Inicio Blog Páxina 174

Aprobado o traspaso do tráfico de Repsol ao porto exterio da Coruña

0

Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña deron luz verde á finalización do traslado ao porto exterior dos últimos tráficos da compañía, actualmente no Porto interior e con concesión ata finais de 2027, segundo informan.

Repsol prevé investir ata 140 millóns de euros para levar a cabo a segunda fase do traslado, elevando o investimento total a máis de 250 millóns de euros. Este proxecto para o traslado total dos tráficos suporá modificacións tanto no complexo industrial como nas instalacións portuarias en Punta Langosteira.

Os termos do acordo, que foron aprobados esta mañá no consello de administración da Autoridade Portuaria, asinaranse entre ambas as entidades nos próximos días e inclúen unha prórroga de 15 anos á concesión actual de 35 anos no porto exterior.

A nova superficie de ocupación total da compañía na dársena exterior alcanzará os 127.000 metros cadrados entre parcela de chan e lámina de auga. As actuacións inclúen a ampliación da área de bombeo, novas interconexións no interior portuario co trazado do poliducto existente e infraestruturas no pantalán actual.

Ademais, construirase unha nova fronte para atracada dos barcos no peirao comercial existente no porto. Tamén se contempla a posibilidade de engadir unha terceira fronte encostada ao cara sur do pantalán actual de Repsol, inaugurado en 2023.

Os tráficos operados por Repsol en ambos os portos alcanzaron os 10 millóns de toneladas en 2024 (máis do 60% do tráfico do porto coruñés), dos que 4,2 millóns de toneladas realizáronse no Porto interior.

“Con este traslado e as modificacións necesarias, as instalacións permitirán a xestión de novas materias primas de orixe orgánica e produtos baixos en carbono, o que contribuirá ao hub de enerxías renovables que supón o A Coruña Green Port”, informan.

Desartellada un importante punto de venda en Meicende

0

A Garda Civil de Arteixo levou a cabo unha operación contra o tráfico de drogas na área metropolitana da Coruña, que resultou na detención dun total de catro persoas e a incautación dunha cantidade significativa de substancias estupefacientes.

A investigación iniciouse en febreiro de 2025 en Meicende (Arteixo), por mor da detención dun individuo que se dedicaba á venda activa de drogas na zona. Esta detención inicial foi a peza crave que permitiu desentrañar unha rede máis complexa.

A partir da información obtida, a Garda Civil logrou identificar e localizar á persoa que fornecía a droga ao detido en Meicende. Este individuo residía en Culleredo, desde onde centralizaba a súa actividade ilícita.
As investigacións posteriores permitiron descubrir á principal provedora deste traficante, unha muller residente na cidade da Coruña.

A fase final da operación, executada en setembro de 2025, saldouse coa detención destas tres persoas: dous de Culleredo e unha da Coruña.
Como parte dos operativos, realizáronse rexistros nunha vivenda e un baixo na Coruña, así como noutra vivenda en Culleredo.

Durante os rexistros, a Garda Civil incautou o seguinte:

  • 1.332 gramos de cocaína.
  • 507 gramos de MDMA.
  • 210 pastillas de éxtases.
  • 6.630 euros en efectivo.
  • Dous vehículos e varios teléfonos móbiles.

Outras novas

Ingresan en prisión cinco do dez detidos nun operativo contra a droga en Meicende

En marcha as primeiras medidas para atallar a vaga de delincuencia en Meicende

Solicitan a cesión da parcela ocupada do polígono da Artística como medida contra a delincuencia en Meicende

Unha lectura dos nomes de menores asasinados en Gaza busca voluntarios no Obelisco

0

O Obelisco da Coruña será escenario o vindeiro venres, 3 de outubro, dunha lectura continuada dos nomes dos nenos e nenas palestinas asasinadas durante a ofensiva israelí en Gaza. Esta acción, que arrincará ás 08.00 horas, xa se repetiu noutros lugares, como Madrid ou Ourense, onde a semana pasada se reuniron ao redor de 200 persoas. A organización da acción ‘Os Nomes’, a cargo de BDS Galiza e CUAC FM, realizou un chamamento a través das redes sociais para a captación de voluntarios dispostos a participar na lectura, que poden porse en contacto a través do teléfono ou correo electrónico facilitado na convocatoria.

