Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas policiais ocorridas o pasado 21 de outubro despois dunha protesta contra a presenza do líder de Vox, Santiago Abascal, nun acto na Praza de María Pita, e nas que tres persoas foron detidas.
A Plataforma nace para ofrecer asesoramento para defender aos manifestantes que foron sancionados ou sufriron feridas. Tal e como detallan nas súas redes sociais, a plataforma xorde para “defender ás persoas represaliadas”, así como para “denunciar a violencia policia e responder á criminalización do antifascismo na cidade”.
Así, subliña que prestarán asesoramento legal gratuíto a todas as persoas que se vexan sometidas “a un proceso penal pola súa participación en mobilizacións políticas” e que exercerán “a acción popular” nos procesos penais “contra as forzas e corpos de seguridade pola súa actuación”.
Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña
(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

