Inicio Blog Páxina 206

A xerencia da área sanitaria implantará nos próximos días o “botón do pánico” fronte a agresións

0

Tras dúas semanas de mobilizacións esixindo medidas concretas para afianzar a seguridade dos profesionais da sanidade pública, a xerencia da área sanitaria da Coruña e Cee vén de anunciar (enviando a información antes á prensa que á propia comisión) que as medidas propostas fronte ás agresións a persoal están “rematadas ou en fase de execución” e destaca o “avance” no desenvolvemento do decálogo proposto. Entre outras cuestións, apunta á implantación nos próximos días do “botón do pánico”. En referencia ás medidas, alude ás analizadas entre a dirección da área sanitaria, a Comisión de Centro e os xefes de Servizo de Urxencias, Saúde Mental e Orde Interna e Seguridade, das que engade que foron presentadas tamén ao comité de seguridade e saúde.

“Incrementáronse os efectivos de seguridade no servizo de Urxencias cunha segunda presenza de 12:00 a 00:00, tramo horario de maior afluencia de pacientes no servizo, o que no sitúa por enriba de hospitais como o Doce de Outubro ou Ramón e Cajal”, cita como exemplos. Ademais, engade que “están conformados os grupos de traballo tanto en Atención Primaria como en Atención Hospitalaria coordinados polos responsables dos servizos implicados para a revisión e actualización dos protocolos” e “practicamente terminado o traballo do grupo encargado da análise causa-raíz”, da que a próxima semana di que se terá o informe.

Todo iso despois da agresión a un enfermeiro e a un vixiante de seguridade por parte dun paciente psiquiátrico o pasado día 3. Entre outras cuestións, sinala tamén que se puxo en marcha un circuíto de atención psicolóxica a profesionais da área sanitaria da Coruña e Cee, ao que suma asesoramento e apoio xurídico ou a posta en marcha da nova unidade de saúde mental no Hospital Marítimo de Oza. A xerencia fixo público o comunicado despois de que o xoves persoal do complexo hospitalario volvese mobilizarse en demandas da aplicación “xa” de medidas.

 

As/os traballadoras/es do CHUAC volveron manifestarse “Por un entorno seguro no traballo”

Hoxe coñecerase a gañadora do premio Trini Falcés á mellor curta do Norte Cinema Diverso

Hoxe, o único festival LGTIQ+ de Galicia porá o broche a 3 días de proxeccións e reiinvicacións. Saberase ademais quen levará o zoco de Elena Ferro como gañadora do Premio Trini Falcés á mellor curtametraxe.

A derradeira xornada do festival coruñés Norte Cinema Diverso empezará coa habitual sesión de balde da matinal do sábado no Teatro Colón. A partir das 12:00 do mediodía, poderanse ver o resto de  traballos que optan ao Premio, entre elas Ese lugar partido (da directora coruñesa Inés Pastor, que  narra, a través de cartas, a historia de amizade de dúas persoas desde a súa infancia) e El que no se agache (do debutante director allaricense Agustín Segura, unha reflexión sobre as infancias cuir dun grupo de mozos e mozas).

Xurado NCD
Xurado do NCD

Completan a sesión as curtametraxes españolas Leo y Los siento e a mexicana En blanco y negro. Ademais, fóra de concurso, estrearase a curtametraxe Ela e eu, realizada por alumnos e alumnas do Centro Privado Concertado Plurilingüe Andaina da Coruña, baixo a supervisión de Domingo D. Docampo, director do obradoiro de introducción ao cine con móbil, organizado polo festival.

Ás 18:30hda tarde, con entrada tamén de balde, celebrarase unha charla con activistas como Federico Armenteros da Fundación 26D e cineastas convidados a esta terceira edición, entre eles os galegos Inés Pintor e Agustín Segura, o portugués João Pedro Rodrigues e os canarios David Velduque e Celeste González.

Ás 21:00 horas empezará a derradeira función de 2025, cunha gala presentada poladrag queen  Hornella Góngora. Entregarase o premio Trini Falcés á mellor curtametraxe, que se volverá proxectar, e botaremos o pano ao festival coa longametraxe española Alguien que cuide de mí, das directoras Daniela Fejerman e Elvira Lindo, que debuta detrás da cámara.

As entradas para a sesión nocturna custan tres euros e pódense retirar en ataquilla.com ou no despacho de billetes ás portas do teatro.

Hoxe arrinca o festival Norte Cinema Diverso

O contrato do lixo segue orfo

0

Apenas uns meses despois da “crise do lixo” provocada pola folga mantida polos traballadores do Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) da empresa concesionaria Prezero.