A través dun comunicado, lembran que a acción de protesta levarase a cabo de forma ininterrompida durante ao redor de 13 horas, unha estimación que noutros lugares foi maior. Por exemplo, en Ourense –onde arrincou á mesma hora prevista na Coruña– terminou á medianoite despois de 16 horas de lectura. Deste xeito, a cidade herculina únese a outros puntos do mundo onde se replicou esta acción. Bo exemplo diso é Madrid, onde interviñeron máis de 300 artistas, como Pedro Almodóvar, Miguel Ríos, Ester Expósito ou Macarena García.

A AELG organiza este domingo un roteiro para descubrir a vinculación herculina das Vellas de Mens

0

A Asociación de Escritores en Lingua Galega organizan un Roteiro As vellas de Mens na cidade da Coruña, guiado por  Icía Varela e Xosé Manuel Varela, autores dos libros Pandereteiras e Cantareiras. A cita vai ter lugar o domingo 28 de setembro, a partir das 12:00 horas, tendo como punto de partida o Teatro Colón, na Coruña. Non é necesaria inscrición previa.

Un paseo por tres espazos coruñeses de vinculación artística coas Vellas de Mens, engalanado con interpretación colectiva do seu enxebre legado musical con pezas como a «pandeirada», o «maneo», o «pasodobre de Mens» ou a «muiñeira punteada» xunto cun «valse» e «chotis», este moi descoñecido.

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

O Observatorio Coruñés detecta 42 incidentes de odio en Galicia en 2024

0

O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia rexistrou en 2024 un total de 42 incidentes de odio en Galicia, dos cales 33 foron agresións directas á comunidade LGTBI. Así o detallaron a presidenta da asociación Ás Coruña, Ana García Fernández, e a concelleira de Igualdade, Nereida Canosa, durante a presentación do sétimo informe anual no Concello da Coruña. O estudo recolle 205 casos atendidos ao longo do ano mediante 294 intervencións, o que supón case catro novos casos por semana.

A cidade da Coruña concentrou 18 incidentes, con 14 agresións, e por quinto ano consecutivo a vía pública foi o escenario máis habitual, seguida dos espazos domésticos e de lecer. O informe non rexistrou agresións sexuais en 2024, aínda que desde Ás Coruña advertiron de que a ausencia de denuncias non significa que non se producisen. Tamén subliñaron a necesidade de reforzar a presenza e o apoio institucional en provincias como Lugo e Ourense, onde a comunidade LGTBI conta con menos recursos de acompañamento.

As demandas máis frecuentes foron o asesoramento social, seguido do sanitario e do legal, ademais de consultas relacionadas coa educación e o ámbito laboral. O perfil das persoas atendidas vai desde un menor de 12 anos ata unha persoa de 70, cunha media de idade de 32 anos. Pola súa banda, a concelleira Canosa valorou a lixeira baixada de casos de odio respecto a 2023, pero advertiu de que non se debe caer no “triunfalismo” e apelou a manter o traballo constante en materia de igualdade e protección da diversidade.

A semana que vén abre reábrese ao tráfico rodado a avenida da Sardiñeira 

0

A inicios da semana que vén, previsiblemente o martes, o Concello prevé reabrir ao tráfico a avenida da Sardiñeira, tras completar a renovación do firme da calzada. Se ben as obras aínda non fican rematadas, si que se afronta xa a fase final de traballos da reurbanización da contorna da futura estación intermodal. Unha obra que supoñen un investimento de 1,5 millóns de euros.

Cambios nas rúas

O Concello habilitará o xiro á esquerda cara á rolda de Outeiro na confluencia da rolda coa avenida da Sardiñeira.

Ademais,  tras os estudos efectuados polo persoal profesional da área e as reunións mantidas coas e cos residentes no barrio, estes días xa se está a traballar na sinalización e no pintado dos cambios de sentido que entrarán en vigor este luns 29 nas rúas Francisco Catoira, Mariana Pineda, Borrallón e o treito de San Rosendo que conecta Francisco Catoira coa avenida da Sardiñeira.

