Inicio Blog Páxina 119

Detido por tráfico de drogas en Alvedro ao entregar unha dose de cocaína a un empregado do aeroporto

0

Un home, de 55 anos, foi detido por un suposto delito de tráfico de drogas no aeroporto de Alvedro ao entregar unha dose de cocaína a un empregado da terminal. Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, a área de investigación de Culleredo, en colaboración co Destacamento de Fiscal e Fronteiras do aeroporto de Alvedro, realizaron esta detención No marco da operación Alvenia.

A investigación iniciouse en outubro do pasado ano, cando a xefa do Destacamento de Fiscal do aeroporto de Alvedro recibiu información sobre unha posible actividade de tráfico de drogas no recinto aeroportuario. Ante a gravidade dos feitos, en coordinación co Departamento de Seguridade e Servizos de Aena, levou a cabo as primeiras indagacións. Ao detectar indicios dun posible delito de tráfico de estupefacientes, solicitouse a intervención da Garda Civil.

Os axentes despregaron un dispositivo con vixilancias discretas, nas que se logrou identificar o sospeitoso, quen frecuentaba a terminal e mantiña contacto cun empregado do aeroporto. Unha vez confirmados os indicios do delito, a Garda Civil procedeu á detención do individuo no momento exacto en que realizaba a transacción dentro da terminal. As dilixencias policiais foron remitidas ao xulgado de instrución de Garda da Coruña para a súa tramitación.

Pola súa banda, o traballador implicado foi proposto para sanción ante a Subdelegación do Goberno por infrinxir a Lei de Protección de Seguridade Cidadá ao portar sustancias estupefacientes nun lugar público.

“Sempre pendulou sobre Nostián a sombra da incineración”

O pleno deste xoves 13 de marzo vai ter, ademais dos Orzamentos, aprobados trala cuestión de confianza, un protagonista ambiental. O Concello da Coruña anunciaba o pasado luns que, despois de 5 anos co contrato prorrogado, que no segundo semestre do ano vai realizar a licitación da planta de Nostián. Unha prórroga forzosa que ademais leva caducada dende comezos de ano, e que provoca unha situación de emerxencia para os traballadores, que sofren a falta de investimentos e a devaluación dos seus soldos.

No eido mediombiental, é unha verdadeira mágoa que neste procedemento non estea participando a Plataforma Nostián con Futuro, pois despois de moitos meses de participacións en xuntanzas co Concello, anunciaba hai un ano que deixaba de participar pola “falta de transparencia” do Concello.

A Plataforma nacera coa polémica polo quinto contedor, (que aínda segue moi viva coas ameazas de multa da Consellería) e tiña como un dos alicerces á ADEGA, pero despois da rotura das xuntanzas coa Concelleria de Medio Ambiente, dirixida entón por Noemí Díaz, “foi perdendo forza, como lle pasa a moitos colectivos baseados no esforzo social”, recoñece Alexandre García Regueira, Coordinador de ADEGA na Coruña.

Alexandre recoñe que a nova da licitacion é positiva, pero lembra que ”levan anunciando que o plego vai saír dende hai máis dun ano. Porque xa en outubro de 2023, xa se falaba de que se ía a licitar, e o certo é que agora está fallido a prórroga do contrato”. De feito, en ADEGA, “non nos cremos nada porque van moitas promesas baleiras alá”.

García Regueira lamenta ademais a “cantidade de desinformación que hai sobre a mesa”, o que unida á falta de transparencia e de información fan que a entidade non queira opinar sobre a “condonación da débeda” ou “acordo extraxudicial” coa empresa actual, algo que si critica con moita forza o PP.

Con todo, o coordinador lembra que “o proxecto da planta de Nostián é un proxecto importante para toda o país, porque é diferente ao modelo SOGAMA, que se basea na incineración”. Pero avisa que “hai intereses económicos detrás da planta que opacan o importantes, que é dar un servizo que recupere e recile moitos materiais”.

Lembra que “Sempre pendulou sobre Nostián a sombra da incineración”, e cren que sería “un erro tremendo, porque desvirtuaría o sentido planta, e ademais podería provocar un problema de saúde na Coruña”. Esperan pois que o proceso se centre en que “a planta sexa eficaz, e que sexa un exemplo para toda Galicia, o lei motiv da súa creación tralo incidente de Bens, como modelo de xestión ecolóxico”.

