InicioA CORUÑADenuncian un novo contrato privatizador da área sanitaria da Coruña-Cee

Denuncian un novo contrato privatizador da área sanitaria da Coruña-Cee

Publicada o

Por Redacción

A CIG-Saúde da Coruña denuncia a aposta do Goberno galego por continuar privatizando a asistencia sanitaria na área da Coruña e Cee, tras a autorización polo Consello da Xunta da tramitación dun acordo marco para a contratación de servizos sanitarios complementarios, cun orzamento de licitación de 44.963.132 euros.

O sindicato considera “especialmente preocupante que, baixo o argumento de complementar os recursos do SERGAS e reducir as listas de espera, a Xunta consolide un modelo asistencial baseado na derivación de actividade á sanidade privada, en lugar de incrementar a capacidade resolutiva dos centros públicos”.

O acordo marco terá unha duración inicial de 2 anos, con posibilidade de prórroga por outros 3, o que evidencia “que non se trata dunha resposta puntual ás necesidades asistenciais, senón dunha aposta por manter a externalización de servizos a longo prazo”.

Para a secretaria comarcal da CIG-Saúde, Isabel Golpe, resulta especialmente significativo que a Xunta autorice esta contratación mentres reduce nun 46% o investimento previsto para as obras do novo CHUAC en 2027, pasando de 100,1 a 54,1 millóns de euros, tal e como denunciou a Xunta de Persoal o pasado 6 de novembro. Unha decisión que pon de manifesto “cales son as prioridades do Goberno galego nun contexto de sucesivos atrasos na ampliación do hospital público”.

A privatización abrangue diferentes ámbitos da asistencia sanitaria

Golpe explica que esta nova contratación contempla tres lotes: máis de 24 millóns de euros para procesos médicos e intervencións cirúrxicas, máis de 10 millóns para probas diagnósticas e terapéuticas e outros 10,8 millóns de euros para tratamentos de hemodiálise en centros hospitalarios.

“A dimensión económica e a diversidade das prestacións incluídas neste acordo revelan o alcance da política privatizadora da Xunta nunha área sanitaria que atende máis de 547.000 persoas de 37 concellos”, valora.

Para a CIG-Saúde, resulta necesario coñecer que medidas se están adoptando para asumir esta actividade con medios propios, que capacidade teñen os centros públicos da área sanitaria e que investimentos serían necesarios para dar resposta á demanda asistencial sen recorrer á contratación externa.

 

A Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante a demora nas obras do novo CHUAC

 

ÚLTIMAS

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Este mércores é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e son varias...

Zombies contra a turistización do Xacobeo, videoxogo “made in Coruña”

A produtora coruñesa Melgo Cinema lanza o que presenta como "primeiro videoxogo dun Xacobeo",...

Última fase das obras que unirán as dúas partes dos Xardíns de Méndez Núñez

Unha comitiva municipal supervisou este luns a fase final das obras que se están...

Este martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+

Xa está aquí a cuarta edición de Norte Cinema Diverso, o festival de cinema...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here