Inicio Blog Páxina 197

A Fundación Secretariado Xitano, rompendo prexuizos dentro e fóra da comunidade

A Fundación Secretariado Xitano da Coruña recibía onte a visita institucional comandada pola subdelegada do Goberno na provincia María Rivas e a xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, Manuela Vilaboy, no marco dos actos con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

A directora territorial da entidade en Galicia, Eva Vera, e a coordinadora da fundación na Coruña, Maite Serra, recibiron a comitiva e debullaron o traballo de inclusión das 13 persoas que traballan no centro situado no Peruleiro, un dos tres que ten a fundación na provincia xunto aos de Santiago e Ferrol.

A entidade traballa a día de hoxe con máis de 2.500 personas en Galicia, a través de proxectos singulares, como o “Programa Calí”, que promove a igualdade das mulleres xitanas e que xa vai pola súa terceira edición.

Un programa destinado ao empoderamento das mulleres xitanas mediante a adquisición de competencias que as axuden no seu desenvolvemento e independencia persoal, en clave de inserción laboral e participación cidadá e social. Un programa que rompe barreiras, elimina prexuízos e estereotipos dentro e fóra da comunidade.

Este programa, indicou, permitiu atender a 116 mulleres en Galicia en 2023 a través de itinerarios individualizados, ademais de abordar 35 casos de discriminación e realizar 29 sesión de sensibilización en
conciliación e igualdade de xénero, prevención de violencia de xénero e igualdade de trato e non discriminatorio.

A entidade ten tamén un programa con mulleres que sofren situacións de violencia de xénero para que poidan ter acceso aos recursos especializados, que este ano inclúe, por primeira vez, un recoñemento da especifididade das mulleres xitanas.

Material informativo e educativo

A subdelegda e a xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller tamén aproveitaron a visita para facer entrega á fundación de material informativo dos servizos de atención e protección a mulleres vítimas
da violencia machista (Atempro); dos centros COMETA; do teléfono 016, e da aplicación Alertcops da Policía Nacional. Ademais, indicaron que poden solicitar servicios específicos da Subdelegación, como a presenza de MAVI, a maleta viaxeira que leva contos vinculados coa violencia de xénero para que as crianzas poidan identificala con claridade.

 

Máis novas

A escolarización, a inserción laboral e o coñecemento da cultura, os camiños do Secretariado do Pobo Xitano para unha integración real

Sofía Vázquez, a xitana de Mulleres Colleiteiras: “Onde antes nos pechaban portas, agora nos chaman polo noso bo facer”

Por que o #Aquítaménsefala trascende o IES Rafael Dieste

0

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Publicada no DOG a cesión de terreos do Concello da Coruña para vivendas de promoción pública

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o acordo do Concello da Coruña de cesión gratuíta de parcelas do patrimonio municipal do chan para a construción de vivendas de promoción pública.

O mesmo adoptouse na Xunta de Goberno Local do pasado 7 de febreiro polo que se decidiu a cesión gratuíta de parcelas á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.

En concreto, trátase de parcelas situadas en cálea Rei Abdullah e na zona dos Rosales, así como no Lugar de Pedro Fernández 1, neste caso varias.

O DOG publica o acordo de exposición do citado expediente a efectos da presentación das reclamacións ou alegacións que se estimen oportunas e a notificación do mesmo ao Instituto Galego de Vivenda e Solo e á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.

Rescatado un golfiño varado na praia do Orzán, na Coruña

Un golfiño varado na praia do Orzán, na Coruña, foi rescatado este martes por persoal municipal, segundo informaron a Europa Press desde o consistorio.

O aviso chegou despois do oito da mañá, entre o oito da mañá e o oito e media, por un golfiño varado no citado areal, á altura do Colexio Salesianos.

Participaron efectivos da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil para tentar devolvelo á auga, aínda que volvía a terra, precisaron.

Posteriormente, membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e Cruz Vermella levárono bhaía dentro nunha lancha para soltalo. Fontes municipais indicaron que se seguirá pendente por se volve, o que non se descarta nestes casos.

Investigan a aparición dun cadáver en avanzado estado de descomposición nun edificio abandonado da Grela

0

Axentes do Corpo Nacional de Policía abriron unha investigación en relación á aparición dun cadáver en avanzado estado de descomposición na Coruña.

Á espera do resultado da autopsia, non se descarta que se trate dunha morte natural aínda que o estado no que se atopou o corpo dificulta ratificalo ata que non se fagan as probas pertinentes.

A Policía Nacional requiriu na tarde do martes a intervención dos bombeiros ao atoparse un cadáver en avanzado estado de descomposición nun cuarto pisto edificio abandonado nunha zona próxima ao polígono da Grela.

