da acta de entrega”, apostila.

Por iso, indica que reiterou por escrito a Adif a solicitude para que revise a documentación “e comunique canto antes a súa conformidade ou, no seu caso, as modificacións que considere co obxectivo de completar o trámite”.

 

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...