InicioCULLEREDOA teima metropolitana

A teima metropolitana

Publicada o

Por Julia Castillo

Cando o servizo que presta o transporte público non é o que precisa o usuario.

 

O vindeiro día 3 de novembro inaugúrase a nova intermodal. Aquela onde chegarán, e de onde partirán, os buses. Mais isto non serve de moito para dar resposta ao obxecto da nosa teima. Teima que vén de lonxe, porque, aínda que son 17 os concellos vinculados á Área de Transporte Metropolitano da Coruña, hai moita máis xente afectada polo desastre de servizo que presta o transporte público metropolitano da cidade.

A maioría destes concellos levan tempo reclamando, dun xeito ou doutro, que se lles escoite e que se poña solución aos cada vez máis defectos do servizo. Xa foron enumerados abondos, pero os repito por si alguén non se enterou:

  • Autobuses que pasan sen parar porque xa non cabe nin un alfinete.
  • Outros que pasan cando queren e algúns que xa nin pasan.
  • Falta de servizo entre concellos da área metropolitana que deberían ser cubertos, cando menos, con microbuses e nas horas punta.
  • Un servizo directo ás universidades…

Podería seguir enumerando a problemática existente, xa demandada por moitas das persoas usuarias do servizo. Das que teñen que utilizalo a diario, sexa para ir á universidade, aos institutos, ao traballo, a coller o tren, ao hospital… ou mesmo ao cine e cear. Porque esa é outra. Non soamente quen imos en plan lecer precisariamos que, polo menos os fins de semana, houbese servizo ata preto das 12 da noite, senón que me consta que moitos traballadores teñen que recorrer ao taxi para volver ás súas casas tras unha longa xornada laboral, xa que o último autobús saíu antes de que eles pechasen a porta do establecemento.

O transporte público é un servizo público. Iso é. Ten que dar un servizo ao público, á persoa usuaria. A quen o paga e a quen o precisa. E é a obriga das administracións públicas, sexan as que sexan, proportionalo.

E como parece que non están pola labor —ás probas me remito—, este venres reunirémonos varios representantes dos concellos afectados (padecedores, diría eu) no lugar e á hora que aparecen na convocatoria.

Quedan convocados todos os concellos e usuarios que queiran exixir o noso. E déixoos por orde alfabética:

Os 17 concellos oficiais da Área de Transporte Metropolitano da Coruña:

A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, A Laracha, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada.

E como non se trata de establecer un novo límite xeográfico, senón de abrir a participación a todas as persoas afectadas, engado 10 máis, xa que, fóra dos 17 oficiais, atopei estes 10 concellos que participaron en reclamacións, actuacións conxuntas ou teñen un vínculo directo coa problemática:

  • Coirós, Paderne e Pontedeume: participaron na reunión de sete concellos celebrada en Betanzos en setembro.
  • Fene, A Capela, Narón, Monfero, Neda e Valdoviño: participaron, xunto con Pontedeume, nunha reunión en outubro para reclamar solucións á Xunta.
  • Ferrol: tamén debe figurar no chamamento polo seu vínculo coa problemática do transporte de Ferrolterra e pola existencia dunha plataforma cidadá nesa comarca.

Para abordar estes problemas e organizar unha resposta colectiva, o vindeiro venres 23 de outubro, ás 19:00 horas, celebrarase no Centro Social de Sueiro (Culleredo) unha reunión aberta para constituír unha plataforma en defensa do transporte público metropolitano.

A convocatoria é unha oportunidade para que a veciñanza dos concellos afectados participe, expoña as súas necesidades e contribúa a reclamar un servizo público digno, suficiente e adaptado á realidade da poboación.

Porque cando se xuntan as voces, escoításenos con máis forza. Porque un transporte público eficaz é un dereito. E os dereitos esíxense. Imos por eles.

  • Julia Castillo. Activista, investigadora e analista social. Interésame, sobre todo, o que se agocha detrás de problemas que asumimos como naturais ou inevitables.

Novas relacionadas

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

Outros artigos de Julia Castillo

ÚLTIMAS

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

Un pequeno grupo provocou altercados na Coruña ao remate da manifestación contra “a represión policial” nos disturbios tras o acto de Abascal

As protestas convocadas na tarde deste mércores na Coruña en contra da "represión policial"...

(VÍDEO) Esixen a dimisión do Delegado do Goberno polas “desproporcionadas” cargas policiais á mocidade antifascista que prantou cara a VOX

Mentres o secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, condenou este mércores os disturbios...

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

Milleiros de persoas (preto 5.000 aseguran fontes policiais) concentráronse este mércores na Praza de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here