InicioA CORUÑAAsí vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e CCOO a instancia do Sindicato de Inquilinas. Baixo o lema “Parámolo todo”, e coas chaves como símbolo, a folga trata de manter o foco posto nos verdadeiros problemas da nosa sociedade: a vivenda e os salarios, ademais dos servizos públicos e a suba incesante de prezos.

I é que máis alá do impacto económico da folga (hai décadas que as folgas se miden en sensacións máis que en números) esta folga xa ten algo conseguidos: facernos decatar á sociedade que non é normal que a vivenda nos condicione a vida, que hai que tomar medidas para controlar a especulación dun ben básico.

Onde son as manifestacións

Na Coruña haberá dúas citas:

  • Manifestación de UGT e CCOO con saída da Palloza ás 12:00h.
  • Manifestación Unitaria de Sindicatos e Colectivos Sociais que sairá ás 18:00h do cruzamento entre a Ronda de Outeiro con Avda. Fisterra, ata a Praza das Cigarreras.

As razóns

Os colectivos convocantesinvitan a mobilizarse por “mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos ante unha inflación que lastra o poder adquisitivo”.
“A folga xeral do 11N é a resposta á insaciable avaricia inmobiliaria que especula cun dos principais dereitos de cidadanía, facendo practicamente imposible o acceso á maioría a unha vivenda digna”.
“A folga xeral do 11N é un clamor contra a precariedade laboral e habitacional que lastra a millóns de persoas, e especialmente a mulleres e migrantes afectados por unha situación de vulnerabilidade económica”.

Quen apoia as mobilizacións

A nivel político, os grupos que apoian a mobilización son PSOE, BNG, Fronte Ampla, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños, ao contrario de PP e VOX, que rexeitan o exercicio cidadán á protesta.

A nivel social a folga está secundada por colectivos como a CGT, CNT, o Sindicato de Estudantes, o Sindicato Labrego Galego, SOS Sanidade Pública, a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA) e a Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV), entre outros moitos

Como afectará

Difícil establecer como afectará a folga na cidade, unha vez que o dereito a secundar á folga é un dereito inalienable de cada traballador que non é obrigatorio avisar con antelación. Por iso, o transporte, a sanidade ou o ensino público (ollo coas extraescolares) teñen uns servizos míninos establecidos pola Xunta ou polo Concello, dependendo das responsabilidades.

No caso do transporte interurbano, os que recorran inferiores a 25 quilómetros deberán manter a metade dos seus servizos habituais entre as 6:00 e as 9:00 da mañá e entre as 6:00 e as 9:00 da noite. Se ben os máis longos apenas deben garantir un de ida e un de volta.

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here