InicioSOCIEDADE'Pedalear e conversar', unha inciativa para combater a soidade non desexada das...

‘Pedalear e conversar’, unha inciativa para combater a soidade non desexada das persoas maiores

Publicada o

Por europapress

Afundación e o Concello da Coruña impulsan o proxecto de voluntariado para persoas maiores ‘Pedalear e conversar’, unha iniativa que busca combater a soidade non desexada e potenciar as relacións interxeneracionais entre estas persoas e outros da súa contorna, á vez que gozan do espazo público.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet, asinaron, no Palacio Municipal de María Pita, o convenio para un programa que conta con dous triciclos activos. Despois de Semana Santa haberá un teléfono habilitado para inscribirse e gozar da experiencia.

A alcaldesa sinalou que ‘Pedalear e Conversar’ “encaixa perfectamente nos obxectivos de loita contra a soidade nodeseada entre os nosos veciños e veciñas de maior idade que estamos a levar a cabo dentro de Coruña ‘Acompaña’, ese gran paraugas que acolle todas as nosas actividades para persoas maiores”.

Pola súa banda, o presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet, subliñou que “a comunicación interxeneracional é moi necesaria para que a mocidade e a xente maior poidan estar en contacto, escoitarse e conversar, para aprender e enriquecerse mutuamente”.

ÚLTIMAS

O pleno da Coruña aproba de forma definitiva un orzamento de 375 millóns

O pleno da Coruña aprobou, de forma definitiva (cos votos a favor do PSOE...

Os docentes do Programa de Lecer deciden emprender accións de presión

Continúa asituación de incerteza entre o máis de medio centenar de docentes dos Cursos...

O Deporte coruñés únese ao Brazalete da Esperanza

Fermosa iniciativa a que se vivirá esta fin de semana co gallo do Día...

Afectadas dúas persoas por inhalación de fume tras arder unha campá extractora en Matogrande

Dúas persoas resultaron intoxicadas por inhalación de fume tras arder unha campá extractora nunha...