Inicio Blog Páxina 226

As praceiras solicitan a suspensión de licitación municipal dos postos do Mercado de San Agustín

0

As placeiras do mercado de San Agustín veñen de remitir un escrito por rexistro dirixido á Concellería de Mercados esixindo a suspensión da licitación de concesión de postos ata que se subsanen erros rexistrados nos planos e doutro tipo.

Explican que os planos dos postos teñen as medidas incorrectas, que hai fotos contraditorias dos potos con respecto ao mobiliario que se cita no posto; e que hai mobiliario móbil que se licita cos postos pero que é privado dos ambulantes.

Igualmente, as praceiras (asinan o texto, entre outras, Gumersinda, Mª Carmen, Antonii, Madelino, Camelia, Ángela, Sara, Carlos ou Manuela) piden a suspensión da licitación ata que se “aclare por parte da administración pertinente as actividades dos postos xa que en varios casos se detecta que non se oferta a actividade que se desenvolve actualmente e que está autorizada pola administración que está licitando. É dicir, que se está licitando un posto destinado a unha activdade cando a actividade autorizada é distinta, o que imposibilita que a actual ambulante poida licitar o posto onde desenvolveu a súa actividade ata o de agora”.

Critican ademais que con estas condicións, “moitos dos posibles actuais ambulantes poidan quedar sen opción a lograr un posto no Mercado dado que para a súa actividade só se licitan os postos actualmente ocupados. Por exemplo, dous para panadería en licitación estando dous ocupados na actualidade en réxime de ambulancia, o que implica que alguén poida quedar en risco de non poder optar unha licitación xusta fronte a postos que aínda quedan valeiros pero que non se inclúen na licitación”.

As traballadoras das Escolas Infantís Municipais reclaman na rúa “feitos concretos”

Pasan os meses, pero as condicións das traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais seguen sendo moi precarias. A pesar as continuas mobilizacións nos últimos anos, e das promesas da Concellerí ade Educación, a negociación para actualizar o convenio segue paralizada.

Así o denunciaron este martes 20 nunha nova concentración no Obelisco. Acompañadas por algunhas das familias das escolas, que xa comezan a ser habituais nas protestas, voltaron saír á rúa, un semestre máis, para reivindicar melloras nas nosas condicións.

”Seguimos á espera de resposta por parte do Concello á implantación das táboas A no mes de setembro e dun encontro para empezar a concretar a elaboración dos novos pregos”, explican dende a CIG. Reclaman “feitos concretos” no cumprimento da moción aprobada no pleno do pasado 10 de abril que, entre outras cuestións, recolle o compromiso do Concello de elaborar á maior brevidade uns novos pregos que supoñan unha mellora no servizo educativo e asistencial, así como das condicións salariais, laborais e do calendario escolar.

Máis novas do conflito

Traballadoras de escolas infantís municipais da Coruña piden ás familias que se sumen ás súas mobilizacións

As traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais sacan a careta a Borrego

A folga das traballadoras das Escolas Infantís: “Somos educadoras, non coidadoras”

Nova xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día por un convenio digno

As traballadoras das residencias privadas de maiores e dos centros de día están secundaron este mércores a cuarta xornada de folga en demanda dun convenio que dignifique as súas condicións salariais e laborais e en resposta ao bloqueo patronal á negociación colectiva. Como nas xornadas anteriores, a folga está marcada polos servizos mínimos abusivos decretados pola Xunta, segundo denuncia a CIG.

Aproveitando a xornada sucedéronse as accións de protesta por todo o país con concentracións, manifestacións, actividades reivindicativas e incluso un enterro do convenio. Até 13 mobilizacións convocadas pola CIG noutras tantas localidades, ás que hai que engadir as protestas do persoal nomeado en servizos mínimos diante dos centros, para trasladar o apoio á folga e reivindicar tamén unha atención de calidade para as persoas usuarias.

“A patronal só ofrece miseria”

A través destas protestas, as traballadoras queren denunciar as propostas de miseria trasladadas pola patronal, que ten bloqueada a mesa de negociación dende o pasado mes de outubro. “Estamos reivindicando unhas condicións salariais e de traballo dignas, pero a patronal só nos ofrece migallas a pesar de ingresar beneficios millonarios e subirlle os prezos ás persoas usuarias”, critica Ana Domato, delegada da CIG nunha residencia privada da Coruña.

A CIG-Servizos lembra que este é un sector altamente feminizado e moi precarizado, no que a maioría das traballadoras cobran por debaixo do SMI e que rexistra unha elevada incidencia de enfermidades músculo-esqueléticas -que non están recoñecidas como profesionais- debido aos grandes esforzos físicos que se realizan.