 

A Coruña e municipios da área esixen á Xunta unha política aeroportuaria común: “Hai que superar as políticas cortopracistas”

Concello da Coruña e outros municipios da área metropolitana, así como representantes da Deputación coruñesa, mantiveron unha reunión no consistorio herculino tras a cal esixiron á Xunta unha política aeroportuaria común. “Hai que superar localismos”, sinalou a alcaldesa coruñesa, Inés Rey, ao informar os medios de comunicación sobre o contido do encontro. Nel, acordouse demandar á Xunta unha mesa política de coordinación, con presenza das catro deputacións provinciais, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as sete cidades galegas.

A rexedora herculina, sobre o abordado na reunión, sinalou que o obxectivo coa súa proposta é que se pense “en Galicia”. “E superar as políticas cortopracistas”, manifestou para incidir en que o obxectivo da súa proposta de crear unha mesa de coordinación é pedir a Aena “unha política aeroportuaria con visión de país” e que se dote aos aeroportos galegos das conexións necesarias. Neste sentido, incidiu en que o aeroporto do Porto, cun tráfico de 15 millóns de viaxeiros, conta con 5,7 millóns que son procedentes de Galicia cando os tres aeródromos galegos aglutinan a 5,9 millóns de viaxeiros.

“Son datos que teñen que facer reflexionar”, engadiu para asegurar que hai que ver que destinos implantar en Galicia e en función tamén das necesidades de cada aeródromo. “Establecer os perfís necesarios”, precisou para incidir en que nada ten que ver o da Coruña cos de Santiago ou Vigo. “Esiximos á Xunta que lidere unha mesa política e nos convoque”, reiterou para asegurar que é o momento de “mirar a Galicia” e “afastarse de localismos e de competencias absurdas”. “Hai que estar á altura”, engadiu para incidir en que se debe facer unha fronte común para as demandas a efectuar a Aena.

As traballadoras dos Coidados esixen unhas condicións dignas

0

As traballadoras das residencias privadas da terceira idade, centros de día e servizos de axuda no fogar están secundando este xoves a cuarta xornada de folga convocada pola CIG neste mes de setembro para demandar condicións salariais e laborais dignas. Para visibilizar a súa loita, e ante as dificultades que implica levar adiante unha folga con servizos mínimos abusivos, as traballadoras mobilizáronse en distintas localidades ao longo de todo o país e diante de numerosos centros residenciais, arroupadas ademais, polas persoas usuarias.

A CIG-Servizos valora o 100% de asistencia, a pesar dos servizos mínimos “abusivos”, para denunciar unha máis que necesaria reclamación de convenios dignos e salarios decentes.

 

Concentracion Coidados Corunha Orpea-Bouco-Folga
Concentración na residencia Bouco

No SAF

Piden que se reactiven os convenios laborais, como do SAF, caducado hai 12 anos, e que provoca que perduren “horarios incompatibles coa vida persoal”, soldos por debaixo do mínimo, a falta de protocolos de seguridade para as traballadoras. . “Prestamos servizo en domicilios nos que se producen ameazas, acosos e agresións”.

Tamén fixo fincapé na total ausencia de axudas técnicas “mesmo para mover a persoas de máis de 100 quilos de peso”.

Concentracion traballadoras coidados Corunha Caser_A Zapateira
Concentración na residencia de Caser da Zapateira

Ratios insuficientes nas residencias

A escaseza de persoal provoca unha sobrecarga de traballo “brutal” que impide que as empresas poidan atopar persoal disposto a traballar nestas condicións laborais de precariedade derivadas dun convenio que expirou en 2024. Neste senso, lembrou que unha traballadora pode atender até 15 persoas ou máis. “Eu mesma, cando traballei nunha residencia, tiven que deitar unha noite a 25 persoas”.

“Moitas de nós cobramos por debaixo do salario mínimo, pero complementamos con pluses como antigüidade ou festivos e domingos”.

 

#OrgulloTerceiroSector, a nova campaña das entidades sociais para visibilizar o seu fundamental papel na sociedade

0

A realidade é que a meirande parte da sociedade non sabe nin o que significa o Terceiro Sector.