Máis novas

A plataforma ‘Nostián con futuro’ cesa as súas reunións co Concello da Coruña por “falta de transparencia”

PP e BNG demandan máis transparencia do goberno local para clarexar o acordo extraxudicial de Nostián

A alcaldesa da Coruña, sobre o acordo extraxudicial de Nostián: “É bo e molesta que agora desbloqueemos isto”

O Concello da Coruña licitará a xestión da planta de Nostián no segundo semestre do ano

O contrato do lixo segue orfo

Periga o convenio municipal de Mulleres Colleiteiras: ”Que intereses hai?”

Un dos proxectos de inclusión sociolaboral máis exitosos e que máis apoio social conta da última década na cidade pode estar en perigo. Así, denuncia o BNG, lembrando que o convenio con Mulleres Colleiteiras para a reciclaxe de aceite usado, aprobado hai 10 anos polo goberno da Marea, está caducado dende hai dous anos e avisando que o a Concellería de Medio Ambiente que dixire agora a firme Yoya Neira, ten formulado a proposta de sacar a servizo o concurso. Así llo teñen deixado claro nas últimas reunións á Cooperativa.

No Xornal falado coas Mulleres Colleiteras desta iniciativa laboral, que leva permitido a inclusión laboral de ducias de mulleres xitanas, e que hoxe dá emprego a 8 traballadoras fixas. Un “exemplo de emprendemento e empoderamento feminino, protagonizado por mulleres ciganas que vivían en situacións de exclusión social”, que actualmente é o único proxecto laboral exitoso anos despois das distintas iniciativas para favorecer a inclusión social e laboral de persoas que vivían en asentamentos chabolistas.

O BNG vai levar o asunto ao pleno deste xoves 13 de marzo destacando o “grande interese medio-ambiental” do mesmo. Jorquera deixa claro que “a lei estatal permite transformar o actual convenio nun contrato con Mulleres Colleiteiras para que continúen a prestar ese servizo, xa que non hai contraprestación económica”. Así acontece, subliña, “con multitude de contratos subscritos polas administracións con entidades sociais”, até o punto de que “a propia normativa autonómica contempla o réxime de concertos sociais”.
Alerta ademais de que se lles obrigan a constituírse como empresa de inserción para poder concursal, isto tería “paradoxalmente” como consecuencia práctica que o modelo retrocedería en conquistas sociais e laborais.“Mulleres Colleiteiras”, explica Jorquera, “e unha cooperativa e se se vise obrigada a se tornar nunha empresa de inserción, durante os dous primeiros anos o 30% das persoas contratadas tería que proceder de ‘bolsas de emprego’, porcentaxe que co paso do tempo aumentaría até chegar o 50%”.

A realidade é que coa nova lexislación si que se podería dar, nunha soa ocasión, un contrato reservado de 3 anos, para o cal a Cooperativa cumpriría os requerimentos, formulando a necesidade de nese tempo, ir adaptando a Cooperativa ás necesidades lexislativas. Pero a intención da Concellería de Medio Ambiente .

”Que intereses hai?”

Juan Aradas (fundador Mulleres Colleiteiras e membro de Arquitecto sen Fronteiras) pregúntase “que intereses hai para cambiar algo que funciona”. Lembra a presenza etérea ata hai pouco da pantasma da Fundación Olidis, unha gran entidade que prometera crear unha planta de reciclaxe na Estrada e que dende que participou nunhas xornadas de Inclusión e Economía social organizadas na Facultade de Económicas en 2022, as negociacións co concello cambiaron de rumbo.

Arada critica que nos últimos anos teñen pouco apoio municipal para, por exemplo, ampliar a rede de contedores, e temen que esta sexa unha “especie de manobra como a que se fixo no seu momento cos puntos limpos”, que provocou o “comezo da criminalización da poboación xitana”, que se dedica á ferralla legalmente. “Ao mellor pensa que estas xitanas chegaron demasiado lonxe e que teñen que volver cobrar o Risga”, lanza Arada.

Máis novas

Sofía Vázquez, a xitana de Mulleres Colleiteiras: “Onde antes nos pechaban portas, agora nos chaman polo noso bo facer”

A Fundación Secretariado Xitano, rompendo prexuizos dentro e fóra da comunidade

A escolarización, a inserción laboral e o coñecemento da cultura, os camiños do Secretariado do Pobo Xitano para unha integración real

Proposta da UDC para crear hidróxeno verde a bordo de buques metaneiros a partir de calor residual de motores

Un estudo da Universidade da Coruña (UDC) propuxo xerar hidróxeno verde a bordo de buques metaneros a partir de calor residual dos seus motores, informa o reitorado.