“Pedímoslle á patronal que sente negociar con nós e chegar a acordos para un convenio novo que non sexa de mínimos, senón un convenio decente que é polo que estamos loitando”, asevera.

Ratios obsoletas

Domato pon o acento na sobrecarga laboral constante que ten que asumir o persoal pola falta de traballadoras e traballadores e o deterioro asistencial que esta precariedade supón para as usuarias e usuarios. “Na maioría das residencias unha traballadora soa atende a 10 ou 15 persoas dependentes e temos dúas horas para facerlle todo o que precisa (erguer da cama, aseo, cambio de cueiro etc.). Como lle podemos dar unha atención decente a estas persoas?, inquire.

Por iso, a delegada da CIG exixe unha actualización das ratios “que quedaron totalmente obsoletas” e que se adecúen ás necesidades reais dos centros. “Non pode ser que haxa quendas de noite con só dúas traballadoras para atender a 150 residentes; residencias de 60 persoas cunha soa auxiliar; ou que de noite non haxa presenza física de persoal de enfermería porque a Xunta decidiu en decembro mudar a orde de ratios e eliminar esta obrigatoriedade”, denuncia.

Traballadoras de Carballo e A Laracha tamén secundaron as mobilizacións.

Folga Residencias privadas Carballo 2
Manifestación das traballadoras da residencia DomusVi polas rúas de Carballo
Folga Residencias privadas Carballo
Folga na DomusVi de Carballo
Folga na residencia da Laracha
Folga na residencia da Laracha

Fiscalía mantén a súa petición de condena para o alcalde de Oleiros pola derriba da Casa Carniceiro

O Ministerio Público mantivo a súa petición de condena a 15 meses de prisión, así como 12 anos de inhabilitación, para o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, pola derriba, en decembro de 2020, da Casa Carniceiro, un ben catalogado pero, segundo o rexedor, en ruínas tras un incendio o que motivou a decisión adoptada. A mesma pena pide para o arquitecto, da área de Obras Públicas, que supervisou a execución das obras fronte ás peticións de absolución das súas respectivas defensas.

Na última sesión do xuízo, na Audiencia Provincial da Coruña, a Fiscalía insistiu nas preguntas ás últimas testemuñas na lexislación autonómica e a municipal sobre as condicións para permitir ou non a derriba, o que, sostén, non era posible sen a correspondente autorización autonómica. Fronte a iso, na súa declaración, o alcalde sostivo que non esixía autorización, e si comunicación, como se realizou, explicou, o día anterior á derriba. Ademais, remitiuse aos informes técnicos e ás decisións do seu equipo, entre eles a secretaria accidental no momento dos feitos e que hoxe declarou como testemuña.

LEXISLACIÓN

No seu caso, dixo que comprobou a lexislación autonómica e que non viu que “en ruínas” se esixise autorización e que así o transmitiu ao alcalde. Ademais, afirmou, a preguntas da defensa do rexedor — parte pola que compareceu como testemuña — que o obxectivo do consistorio era rehabilitar o inmoble e dotalo de servizos, descartando que houbese unha intención inicial xa de derriba. Os propietarios confirmaron, á súa vez, isto e tamén que iniciaron conversacións co goberno local para a cesión do inmoble.

Admitiron que cando se lles requiriu para adoptar medidas ante o estado no que se atopaba Casa Carniceiro tras o lume non o fixeron por falta de recursos económicos e que foi cando o concello asumiu as actuacións. Un perito achegado pola defensa do arquitecto imputado por estes feitos rexeitou que o edificio se puidese apontoar, para evitar unha demolición, ou que se puidese rehabilitar. “Todo o singular, desapareceu polo incendio”, insistiu para indicar que non eran “viables” estas actuacións. “O risco de colapso era cada vez maior”, insistiu.

Á súa vez, un arquitecto e técnico da Xunta aseverou que o inmoble era de “protección non integral” e manifestou que era necesaria unha autorización por ser “un ben protexido”. Sobre os elementos singulares destruídos polo incendio, sinalou que, aínda así, o que se protexe do ben é a “envolvente”, en relación ao que aínda quedou tras o lume. “Había que evitar calquera morte, calquera accidente”, sostivo na súa declaración do martes o rexedor, mentres que o arquitecto técnico municipal remitiuse aos informes técnicos e insistiu en que a demolición se fixo de acordo cos mesmos.

O Concello da Coruña realizará investimentos e arranxos no parque de Santa Margarita

O Concello da Coruña investirá un millón de euros no plan de melloras previsto no parque de Santa Margarita, que sae a concurso este mércores despois da súa aprobación na Xunta de Goberno local.

