InicioBARRIOSAs Bibliotecas Municipais preparan máis dun cento de contos para as familias

As Bibliotecas Municipais preparan máis dun cento de contos para as familias

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Segue sendo unha quimera a unificación da Rede de Bibliotecas da cidade, pero mentres, seguen sendo o corazón dos seus barrios. Para manter a actividade e seguir achegándose ás familias, o Concello organiza 104 actividades de dinamización lectora. Son actividades que permiten que as crianzas aprendan a gozar das artes escénicas, e serven ademais para fomentar a cultura do préstamo de libros.

‘Merendas con contos’ é un dos programas máis veteranos das Bibliotecas Municipais, que leva 32 anos achegando a lectura ás crianzas de entre 3 e 7 anos e ás súas familias. Desde a súa posta en marcha, ‘Merendas con contos’ converteu os contos, a narración e a
representación escénica nunha forma de descubrir a biblioteca desde os primeiros anos.
Unha experiencia que permite ás crianzas achegarse aos libros dunha maneira lúdica e participativa e ás familias compartir un tempo de lecer arredor das historias. Este ano, uns dos protagonistas volverán ser os Ratiños de Lonxedetodo, da compañía Trinketrinke,

Ademais, as Bibliotecas tamén contarán co programa “Bebecontos” (para crianzas de 0-12 meses) ou Cantocontos (de 2 a 3 anos)

As actividades desenvolveranse entre outubro e maio e contarán con sesións de 45 minutos de duración. As propostas terán lugar de luns a sábado, en horario de 18.00 a 18.45 horas, nos seguintes espazos:

● Biblioteca Ágora (luns): 30 prazas
● Biblioteca Sagrada Familia (martes): 20 prazas
● Biblioteca Fórum Metropolitano (martes): 30 prazas
● Biblioteca Monte Alto (mércores): 25 prazas
● Biblioteca Castrillón (xoves): 30 prazas
● Biblioteca Rosales (venres): 16 prazas
● Punto de Préstamo de Mesoiro (sábado): 30 prazas
● Biblioteca Durán Loriga (sábado): 20 prazas

Os horarios e as datas poderán experimentar algunha modificación en función das necesidades organizativas dos centros no momento de pechar o calendario definitivo. As inscricións adóitanse abrir unha semana ante na web municipal.

Máis novas das Bibliotecas

A unificación da Rede de Bibliotecas Municipais. Unha farsa

Catro Bibliotecas da Coruña estrean o servizo de préstamo de xogos de mesa

A Biblioteca de Monte Alto, 25 anos tecendo unha rede de amizade a través da amabilidade

ÚLTIMAS

“Fóra rendistas dos nosos barrios”. Convocada unha manifestación pola vivenda para este sábado

Continúan as mobilizacións, tamén na Coruña, para denunciar a grave situación que vive a...

A Fundación Luis Seoane mantén a súa actividade arredor do Intersección

A pesar da teórica situación de interinidade, e das constantes críticas da oposición ante...

O Ciclo Tándem conectará a creación musical galega con outras propostas

Artistas e formacións galegas e creadoras e grupos de referencia doutras partes da península...

O Fórum Metropolitano acolle unha exposición de Ollo de Vidro e a proxección do documental sobre Carlos Piñeiro

A Asociación Veciñal e Cultural Oza Gaiteira Os Castros organiza dúas novas propostas culturais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here