No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha coaa Praza de Tabacos como epicentro, este sábado 19 terá lugar unha das accións máis singulares. A través da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, as entidades da cidade convoca unroteiro veciñal pola rolda peonil, unha iniciativa que busca poñer en valor este corredor urbano que conecta barrios, persoas e formas de mobilidade sostible.
A Federación e e asociacións de Sagrada Familia, Mallos-Plataforma, Barcarola-Catro Camiños e Oza-Gaiteira-Os Castros, en colaboración co Concello da Coruña, convocan a toda a veciñana a unirse a esta marcha que sairá, ás 11:00 horas, e acompañados da música de Donaire, dende a Biblioteca da Sagrada Familia, para iniciar un percorrido pola rolda peonil a través dos barrios de Sagrada Familia, Mallos, Catro Camiños e Oza-A Gaiteira ata a Praza de Tabacos. Onde ademáis ás 12:30 contaran coa animación e contacontos do “Mestre da Mobilidade”, iniciativa dentro do programa de “Cultura Veciñal” da propia Federación.

O roteiro contará con accións de dinamización e participación deseñadas pola Federación e polas entidades veciñais, nas que se inclúen xogos, explicación e iniciativas dende as propias entidades e preguntas aos asistentes, material de imaxe e comunicación e ata un pasaporte para os que rematen os tramos de cada andaina.