Así o informou, ao termo da mesma, a alcaldesa, Inés Rey. Cunha superficie de máis de 78.000 metros cadrados, o parque rexistrará unha nova transformación coa renovación e adaptación de camiños e ampliación de mellora de equipamentos, entre outras actuacións como a ampliación da zona de xogos infantís.

Noutra orde de asuntos, informou tamén da aprobación da nova convocatoria de axudas que permitirá acometer actuacións de rehabilitación en catro contornas de rehabilitación programada: Cidade Vella-Pescadería; o grupo de vivendas de María Pita, as Casas de Franco e o Barrio das Flores. A convocatoria inclúe un orzamento de máis de cinco millóns de euros.

Ademais, este venres deuse o visto e prace para que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) tramite o proxecto de interese autonómico que permitirá a creación de 4.300 vivendas protexidas no Monte Mero. Será de cara á construción de vivenda pública.

Así mesmo, aprobouse a saída a concurso das obras necesarias para crear unha fonte lúdica en Novo Mesoiro, a primeira deste tipo na Coruña e que suporá un investimento de 130.000 euros.

Por outra banda, A Coruña, Arteixo e Culleredo reforzarán a súa colaboración coa construción dunha gran zona deportiva na Zapateira. O tres concellos concorrerán xuntos a unha subvención autonómica. A proxectada zona deportiva de Montegolf aumentará así, informan, a súa oferta de lecer e deporte.

O Concello de Oleiros analiza a posible creación de dúas liñas internas de transporte público ante a inacción da Xunta

0

As queixas polo servizo de autobuses que afecta á veciñanza de Oleiros son continuas nos últimos anos. Pero en concellos como o de Oleiros, de menos de 50.000 habitantes, as competencias en transporte son exclusivas da Xunta da Galicia, que se ten comprometido a dar resposta neste mes a varias das demandas realizadas por parte do Goberno municipal.

En todo caso, e mentres a Xunta non avanza, o Concello de Oleiros estea a estudar a creación de 2 liñas de transporte público internas no municipio para atender aquelas zonas máis desatendidas polo servizo de transporte da Xunta.

“A intención é crear unha liña que dea servizo á metade norte e outra para a metade sur, conectadas en varios puntos para facilitar o transbordo, cunha frecuencia que anime a usar o bus”, explican dende o Concello.

Para poñer en marcha este servizo, o Concello reuniuse coa empresa que ten a concesión do transporte na comarca da Coruña. Neste momento, xa existe un proxecto inicial para ambas liñas, que está a ser analizado con detalle por parte do Goberno municipal para acadar o obxectivo de lograr un bo servizo que atenda o mellor posible as necesidades de mobilidade existentes.

 

Forte malestar veciñal en Oleiros ante a eliminación de autobuses

O Concello de Oleiros considera un “insulto” o “reaxuste” proposto pola Xunta para os buses a Coruña

“Perdemos o bus directo á Coruña dende Sada e Oleiros”

A veciñanza fai a súa análise do fallido proceso participativo de Coruña Marítima

0

“Por unha recuperación xusta dos terreos portuarios”, é o título da charla informativa que organiza a Asoc. de Veciños de Monte Alto, xunto coa Plataforma Defensa do Común arredor do proxecto Coruña Marítima.

Porque como as administracións están unicamente pola “información institucional”, esquecendo á veciñanza tanto do proceso de participación como da conta de resultados, dende as entidades veciñais consideran esta forma de transmitir a información unha “dregradación da participación real da veciñanza”.

Por iso, as entidades sociais preparan unha xornada para este mércores onde aportarán “outra visión”. Varios colectivos analizarán o proxecto esta tarde de mércores 21 de maio, ás 19:00h na Biblioteca veciñal do Campo de Marte, en Monte Alto.

Máis novas

Aproban definitivamente a licitación da redacción da plan da fachada marítima a pesar das críticas

Os requisitos do polémico proceso de licitación do Máster Plan Coruña Marítima que alonxa aos profesionais locais

Lembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a titularidade dos terreos

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

 

Aproban definitivamente a licitación da redacción da plan da fachada marítima a pesar das críticas

Xa está en marcha o ‘Máster Plan’ do proxecto Coruña Marítima, sen dúbida, un dos proxectos urbanísticos máis importantes do século para a cidade herculina. Despois do mal chamado “proceso participativo”, as administracións que participan no proxecto (Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, Portos do Estado, ADIF e Autoridade Portuaria da Coruña) acordaron licitar o concurso internacional para a redacción do plan que definirá os futuros usos dos peiraos interiores do porto coruñés.

Así se concretou nunha reunión extraordiaria do consello de administración da Autoridade Portuaria da Coruña na que todos os presentes incidiron na importancia da colaboración institucional, esquecendo absolutamente as peticións da cidadanía e as entidades sociais, como o mantemento da titularidade pública dos terreos e a non venda de terreos do peirao de San Diego para que a vivenda privada paguen a débeda da autoridade portuaria, ou a licitación dun concurso non restrinxido que permita participar tamén aos profesionais do urbanismo da cidade.