Trátase dun traballo a cargo dun equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da UDC, en colaboración coa Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía.

Nel, desenvolveuse un sistema “capaz de producir e almacenar hidróxeno verde a bordo de buques metaneros aproveitando a calor residual dos seus motores”.

O estudo, publicado na revista Applied Energy, propón, explica o reitorado, “unha innovadora alternativa para reducir o desperdicio enerxético e contribuír á descarbonización do transporte marítimo”.

O TSXG acolle o 28 de abril a apelación dos catro condenados polo asasinato de Samuel

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá o 28 de abril, ás 10.00 horas, a vista polo recurso presentado polo catro condenados polo crime de Samuel Luiz, en xullo de 2021 no paseo marítimo coruñés. Así o informa o alto tribunal galego tras a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que, de conformidade co veredicto do Tribunal do Xurado, condenoulles, a tres como autores de asasinato e un como cómplice. As defensas dos catro novos formalizaron os seus recursos sen expor a nulidade da sentenza ou do xuízo e, por tanto, sen que expoñan a súa repetición.

Neles, ou ben rexeitan como o caso de Diego M.M. –o que iniciou a agresión mortal ao pensar que na madrugada do 3 de xullo de 2021, no paseo marítimo coruñés, Samuel estaba a gravarlle cando facía unha videollamada– que houbese intención de matar ou a súa participación ou no grao no que se atribuíu aos seus clientes. Tamén apuntan algúns ao feito de que non se tivesen en conta atenuantes alegadas como consumo de alcol e drogas. Todo iso tras unha condena con penas que suman un total de 74 anos e medio de cárcere ao considerar o fallo, en base ao veredicto do Tribunal do Xurado, que tres son coautores de asasinato, un cómplice e un a maiores autor do roubo do móbil da vítima, sen posibilidade por parte desta de defensa.

SENTENZA

Dos cinco novos acusados, considerouse non culpable á única moza, C.S.B., mentres que a súa entón parella Diego M.M., ao concorrer a circunstancia agravante de discriminación por motivos de orientación sexual, a maxistrada presidenta impúxolle 24 anos de cárcere, pena moi próxima ao máximo legal –25 anos–, que non lle aplica porque o xurado non apreciou a agravante de ensañamento. Pola súa banda, a Alejandro F.G. condenouno a 20 anos de cárcere pois explica que a non concorrencia de circunstancias agravantes nin atenuantes determina a imposición da pena na súa metade inferior, o que abarca un arco punitivo que vai de 15 a 20 anos de prisión, do mesmo xeito que no caso de Kaio A.S.C.

A este impúxolle un total de 20 anos e medio –17 anos polo asasinato e tres anos e medio polo roubo con violencia– pois indicou que a súa intervención no asasinato “non alcanza a entidade” da de Diego M.M. e Alejandro F.G. A Alejandro M.R. condenouno a 10 anos de cárcere xa que, ao tratarse dun cómplice de asasinato, sinalou que procedía impor a pena inferior en grao que, neste caso, abarca un arco punitivo de 7 anos e medio a 15 anos de prisión.

Hoxe arrinca o ciclo “Cine por Mulleres”

0

Esta tarde de mércores 12 de marzo comeza a III Mostra Internacional de Longametraxes “Cine por Mulleres”. Dende esta mesma mañá, e ata o 30 de marzo, a cidade acollerá unha serie de proccións de cinema feito por mulleres.

apg_20250312_ALCALDESA_CASTRO_CINEMA_PARA_MULLERES_AGORA_003
Acto de inauguración

Hoxe mesmo abre o programa cunha Xuntanza do audiovisual galego no Ágora. Pola tarde o Ágora acolle unha Mesa redonda aberta baixo o título “Galicia: nós tamén producimos”. Moderada por Alexia Muíños, contará coa preseza de Chelo Loureiro, Emma Lustres, Gonzalo Castro, Ignasi Camós e Verónica Buide.

