InicioDEPORTESMoito troco, pouco éxito

Moito troco, pouco éxito

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • RB Linense – Depor (0-0) – 2º clasificado, en playoff de ascenso
  • 19º partido de Oscar Cano (11V 5E 3D) a 3 punto do líder Alcorcón

Hai unha máxima no fútbol que ten moito calado nos afeccionados que é botarlle a culpa a todo cando teu equipo non gaña. O árbitro, o estado do céspede, o míster que non fai trocos… e demais lerias que sempre aparecen cando os puntos non chegan. E precisamente este último algo que imos analizar para saber si os trocos aportan ou non.
No que vai de época Cano no Depor (19 encontros) o adestrador fixo 77 trocos de xogadores dos 95 posibles, pois pódense facer cinco trocos de xogadores por partido. É dicir, o míster aproveita o 81% dos trocos posibles, cifra máis que alta tendo en conta a boa seira de resultados desde que chegou á Coruña Oscar Cano. Incidindo nestas cifras, Cano decidiu facer os cinco trocos permitidos en oito encontros, deixando en catro os trocos en catro partidos e en tres trocos en sete partidos. Isto amosa unha boa fluencia da banqueta e unha alta variedade de opcións típica dos grandes aspirantes ó ascenso.

A mala nova é que todos estes trocos aportaron nada ou moi pouco en puntos e en goles. Desta senda de 77 trocos, as cifras amosan unha pobre aportación de dous goles e dúas asistencias, e inda por riba, só un deses goles serviu para sumar un punto (gol de Yeremay na casa contra a Cultural Leonesa). Pódese concluír que os trocos no Dépor fanse por decreto, non por necesidade e, que a palabra revulsivo este ano non forma parte do dicionario branquiazul.

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

Máis crónicas do Dépor

ÚLTIMAS

Comunitaria pon á vivenda colaborativa como unha alternativa real

Fan falta iniciativas singulares para que a sociedade poida enfrontarse á crise da vivenda,...

A artista herculino-muxiá Viki Rivadulla trae as súas Mouras á Normal

Coa ilusión de volver o seu berce, Viki Rivadulla leva a súa exposición "Onde...

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...

1 COMENTARIO

  1. Hai unha máxima no fútbol que ten moito calado nos afeccionados que é botarlle a culpa a todo cando teu equipo non gaña. O árbitro, o estado do céspede, o míster que non fai trocos…camisetas de futbol e demais lerias que sempre aparecen cando os puntos non chegan. E precisamente este último algo que imos analizar para saber si os trocos aportan ou non.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here