InicioPOLÍTICAA Candidatura Unitaria de Esquerdas critica os altos prezos dos aparcamentos do...

A Candidatura Unitaria de Esquerdas critica os altos prezos dos aparcamentos do CHUAC e o Materno

Publicada o

Por Redacción

Xa comunica de maneira unificada a Candidatura Unitaria de Esquerdas Coruña. Os grupos de Sumar e Podemos trasladan unha das primeiras notas de prensa conxuntas cun asunto que saca de quicio a milleiros de veciños e veciñas: os altísimos prezos dos aparcadoiros do CHUAC e do Materno Infantil.

Os candidatos Trinidad Palacios e Aitor Neira (quedará por decidir conxuntamente quen finalmente lidera a candidatura conxunta, unha vez que tamén os grupos de EU, Partido Verde-EQUO, e, quizais, a Marea Atlántica), apostan por aparcadoiros públicos e prezos asequibles fronte ao modelo actual do CHUAC e do Materno Infantil. Ambos denuncian que os problemas para aparcar no CHUAC e no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera representan un modelo que debe cambiar: falta de alternativas públicas suficientes e dependencia de aparcadoiros privados para pacientes, familias e persoal sanitario.

Lembran que no CHUAC, o abono mensual chegou aos 90 euros e unha xornada completa custa
15 euros. No Materno Infantil repítese unha situación semellante: o propio Sergas recoñece a escaseza de estacionamento e remite os usuarios a un aparcadoiro privado.

Palacios, considera que «xa abonda de facer negocio coa necesidade das familias. Ninguén vai ao CHUAC ou ao Materno por ocio: son pacientes, pais e nais con nenos ingresados, familiares e traballadores que necesitan unha solución». Lembra ademais que o aparcadoiro que dá servizo ao Materno e ao Oncolóxico foi construído con 3,5 millóns de euros de investimento público, pero a súa explotación quedou en mans privadas. «Este é o exemplo do que non queremos repetir nun goberno de esquerdas. Se hai investimento público, o obxectivo debe ser ofrecer un servizo público e accesible, non que a falta de alternativas obrigue as familias a pagar prezos elevados», afirma Neira.

«Queremos transporte público suficiente, accesos dignos e aparcadoiros públicos a prezos asumibles. Ir ao hospital non pode converterse nun luxo», conclúen.

Máis novas

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

Trinidad Palacios será a candidata de Sumar Galicia para liderar a coalición de esquerdas nas municipais

ÚLTIMAS

O orgulloso #Aquítaménsefala recolleu o Premio da RAG demostrando o poder do galego para atraer novas voces

Mañá emocionante no IES Rafael Dieste. Os máximos representantes da Real Academia Galega achegáronse...

Inés Rey acusa a Rueda e ao PP de “mercadear” e “boicotear” a política municipal de vivenda

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou a Xunta de "boicotear" a política municipal...

A cantautora coruñesa Silvia Penide, teloneira de Silvio Rodríguez en Sevilla

A cantautora galega Silvia Penide será a encargada de abrir o primeiro dos dous...

As familias do CEIP Cidade Vella volven á rúa

Xa protafonizaron unha rotunda manifestación no novembro pasado por unha escola digna. Pero o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here