Por iso todas as organizacions non gubernamentais que se dedican a traballar polo ben social necesitan poñer en marcha a campaña #OrgulloTerceiroSector. Así o contan dende Rede Europea contra a Pobreza (European Anty Poberty Network, EAPN Galicia). Nestas semanas, as 35 entidades que forman a rede sacan peito do seu papel fundamental como axentes claves na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables.

Pero falan tamén en clave económica, e da necesidade de seguir afondando na profesionalidade do terceiro sector, destacando que, aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúe un xerador de riqueza (máis do 2% do PIB) e emprego (máis de 60.000 empregados en todo o estado).

Terceiro Sector: xerador de emprego e riqueza

As entidades que forman parte do Terceiro Sector de Acción Social son un axente máis do sistema de servizos sociais, de emprego, acceso a vivenda, sanidade, etc.

O “Barómetro del Tercer Sector de Acción Social, en España 2024” publicado pola Plataforma de ONG de Acción Social revelou que o Terceiro Sector move máis do 2% do PIB en España, traducidos en máis de 19 mil millóns de euros que ingresa anualmente este sector. Segundo este estudo, realizáronse 47 millóns de intervencións no ano 2023.
Asemade, o Terceiro Sector contribúe na xeración de emprego: neste último ano máis de 600.000 persoas estiveron empregadas e 1,4 millóns traballaron de forma voluntaria.

As entidades

Cómpre poñerlle nome a todas esas entidades que forman esa necesaria rede: Accem, Acción contra a Fame, Asemblea de Cooperación pola Paz, AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), Arela, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia – AEIGA, Asociación de Migrantes de Galicia – AMIGA, Asociación para a prevención e a educación social – APES, Axuda en Acción, Federación Autismo Galicia, Boa Vida Inclusión Activa, Cáritas Lugo, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, Cáritas Ourense, Cáritas Tui-Vigo, CDR O Viso, CDR Portas Abertas, COGAMI, Dano Cerebral Galicia, Down Galicia, Fundación ECCA Social, Ecos do Sur, Emaús Galicia, Fundación Amaranta, Fundación Érguete Integración, Fundación Esplai, Federación Alzheimer Galicia – FAGAL, Hogar Sí, Fundación JuanSoñador, Fundación Meniños ,Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Gitano, Igaxes, Médicos do Mundo, Movemento pola Paz, o Desarme e a Libertade (MPDL), ONG Mestura, Poten100mos, Provivienda e Saúde Mental FEAFES.

Máis novas

Acampa pola Paz fai un chamamento de urxencia a toda a sociedade para esixir o fin do xenocidio en Gaza

A Escola Coruña de Senegal xa ten paneles solares gracias á ONG Ecodesarrollo Gaia

A “movida” medioambiental de San Amaro que reinserta e conciencia

Institucións Penitenciarias recoñeceu o papel da Fundación Érguete polo Día da Mercé

Os traballadores municipais de Cambre volveron á rúa para esixir “un traballo digno”

0

As traballadoras/es do Concello de Cambre, logo da Asamblea de traballadoras/es celebrada hoxe mes decidiu, por unanimidade, reanudar concentracions ante unha situación que non variou absolutamente nada dende o cambio de goberno, acontecido hai xa 5 meses.

Así, esta mesma mañá, protagonizaron unha nova concentración (nunha das últimas representaran mesmo o sepelio dos seus dereitos laborais), oficialmente comunicada, diante do Concello, para denunciar a situación de desamparo que viven dende hai anos.

“A situacion deste centro de traballo e insostible”, explican. “As traballadoras/es facendo tarefas moi por enriba das súas funcións, sen cobrar parte do soldo por excusas variadas, suplindo a escaseza de persoal, que a que pode fuxe a traballar noutro lugar, sen luz ao final do tunel dun futuro laboral xusto”.

Por todo isto, reclaman “retribucións e condicions laborais axeitadas para os traballadores, porque iso vai ser o que axude a este concello a camiñar pola transicion que ten que facer hacia unha administracion do seculo XXI”. O primeiro paso, téñeno claro: A Relación de Postos de Traballo ou RPT.

Traballadores Concello Cambre RPT 6

Novas de comezos de ano

Cambre segue paralizado por dentro e por fóra

Os traballadores municipais de Cambre ofician o enterro dos seus dereitos