Ábrese agora un prazo de doce meses para presentar propostas. Entre o cinco finalistas que superen as esixencias do concurso restrinxido, seleccionarase o gañador que terá outro prazo dun ano para presentar o denominado ‘Máster Plan’.

Financiamento?

É un proxecto de futuro para deseñar a cidade dos próximos 20 anos”, sentenciou a rexedora Inés Rey, mentres o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, incidiu en que “o que é bo para A Coruña é bo para Galicia”.
Pola súa banda, o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, trasladou o “compromiso inequívoco” do Goberno central con esta actuación e subliñou a achega estatal, aínda que sen concretar como será o financiamento para o deseño da fachada marítima ao ser preguntado por iso. Esta cuestión, precisou, non foi obxecto da reunión deste martes.

Información Institucional?

E como as administracións están unicamente pola “información institucional”, dende as entidades veciñais consideran esta forma de transmitir a información unha “dregradación da participación real da veciñanza”, e poñen “o proxecto Coruña Marítima é un exemplo evidente”. Por iso, as entidades sociais preparan unha xornada para este mércores onde aportarán “outra visión”. Varios colectivos analizarán o proxecto ás 19:00h na Biblioteca veciñal do Campo de Marte, en Monte Alto.

Analise Coruna Maritima en Monte Alto

Máis novas do polémico proceso

Os requisitos do polémico proceso de licitación do Máster Plan Coruña Marítima que alonxa aos profesionais locais

Lembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a titularidade dos terreos

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

 

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

O Festival Mundial de Ilusionismo Galicia celebrarase na Coruña no mes de outubro

O Teatro Colón acollerá en outubro, os días 16 e 17, a cuarta edición do Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona, con catro funciones.

Galicia Ilusiona está organizado e producido por Pedro Bugarín e Dani Polo e conta co apoio do Concello da Coruña. Trátase dunha selección dalgúns e máis premiados ilusionistas do mundo.

A gala estará conducida polo Mago Murphy (Madrid) e contará cos números de David Burlet (Francia), Nacho Samena (Galicia), Seimei (Corea) e a Compañía Mag Edgard (Barcelona).

As funcións do día 16 serán ás 18.00 e ás 20.30 horas mentres que o día 17 serán ás 18.30 e os 21.00 euros con prezos entre os 16 e os 19 euros, e desconto para mozos e maiores de 65 anos.

Galivivienda sinala que o proxecto de vivendas en Xuxán é “financiable” polo ICO

0

O xerente da cooperativa Galivivienda, Rafael Román, manifestou que o proxecto de vivendas en Xuxán, para a execución de 224 pisos en catro parcelas cedidas pola Xunta, é “financiable” polo Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Así o expuxeron, en declaracións a Europa Press, tras unha reunión con representantes do mesmo. “O proxecto é financiable segundo teno exposto a cooperativa”, sentenciou para remarcar que queda pendente “estudar documentación” e formalizar “algunha máis”.

“O proxecto vai ter financiamento, fainos falta achegar algunha documentación como é unha licenza e a adxudicación da obra do último edificio”, precisou.

Todo iso tras rexeitar que se expuxo nalgún momento unha subida do aluguer social inicialmente proxectado para os cooperativistas. “O ICO non pediu mil euros aos socios nin a cooperativa tampouco”, asegurou.

“O problema é inventado”, dixo para afirmar que “se cadra” non o soubo “explicar” pola súa banda na asemblea que celebrou con cooperativistas o pasado 24 de abril.

Con todo, sinalou que no plan financeiro expúñase “para que no hipotético caso de que a ocupación da vivenda fose inferior ao 85% a cooperativa tería que ter unha previsión de recursos propios”.

“Expúxose 36 anos de amortización do préstamo e nunha das reunións do ICO pedíusenos que o contemplásemos a dez anos, pero nunca se esixiu”, dixo ao situar isto como unha “hipotética e remota posibilidade”.

Todo isto para descartar que se solicitou pedir aos cooperativistas “mil euros ao mes”. “O aluguer son 470 euros de partida para unha vivenda media”, engadiu para sumar, ademais, a subida exposta polo IPC.

 

O BNG esixe a Rueda solucións para as familias “estafadas” en Xuxán e a Xunta di que é un problema do ICO

 

 

Cooperativistas de Xuxán piden á Xunta que interveña e anule o contrato coa xestora Galivivienda

 

A Xunta sobre os cooperativistas de Xuxán: “todas as vivendas protexidas teñen un prezo taxado de aluguer”