Detido un home por ameazar a un menor en Cambre para roubarlle o móbil

0

Un home foi detido pola Garda Civil por ameazar cun cúter e un martelo a un menor para roubarlle o móbil no municipio coruñés de Cambre. O xulgado de garda da Coruña decretou o seu ingreso en prisión.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, este individuo foi detido como presunto autor dun delito de roubo con violencia e dúas de ameazas na chamada operación Sinto.

O 3 de marzo, un dos menores denunciou que estaba que en compañía doutro menor nunha máquina de ‘vending’ en Cambre cando apareceu o agora detido coa cara cuberta por unha carapucha e unha máscara cirúrxica. Alí, ameazouno cun cúter no seu costado para que lle entregase o móbil –os efectos subtraídos ascenden a un valor de 960 euros–.

Tras isto, o xerente do local de ‘vending’ atopábase realizando labores no interior, sen ser testemuña do sucedido, cando o menor acudiu xunto a el para solicitar a súa axuda. Nese momento, o presunto delincuente volveu ao lugar para ameazar ao menor con que lle facilitase a clave de desbloqueo do móbil, polo que interveu o responsable do local en favor da vítima, ante o cal o agora detido sacou un martelo e ameazouno de morte.

Así mesmo, houbo outra denuncia o 29 de febreiro da empregada dun estanco por recibir ameazas deste home para que lle entregase varios paquetes de tabaco. Os efectos subtraídos foron devoltos aos seus donos.

O sector ecolóxico galego fai un balance positivo da feira BioCultura A Coruña

O recinto de EXPOCoruña acolleu durante esta fin de semana a sexta edición da versión galega da feira BioCultura A Coruña 2025., convertíndose no epicentro da produción e do consumo ecolóxico en Galicia. 

Case 14.000 pasaron pola feira para gozar dos postos de alimentación, cosmética, textil, artesanía… para aprender nos singulares talleres formativos e para degustar as creacións máis innovadoras.

Todo ademais cun “feedback” moi positivo o recollido en cada posto, que deixa ademais a porta aberta a que o consumo ecolóxico e o ecoturismo sigan medrando. “Queda moito por facer”, sinala Ángeles Parra, directora da feira, que destaca o éxito de actividades, como o Festival de Ioga do Noroeste, o Día da Nutrición, Saúde e Natureza ou as infinitas propostas do showcooking ecogastronómico e o showroom da Plataforma EcoEstÉtica…

BioCutura Coruna talleres

O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, CRAEGA, AGACAL, Deputación da Coruña, Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, concello, Turismo Coruña, Clúster de Turismo de Galicia, Deputacións de Lugo e Ourense, entre outros.

Biocultura Coruna gastro

SECTOR ECOLÓXICO ATLÁNTICO

Segundo os últimos datos do GRAEGA, o sector ecolóxico galego conta xa con 46.967 ha (datos de 2023). A estas alturas, debe haber preto de 50 mil hectáreas. O sector ecolóxico galego ten dous polos territoriais moi diferenciados: a provincia de Lugo é a que leva o peso da produción con 478 operadores; e a provincia de Pontevedra é o que máis leva a industria, con 140.
En canto ao consumo, A Coruña é a xoia da coroa. Por iso, segundo explica María José González, responsable do Departamento de Promoción da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, “BioCultura A Coruña é un bo escaparate para este sector da produción ecolóxica certificada que achega aos consumidores un produto diferenciado coa garantía da etiqueta CRAEGA”. A feira acolleu a un gran número de produtores galegos que presentaron ao público un sinfín de produtos ecolóxicos de exquisita calidade: algas, mel, lácteos, carnes, verduras, ovos, froitas, conservas, herbas medicinais e infusións… que, segundo Mª José González, “contan coa garantía ecolóxica que ofrece o organismo certificador en Galicia, o CRA”.

 

 

View this post on Instagram

 

A post shared by BioCultura ® (@biocultura)

Recibidas unha vintena de propostas para o deseño da fachada marítima

O proceso de participación cidadá que se puxo en marcha dentro do proxecto ‘Coruña Marítima’, para o deseño da zona dos peiraos coruñeses, comezou, segundo a Autoridade Portuaria e o Concello, “de forma moi positiva xa que nas primeiras 48 horas recibíronse 20 propostas remitidas por entidades e cidadáns particulares“.

O pasado xoves púxose en funcionamento a web www.corunamaritima.com, cunha caixa de correos de suxestións, e só nos dous primeiros días recibíronse as 20 propostas, entre elas a solicitude da Plataforma Defensa do Común da necesidade de incorporar á web máis información. Dúas delas refírense a cuestións vinculadas a administracións concretas, á marxe do ámbito da fachada portuaria, e foron remitidas a estas institucións.

