InicioDEPORTESO presidente e candidato á reelección da Federación Galega de Automobilismo, a...

O presidente e candidato á reelección da Federación Galega de Automobilismo, a exame en SkpMotor

Publicada o

Por Xurxo Varela

Este pasado xoves, o programa SkpMotor da Cuac FM mantivo unha longa conversa con Antonio Troitiño. O actual presidente da Federación Galega do Automobilismo e candidato á reelección nas eleccións deste vindeiro o domingo 15 de novembro, repasou os cambios que a FGA experimentou nestes máis de tres anos dende que Troitiño asumise a presidencia despois de 40 anos de mandato do anterior presidente, Iván Corral.

Troitiño recordou a superación dunha moción de censura, e amosou a súa intención de seguir ao fronte da FGA durante catro anos máis para completar a posta en marcha do seu programa electoral e seguir loitando pola construción dun Circuíto Galego de Velocidade, un proxecto tan demandado polos afeccionados ao automobilismo.

O segundo convidado foi Rubén Uzal, organizador da 4ª Festa do Motor, que se celebrou en Cerceda o sábado 7 de novembro, cunha exposición de todo tipo de vehículos.

Podedes escoitar SkpMotor dende a APP de CUACFM.

David, Xurxo, Iván, Alberto e n SkpMotor
David, Xurxo, Iván, Alberto e n SkpMotor

SkpMotor viaxa ata as Somozas e Carballo

SKPMotor: 400 programas achegando a realidade do motor galego ás ondas de CUACFM

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here