Unha folga que puña a cidade nunha situación tremendamente problemática, con toneladas de lixo acumulándose durante semanas nas rúas e numerosos de actos vandálicos que puñan en risco edificios, vehículos… que provo remataba cunha declaración de Emerxencia Sanitaria e a contratación da empresa Valoriza para paliar as consecuencias da folga traballando de xeito extraordinario fóra de proceso de concesión.

Uns meses antes do comezo da folga, a comezos de 2024, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulaba o anterior contrato con Cespa por incumprimento dos pliegos, provocando a convocatoria dun novo proceso de axudicación. Pero un ano despois o servizo de recollida de lixo segue orfo.

A Mesa de Contratación vén de rexeitar hoxe as alegacións presentadas hai 4 meses pola empresa Valoriza (a mesma que contratou o Concello durante a emerxencia sanitaria), que era a única candidata que quedaba trala anulación da anterior adxudicación polo TSXG.

Deste xeito, o servizo de recollida de lixo terá que licitar un novo contrato, que tardará máis dun ano en estar adxudicado (o anterior chegou a tardar 3…). “O servizo está sen contrato dende 2017”, segundo denuncia o PP, que reclama unha “solución urxente”.

Máis novas

Valoriza recolleu máis de 600 toneladas de lixo desde o inicio dos labores de emerxencia

Declarada a emerxencia sanitaria “total” na Coruña polo conflito de lixo

 

 

25 colectores incendiados noutra noite vandálica na Coruña

Seis comparsas optarán este sábado aos primeiros premios do Entroido

0

Seis comparsas optarán este sábado aos primeiros premios do Entroido coruñés no concurso de música e letra, segundo informa o consistorio. O evento celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) e as invitacións poderán ser retiradas ao longo deste venres no despacho de billetes da praza de Ourense ou mañá, sábado, no propio recinto, ata completar aforamento.

O humorista David Amor volverá ser o mestre de cerimonias este 2025, nunha gala na que haberá un total de oito actuacións, dúas fóra de concurso. As comparsas que participarán e optarán aos premios deste primeiro concurso serán Amigos da Xoldra, Malandros, Melandrainas, Montealto a 100, Os Maracos e Pantaleón. Ademais, tamén actuarán fóra de concurso Badabum Sorpresa e Os Kilomberos de Monte Alto. O concurso comezará ás 18.00 horas.

Poden ver nesta entrada o programa completo do Entroido herculino 2025:

‘A Paca’, choqueira do Antroido da Coruña do 2025

A Xunta advirte ao Concello da Coruña de sancións se non instala o quinto colector

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, advertiu ao Concello da Coruña de sancións se non instala o quinto colector.

“A lei é clara, non nos vai a quedar outra máis que facer os procesos sancionadores correspondentes”, aseverou, a preguntas dos xornalistas, con motivo da súa participación na presentación do II Plan Rexional Integrado de Enerxía e Clima, tendo en conta que a Lei Europea aprobada en 2008, obrigaba a todos os Concellos de máis de 5.000 habitantes a instalar a quinta fracción antes de 2023.

“O único que me consta é que tivemos reunións co Concello en 2023, chegamos a un acordo cordial para que fosen avanzando e cumprir coa normativa vixente, pero, a día de hoxe, o incumprimento é total”.

Así o expuxo a conselleira, que remarcou que o concello herculino “non está adherido para a recollida selectiva de plástico e de bricks, non hai o colector para recollelo”.

“Non nos vai a quedar outra máis que facer os procesos sancionadores correspondentes”, sinalou para incidir en que por parte da Xunta deuse “tempo suficiente”. “Estamos en febreiro e continuamos na mesma situación”, apostilou.

Os traballadores de Jardincelas amosan a súa preocupación ante o posible ERE

0

Malia non estar xa rúa en continua protesta como estiveron a comezos do ano pasado, o conflito laboral no seo da empresa Jardincelas, cuios traballadores presta  Servizos de Xardinería e Instalacións Deportivas do Concello de Culleredo.

Onte tivo lugar unha reunión entre os traballadores e o alcalde de Culleredo. Unha reunión socilitada por UGT unha vez que a empresa se atopa nestes momentos en concurso de acredores, cun Administrador xa designado, que xa solicitou ao Xuíz Concursal un ERE, é dicir, a extinción dos contratos de todos os traballadores inscritos na empresa.