As restantes, engade, son na súa práctica totalidade achegas de carácter construtivo, nas que se solicita a incorporación de equipamentos sociais, culturais, recreativos ou deportivos, así como melloras na mobilidade, entre outras propostas. Desde a Comisión Coruña Marítima (integrada polo Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, Portos do Estado, ADIF e a Autoridade Portuaria) agradécese a participación. Con todas as suxestións realizarase un informe final e serán, ademais, trasladadas ao equipo técnico que redactará o prego para convocar o concurso do Máster Plan que definirá o futuro dos espazos portuarios e ferroviarios do porto interior.

Solicitan a inclusión de máis información na web de Coruña Marítima

O Entroido de Samede revive o rural

Marabilla ver como as aldeas do noso rural están recuperando os entroidos ancestrais que foron arrasados pola época franquisca. Polas terras do Xallas temos aos Ben Vestidos e Varridoiros de San Xoán de Grixoa; ou pola banda de Bergantiños temos lonxevos exemplos de recuperación como os Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda (Malpica) ou o recén recuperado Antroido do Burro de Valenza de Coristanco.

Ben parecidos aos Madamitos e Ghuadineros cerquedáns son os Bonitos e as Bonitas, as Máscaras e os Carolos do Entroido de Samede. Un Entroido que está sendo recuperado neste lugar do Concello de Paderne (comarca de Betanzos), dende hai 10 anos pola Asociación CRD Entroido de Samede coa axuda da A.C. Son D’aquí, de Monte Alto, onde xa se viviu a semana pasada unha previa escolar.

Persoeiro do Entroido de Samede
Persoeiro do Entroido de Samede

Este domingo, as aldeas da parroquia de San Xulián de Vigo que coliden con Samede (ou San Amede como lle chaman tamén pola zona) gozaron do desfile de Bonitos, Máscaras, Carolos, e tamén dos Vexigueiros, os Demos, e os demais persoeiros que están rescatando dende o lugar que formaban parte daquel mítico entroido que só lembraban as máis maiores do lugar.
Espectaculares os traballados disfraces feitos con peles, madeiras, vimbio e demais materiais orgánicos (ou convertindo latas de conservas en chocas), con persoeiros como o oso ou o xabarín que facían as bromas a todos os despistados.

Persoeiro do Entroido de Samede 1
Persoeiro do Entroido de Samede

Despois do desfile, o comitiva xa fixo parada e fonda na carpa, onde comezaba, primeiro co baile infantil e despois co de adultos, a Muiñeira Cruzada. Un baile recuperado tamén e que te que ten un punto moi singular.
As xentes do lugar engalanadas cos seus traxes brancos con cinchas de cores, e sombreiros cheos de plumas, gozaban da tradición, ao igual que as ducias de persoas chegadas dos arredores, de Coruña, pero tamén de Portugal (un bus de maiores visitou a festa) e mesmo unha expedición búlgara, país co que o Entroido de Samede está irmandado.

Muineira Cruzada do Entroido de Samede
Muiñeira Cruzada do Entroido de Samede

A carpa quedou pequena e os tickets de churrasco tamén para acoller o fervedoiro de cultura e gañas de festa que había despois deste exercicio necesario de recuperación dun entroido ancestral, e de rescate, ao mesmo tempo, do noso rural.

Máis novas

Monte Alto tamén recupera o Entroido de Samede

 

O PP urxe ao goberno local da Coruña unha solución polos “ruídos” na Casa Veeduría

0

O portavoz municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo levará a pleno “o problema de ruídos” producidos, segundo denunciou, pola maquinaria de ventilación e climatización da Casa Veeduría, na Cidade Vella.

Acompañado por veciños, indicou que, tras finalizar as obras de rehabilitación dunha parte do edificio en decembro, en xaneiro puxéronse en marcha as citadas máquinas. “Os veciños teñen que soportar un ruído ensordecedor desa maquinaria durante moitas horas do día e mesmo da noite”.

“Estamos case falando dun problema de saúde, once horas de ruído”, recalcou para asegurar que veciños pediron que a Policía Local medise o ruído “e non lles han boto caso”. “Un veciño fixo unha medición de entre 62 e 70 decibilios cando o máximo son 40”, apuntou.

Fíxoo ao pedir á rexedora unha “solución”. “Falta diálogo cos barrios”, manifestou tamén para solicitar, ademais, o apoio en pleno á moción que presentarán os populares no pleno do xoves.