Ao remate, ás 20:30h, a película “As Neves”, da coruñesa Sonia Mendez, abre as proxeccións, que continuarán venres sábado e domingo, e repetindo mércores, venres, sábado e domingo das vindeiras 3 semanas de marzo.

PROGRAMA

Cartel Ciclo Cine por Mulleres coruna 2025

Programa Cine por Mulleres Coruña

As 10 longametraxes internacionais proveñen de Alemaña, Austria, Bélxica, Canadá, Francia, Italia, Romanía, Suecia, México e Reino Unido. Moitos deles foron multipremiados ao longo do pasado 2024, entre eles, proxectarase o gañador do Gran Premio do Xurado en Sundance, Sujo; o Premio do Público no Fantasia Film Festival de Quebec, Hunting Daze; o Premio do Público no Festival de Munich, premiada ademais no Festival de Tribeca, Samia; e como non, a película gañadora da VII edición do Festival Cine por Mujeres Madrid, gañadora tamén do Gran Premio do Xurado e doutros 2 premios no Festival de Locarno, Mond (Moon), da directora austríaca, nacida en Iraq, Kurdwin Ayub.

Moitas das películas españolas programadas contan tamén con diversos premios: Soy Nevenka, gañadora do Premio Axenda 2030 Euskadi Basque Country no Festival de San Sebastián; Los destellos, Premio Mellor Interpretación en San Sebastián; Nina, Premio da Crítica en Málaga; Salve María, Goya á Mellor actriz revelación, Mención do Xurado e 3er P emio da Mocidade en Locarno e La Infiltrada, gañadora do Goya á Mellor película e Mellor
actriz, Premio á Mellor Película Española da VII edición do Festival Cine por Mujeres Madrid.
Así mesmo, varias delas foron seleccionadas nos festivais de Málaga, San Sebastián, D’A, As Palmas e a SEMINCI de Valladolid e nomeadas aos Premios Goya.

As entradas para todas as sesións teñen un prezo reducido de 4,5 euros (3 euros con bonificación).

Aprobado o orzamento da Coruña ao non presentar PPdeG e BNG unha moción de censura

O Concello da Coruña ten aprobado desde este mércores un orzamento de 379 millóns para este exercicio 2025 ao non presentar a oposición — PP e BNG — unha moción de censura tras a cuestión de confianza, vinculada ás contas, á que se someteu a rexedora, a socialista, Inés Rey.

Fíxoo o pasado 11 de febreiro despois de que, a diferenza do que ocorreu en 2024, os socialistas, que gobernan en minoría, non contasen co apoio do BNG para a aprobación das contas. O motivo foi a denuncia por parte destes de incumprimentos en acordos pactados para ese ano.

Agora, aínda que a entrada en vigor aprazarase un pouco xa que non será ata que conclúa o prazo de exposición pública e o seu posterior públicación, A Coruña conta xa desde as pasadas doce da noite cun orzamento. O mesmo ascende a 379 millóns de euros, catro máis que o do ano pasado. Entre outras, inclúense partidas para un plan de barrios, cun investimento total ata abril de 2027 de 53,7 millóns de euros, e a creación dunha rede de oficinas de atención cidadá.

CRÍTICAS DA ALCALDESA

Sobre isto, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reprochou á oposición — PP e BNG — que non apoiasen o orzamento para este ano antes, unha vez que saíu adiante ao non presentarse unha moción de censura tras perder a cuestión de confianza vinculada ás contas.

Non sabemos que fixeron máis que facer perder o tempo“, sentenciou, a preguntas dos xornalistas, para insistir en que cando se publique o Boletín Oficial da Provincia e conclúa o prazo de alegacións empezarase “a traballar e executar uns orzamentos que van mellorar a cidade”. “Uns orzamentos de carácter social”, insistiu para incidir en que buscan “a tracción económica e cultural” en alusión ás actuacións e investimentos previstos.

Por outra banda, cualificou dun “desnorte absoluto” as críticas do PP ao acordo extraxudicial coa empresa concesionaria da planta de residuos de Nostián. En relación ao tratamento de lixos, o BNG avanzou que presentará unha emenda a unha moción que o PP levará ao pleno do xoves e na que propón que se constitúa unha comisión especial que faga un seguimento do proceso de licitación do novo contrato.