Todo ademais despois de que a licitación dos lotes de mantemento dos xardíns do Paseo Marítimo e O Burgo quedasen desertos. O servizo fora sacado a licitación cun orzamento total de 2.192.889,89 euros.

O rexedor, José Ramón Rioboo, escoitou as  demandas laborais do Comité e mostroulles o seu total compromiso co mantemento dos seus postos de traballo. Lembra que a empresa adxudicataria do servizo (xa están traballando no novo proceso de licitación) deberá subrogar aos traballadores e garantir o pagamento que se lle debe aos empregados da mesma Jardincelas.

O rexedor referiuse tamén á sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 da Coruña, que desestimou a demanda presentada contra o Concello pola propia  Jardincelas. A empresa reclamara unha indemnización de 2,3 millóns de euros, máis os xuros devengados. Rioboo asegura que a sentenza conclúe que non está acreditado o enriquecemento inxusto que reclamaba a empresa e que, polo tanto, reafirma a boa fe que houbo ao longo do procedemento.

Por último, a próxima semana o Alcalde comprometeuse a manter unha reunión na que nos dará máis información sobre como se están levando a cabo estas actuacións e para tratar o tema dos Conserxes nas Instalacións Deportivas.

Máis novas

O conflito laboral en Jardincelas volve ás rúas de Cambre e Culleredo

O persoal de Jardincelas acordou suspender temporalmente a folga de limpeza nos concellos de Cambre e Culleredo

As personaxes trans acaparan os repartos da segunda xornada do Norte Cinema Diverso

Arrincou onte no Colón o Festival Norte Cinema Diverso, organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, e coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Universidade da Coruña. O  primeiro festival LGTBQ+ de Galicia trae 17 títulos nestes 3 días de proxeccións e charlas.

Abrirá a sesión do tarde do venres, ás 19:00 horas, o documental Memoria LGTBI+, dirixido polos coruñeses Ana Sanmartín, Fito Ferreiro e Domingo D. Docampo. A necesidade de manter viva a memoria do colectivo levou ao equipo deste documental a entrevistar cinco persoas maiores. O resumo das conversas deu como resultado un traballo que este venres poderemos ver no Teatro Colón e que presentarán o equipo de dirección e os seus protagonistas.

Desde Arxentina chegan as curtametraxes Yenny e Ena. A primeira visibiliza a realidade da transexualidade na infancia e destaca a importancia da figura dos avós. Ena é unha historia que explora a identidade desde unha perspectiva interxeracional.

O foco volverá colocarse  sobre o colectivo transexual con Isleteñas, documental no que as tres protagonistas narran con humor, crueza e sensibilidade a persecución que sufriron na dictadura franquista.

Para a sesión nocturna, a partir das 21:00 horas, quedan a cinta polaca Kobieta Z… (Women of), a loita pola súa liberdade persoal e identidade dunha muller trans, casada e con fillos; e as curtametraxes españolas A la carta, un traballo que mostra a importancia da búsqueda da identidade de xénero, e Transición, sobre o abandono das persoas trans na terceira idade. Esta última está protagonizada pola canaria Celeste González, unha artista que debutou como actriz na compañía galega Matarile, coa que fixo dez espectáculos entre 2007 e 2023.

As entradas para cada sesión custan tres euros e pódense retirar en ataquilla.com ou no despacho de billetes ás portas do teatro.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by NCD (@norte_cinema_diverso)

Máis novas

Hoxe arrinca o festival Norte Cinema Diverso

O NCD Educa é “moi necesaria porque hai persoas que se ven oprimidas e necesitan que a súa realidade se normalice”

A Deputación da Coruña convoca o XVI Premio Rosalía de Castro da Lingua

0

Son varios os concursos abertos dende a área de Cultura da Deputación da Coruña.

De feito, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases do XVI Premio Rosalía de Castro da Lingua. Trátase dunha iniciativa destinada a recoñecer iniciativas, traballos recentes e traxectorias de persoas, colectivos ou entidades “comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico” en todo o territorio autonómico.

Segundo informa o organismo provincial, o xurado terá “especialmente en conta a relevancia para o futuro do galego”. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de abril.

O certame, engade, repartirá un total de 15.000 euros en premios, 5.000 para cada un dos gañadores do tres categorías do galardón.

Unha modalidade remunerará á persoa que máis destaque na promoción da lingua galega de calidade e cunha identidade propia e unhas características xenuínas para empregala en todos os ambientes e con todos os estratos sociais; outra, á entidade que máis destaque na promoción da lingua galega; e unha terceira, ao proxecto concreto de dinamización lingüística que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade e que atenda espazos emerxentes de uso da lingua.

Os gañadores do ano pasado foron:

Pilar García Negro, Nova Escola Galega e ‘Aquí tamén se fala’ recollen o XV Premio Rosalía de Castro de Lingua

As/os traballadoras/es do CHUAC volveron manifestarse “Por un entorno seguro no traballo”

Nova mañá de mobilizacións a deste xoves 20 de febreiro no CHUAC. Un cento de profesionais secundaron a convocatoria da Comisión de Centro do CHUAC para seguir defendendo a necesidade de poñer en marcha medidas “extraordinarias e urxentes” contra as agresións a persoal sanitario.

Cos lemas “Por un entorno seguro no traballo” e “Stop Agresións”, lembraron que a situación é a mesma que o 3 de febreiro, cando aconteceu a agresión en Urxencias, e que seguen esperando unha reunión coa Xerencia da Área Sanitaria, trala presentación de varios escrito.

A concentración volveu dar a volta ao Hospital con arengas pedindo a “dimisión” da Xerencia pola “mala xestión”.

Sanitarios concentrandose no CHUAC contra as agresions

As medidas esixidas

Solicitan medidas de inmediata implantación como:

  • Apresenza permanente de dous gardas de seguridade 24 h,
  • Sistemas de alerta rápidos mediante botóns do pánico (en controis, salas de información e admisión, nos boxes onde se atenden ós doentes e a través do sistema informático ) e pulseiras do pánico,
  • Vixilancias individualizadas cun único paciente por profesional,
  • Os traslados dos doente axitados/agresivos serán con acompañamento de seguridade en todo momento con ratios de persoal na unidade adecuados,
  • A desaparición dos boxes de contención.
  • A designación dunha zona segura para atender estes doentes,
  • Especialistas en psiquiatría de presenza física 24 h,
  • Redución dos tempos de permanencia ós doentes de saúde mental,
  • Crear e publicitar os protocolos para garantir a seguridade e saúde de doentes e profesionais,
  • Formación para todo o persoal,
  • E recursos suficientes para poñer en práctica estes protocolos…

Máis novas

A Comisión do CHUAC critica, na previa dunha nova concentración, os novos recortes de persoal

A xunta de persoal do Chuac solicita ante Sanidade o cesamento do xerente tras “anos” denunciando “falta de seguridade”

“O Xerente da Área Sanitaria non sabe falar c@s traballador@s”

O colectivo sanitario sae á rúa para esixir “un traballo seguro”

O persoal sanitario concéntrase no CHUAC en apoio aos dous agredidos e esixindo máis seguridade

Marta Bobadilla (ACLAD): “Os centros de drogodepencias deberían estar integrados no SERGAS de forma real”

  • ”A drogodependencia, como calquera outra enfermidade, non atende a estratos sociais”.
  • ”Cocaína e cannabis son as problemáticas máis importantes, a día de hoxe, constatando unha baixada na idade dos consumos”.
  • ”Si que hai unha alarma social pero aquí ás demandas que recibimos son puntuais, e non son dos que se compra nas rúas.”

— — —

Moito se fala de drogas na cidade da Coruña, e para coñecer de preto a situación real, facemos parada no ACLAD, a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga. A entidade xestiona a única Unidade Asistencial de Drogodependencias da cidade da Coruña e da área comarcal, dende un curruncho agochado do Polígono da Grela, na rúa Ermida.

E tivemos a sorte de manter unha longa e interesante conversa con Marta Bobadilla, Coordinadora de Traballo Social do centro asistencial. Traeremos unha serie de análises sobre as 4 principais problemáticas sobre adiccións ás drogas que temos nas rúas da cidade (cannabis e cocaína, fundamentalmente, pero tamén sobre heroína e a nova mefedrona), pero antes, traemos unhas conclusións importantes a nivel estrutural e sobre os mitos que rondan as nosas rúas.

SERGAS?

Á nosa pregunta sobre a ubicación, Bobadilla prefire redirixir o enfoque.Eu creo que os centros de drogodependias deberían estar integrados no SERGAS de verdade. Estamos integrados funcionalmente pero…”, sinala con rotundade.

Ao longo da conversa, Bobadilla recorre constantemente a un paralelismo moi simbólico entre a súa miopía e a drogodependencia, entendendo que ambas deben ser tratadas ambas como unha enfermidade normal: Creo que o enfermo drogodependente debería estar cuberto dentro do Sergas. Paréceme algo discriminatorio co resto pacientes. Ti tes unha dermatitis e vas ao Sergas, pero aquí dependes de entidades”.