O PSOE presenta unha proposta de Orzamentos para 2025 que poderían depender dunha cuestión de confianza

Tamén figuran 71 millóns para investimentos, xunto a actuacións en materia de mobilidade como a estación intermodal. Entre as primeiras, están partidas para a integración dos terreos portuarios, no marco do proxecto ‘Coruña Marítima’, ou a remodelación do Estadio de Riazor.

Ademais, inclúese investimento para rehabilitar o edificio da Terraza, futura sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), así como outras vinculadas á promoción de vivenda ou a creación de parques infantís.

 

A cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos non sae adiante

PP e BNG insisten en que non apoiarán os orzamentos 2025 tras o órdago de Inés Rey

Buscan a un home de 51 anos que falta do seu domicilio desde febreiro

SOS Desaparecidos alertou da procura dun home de 51 anos que falta do seu domicilio na Coruña desde o pasado 25 de febreiro, segundo recolle a información difundida. Trátase de Jesús Manuel, un home de 1,80 de estatura, complexión normal, pelo canoso e ollos marróns, especifícase sobre as caracteríticas do mesmo. Tamén se facilitan os teléfonos 649 952 957 e 644 712 806. Tras constatarse a súa ausencia, púxose denuncia ante o Corpo Nacional de Policía.

Alvedro sitúase como o único aeroporto galego que gaña pasaxeiros en febreiro, subindo un 6,7 %

Alvedro situouse como o único aeroporto galego que gañou pasaxeiros o pasado febreiro, subindo un 6,7 % en comparación co mesmo mes de 2024, segundo datos publicados este mércores por Aena. En concreto, o aeródromo coruñés rexistrou 98.562 usuarios nos 1.271 voos (+17,1 %) que operaron desde a súa pista en febreiro. Deles, 98.504 foron viaxeiros de avións comerciais, con 9.184 persoas que optaron por destinos internacionais. A terminal de carga do aeroporto da Coruña moveu o mes pasado 4,4 toneladas de mercadorías.

Pola súa banda, o aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou 185.997 viaxeiros, un 8,1 % menos que en febreiro do exercicio previo. Durante o mes pasado operaron na pista compostelá 1.559 avións, un 2,3 % menos, dos que 1.453 foron comerciais, con 186 internacionais con 23.092 turistas. En canto a carga, Lavacolla moveu 287,4 toneladas de mercadorías o mes pasado.

Así mesmo, Peinador tamén contabilizou un 1 % menos de usuarios en febreiro respecto ao mesmo mes de 2024, con 78.010 viaxeiros nos seus 850 voos. Destes, 60 foron a destinos internacionais, con 3.310 turistas. En canto a carga, desde Vigo movéronse 29,7 toneladas de mercadorías.

As historias das loitas das traballadoras da Coruña: “Non Calarás non é unha exposición máis”

Ía estar 12 días exposta na Mariña, pero a alerta obrigou a retirala durante esta pasada fin de semana. Hoxe, martes, voltou o sol e con ela a singular exposición “Non Calarás”, e ducias de persoas (veciñanza e pasaxeiros ingleses do cruceiro máis grande do mundo) achegábanse para botar unha rápida visión.

“Non é unha exposición máis”, explica María Xosé Bravo, da promotora AC Alexandre Bóveda. “A xente sorpréndese moito ao coñecer todas as historias que recolle”, sinala invitando a achegarse a ver unha mostra, financiada pola Deputación (foi un dos proxectos que gañou no 2024 un dos premios Luís Villalta para proxectos pola igualdade), que estará accesible ao lado da Autoridade Portuaria, ata o luns 17 de marzo.

A que non sabías da folga de lavandeiras no 1907? A mostra recolle historias de colectivos de traballadoras da Coruña ao longo do século XX que dan conta un forte movemento de empoderamento das mulleres como motor de loita social. Moitas delas vinculadas ao mar como as Vendedoras do Peixe ou as mandadeiras. Loitas protagonizas por mullerse que foron esquecidas como as das chambonas, as costureiras, as Irmandiñas, as cigarreiras, as labregas ou as cantareiras, que recolle unha cantiga de Genara e Estrela de Seaia (Malpica).

Unha ducia de historias para non esquecer máis tamén para homenaxear e reivindicar a “Rebeldía Galega”.
A entidade subirá o material creado, un libriño e os paneis, á súa web acalexandreboveda.gal nos vindeiros días.

Exposicion de Mulleres NON Calaras da AC Alexandre Boveda na Marina 2