Porque o funcionamento deste centro é como unha especie de concesión: a Xunta subvenciona estas unidades de drogodependencia e conductas adictivas, que pertencen a entidades; se ben nalgún concello como Carballo son de dependencia municipal.

”Eu utilizo a axenda do Sergas pero realmente pertencemos a unha ONG, no noso caso ACLAD, que recibe axudas e doutras entidades. O meu contrato é con ACLAD, non co Sergas”, lamenta.

Así e todo Bobadilla lembra a importancia do servizo, que ofrece a “atención integral”, e que ao entrar un paciente o primeiro que fai e entrevistarse cunha psiquiatra, unha psicóloga e unha traballadora social. A partir de aí é cando se formular o itinerario para un tratamento paulatino. E aí reside a importancia dun servizo coma este. “Se lle pido a unha persoa que está na rúa que deixe de consumir, que vai pasar? Vas fracasar, hai que ir marcando obxectivos. Igual hai que comezar por poñer en orde os papeis, conseguir solución habitacional… e cando estea algo estable, podemos probar coa abstinencia, tendo en conta ademais que o máis difícil é non recaer”.

Perfil habitual moi distinto

Sobre o habitual, Bobadilla explica: “Ás veces temos na cabeza como perfil de drogodepente o heroinómano de antes. Agora non é así. Hai que quitar esa visión. Esa é a parte que máis chama a atención. Te sorprendería o que son”, sinalando que a día de hoxe pode haber xente con diversidade de profesións que teñen que acodir a este servizo. A drogodependencia, como calquera outra enfermidade, non atende a estratos sociais”.

”Hai moitos con dificultades sociais, porque o mundo das drogas te vai arrastrando nun camiño que te provoca que vaias deixando moitas cousas da vida, a nivel social, laboral, familiar, de saíde… Vai comendo moitas cousas da túa vida, e á hora de intentar volver (teño débedas, teño xustiza…) tes moito que traballar, e aí é cando te das conta necesitas axudas.
Tamén hai xente que deixou o seu traballo, deixou a formación a medias… por culpa das drogas e ao final vese con necesidade de axuda. O consumo arrastra
.

Panorámica de consumos

Facendo unha panorámica xeral sobre o consumo de drogas na cidade, fai incidencia nos “novos pacientes que se dan de alta en ACLAD”, porque reflicten moi ben o que “hai na rúa”.

  • XdC: A nivel xenérico, e facendo unha panorámica dos últimos 35 anos que levas traballando. Estamos mellor ou peor en materia de adiccións ás drogas?

En canto a consumos, eu creo que é distinto. Houbo unha evolución nos consumos. As substancias dos 80-90 ás de agora son moi distintas. Antes eran moitos consumidores de heroína inxectada, e hoxe en día existen eses pacientes, pero o paciente novo fundamental que demandan tratamento hoxe en día (e tamén e os pacientes crónicos que aínda seguen aquí), teñen un perfil doble: consumidores de cocaína ou consumidores de hachis, que entre os dous son o 80 e 85%. Segue habendo heroína pero os novos non son eses.

Logo hai outro perfil dende hai uns anos, é que hai unha baixada na idade de inicio importante. Os de cannabis sobre todo, demanda de tratamento de menores de idade, mentres que os consumidores de cocaína chegan algo máis maiores. Hai 20 anos un chico de 15 anos era excepción. Hoxe en día é habitual, se chega un chico de 15 anos non me chama a atención.

Fentanilo, “puntual”

Afondaremos na segunda parte da entrevista con ela máis sobre este tipo de consumidores, pero Bobadilla lembra que “O fentanilo é puntual. Non podo dicir que non haia fentanilo, e de feito é verdade que hai certa alarma social, só podo dicir o que recibo, pero que non o recibamos si é un reflexo”.
E fai unha visual á súa cartilla: “Teño diante unha páxina ao azar con 25 pacientes, 1 só comezou tratamento por opiáceos (heroína); 11 por cocaína; 10 por cannabis.
Hai algún inicio de tratamento de MDMA, extasis, mefedrona, benzodiacepinas… pero son puntuais, como o fentanilo”.

Sobre o Fentanilo explica “si chega algún paciente puntual, pero non é un fentanilo que estea comprando na rúa; apenas algún paciente que necesitou algún tratamento, por exemplo para unha dor de costas, e que quedou aí, e se lle vai das mans, pero para nós, non é unha alarma social. Ademais, é un tratamento puntual e facilmente tratable”.

Continuará…