Inicio Blog Páxina 291

Os sectores que secundaron a folga por Palestina

0

Esta tarde, ás 20:00h, o Obelisco acollerá unha nova, pero especial, concentración en favor do pobo palestino polo remate do xenocidio sionista.

Unha concentración que chega no marco da folga xeral convocada polos colectivos CGT Galiza, Solidariedade Obreira Galiza, CNT Galiza, a Asemblea Internacionalista de Compostela e a Rede Galega pola Palestina.

A CGT considera que a xornada de Folga Xeral tivo unha “moderada incidencia na provincia da Coruña”. Na cidade houbo incidencia no transporte ferroviario coa supresión dun dos trens que unen A Coruña con Vigo. Houbo un seguimento salientable no sector de telemárquetin e na empresa de Correos, sendo no resto dos sectores e empresas un seguimento parcial.

Ao longo do día, produciranse manifestacións e concentracións en solidariedade co pobo palestino, co apoio de colectivos sociais. A cita na Coruña, ás 20:00h no Obelisco.

Inés Rey sobre os pagos que reclaman conserxes de centros deportivos: “A empresa ten que facerse cargo”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, requiriu á empresa concesionaria do servizo de conserxería das instalacións deportivas da cidade a facerse “cargo” dos pagos das retribucións e pluses que reclaman e que motivará o inicio de mobilizacións este domingo, día 29.

A preguntas dos xornalistas, na rolda de prensa que ofreceu este venres sobre asuntos municipais, indicou que “a empresa é a que se ten que facer cargo dos pagos das retribucións e pluses que lles deben”. “Requeriremos para que así o faga”, engadiu.

En concreto, persoal de conserjería das instalacións deportivas municipais da Coruña iniciará mobilizacións este domingo, día 29, para reclamar á empresa concesionaria, Ilunion Outsourcing, que “cumpra” co convenio colectivo e pague o complemento de polivalencia por importe de 300 euros.

Segundo informou a CIG, desde o pasado mes de agosto a compañía négase a pagar este complemento alegando que “o Concello da Coruña non lle abona a contía”. Por este motivo, o colectivo insta á empresa e ao Consistorio a que “cumpran cos dereitos salariais” dos 80 traballadores afectados e que “de inmediato” se proceda ao pago das cantidades debidas.

Mentres, o calendario de protestas do persoal comezará este domingo cunha repartición de panfletos informativos na contorna do Coliseum ao comezo do partido do Básquet Coruña contra o Real Madrid. Esta acción repetirase “en todas as competicións deportivas destacadas que teñan lugar na cidade”, avanza a organización sindical.

Ademais, o 3 de outubro ás 09.00 horas concentraranse na praza de María Pita durante a celebración do pleno municipal, onde xogarán un partido de fútbol reivindicativo. Doutra banda, o comité de empresa, formado por CIG, UXT e CCOO, anunciou que presentará unha denuncia contra Ilunion Outsourcing e o Concello herculino por “o incumprimento do abono do plus de polivalencia que recolle o convenio colectivo”.

Caos en Juan Flórez: un camión portacoches provoca colapso no centro da Coruña

0

Un camión de grandes dimensións, e dedicado ao transporte de vehículos, provocou un colapso de tráfico no centro da Coruña ao quedar atrancado mentres realizaba unha manobra. Fontes municipais consultadas por Europa Press informaron que, sobre as 11:10 horas, o tráiler portacoches “quedou bloqueado” no tramo final da rúa Juan Flórez.

En concreto, o incidente rexistrouse á altura da Falperra, debido a que o seu condutor “se confundiu de ruta” e quixo rectificar a súa dirección. Ás 12:15 horas, precisaron, o incidente quedou “resolto” tras saír o vehículo “marcha atrás” ata poder incorporarse á avenida de Alfonso Molina.

O thriller herculino e en galego “Somnia”, finalista do festival de curtas de Xixón

0

Boas novas para o audiovisual galego. O coruñés Cristóbal Añón acaba de colocar a súa primeira obra na final do Festival de curtas “Rodando en donde puedas”, convocado por el Conseyu de Xixón. O director herculino realizou o proxecto como Traballo de Fin de Grao da carreira Comunicación Audiovisual na Universidade de A Coruña, e os seus profesores calificaron a obra cun 10.

Somnia será a única curta en galego que participe no festival, dando conta da importancia de espallar a nosa lingua polo resto do estado. Ademais, o feito de ser un thriller psicolóxico feito polas novas xeracións do noso audiovisual fai que sexa un atractivo máis para que a ligue maride coa mocidade. “Creo que é moi importante crear contidos audiovisuais en galego e dalos a coñecer ao mundo, xa que aquí tamén hai boas ideas e talento”, apúranos Cristóbal.

A curta xa está en fase de distribución.

Votacións

A xente poderá votar á curta galega, dende as 14:00h deste venres 27 ata ás 14:00h luns 30 de setembro, en cmx.es.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by histeria cinema (@histeria.cinema)

Equipo

Residente en Cambre, Cristóbal Añón naceu en Suiza como moitas familias da terras de Soneira (a súa familia é de Carnés, Vimianzo). Na carreira uníu forzas con outras compañeiras para sacar adiante este proxecto: Xian García (Diseño de producción), Mar Diaz (Produción), Marta Rodriguez (Directora de Foto) complentan o elenco de creadores que rodaron en escenarios Cambre, Cerceda e Oleiros.

Sinopse

Nesta ficción contan a historia de Marga, “unha psicóloga obsesionada polos problemas dos seus doentes e que a somerxen nunha viaxe cara os abismos da súa propia mente, onde os límites entre a realidade e os soños se desdebuxan. A obsesión lévanos a deixar de distinguir certas realidades e a encontrar similitudes onde non as hai. En “Somnia” cóntase como o subconsciente nos pode conducir ao límite e a reordear as nosas prioridades, buscando tapar aquelas feridas que están sen cicatrizar”, explicanos Añón.

Máis novas

Somnia, un thriller en galego feito polas novas xeracións do audiovisual coruñés

A directora herculina Alicia Úbeda debuta en ficción con “Ratiña”

As salas e os bares, as primeiras protagonistas do festival Noites do Porto

0

Esta fin de semana o peirao de Batería acolle o festival Noites do Porto, cos concertos de  Delaossa, Baiuca e Carlangas como grandes reclamos. Pero é que este ano, o festival promovido por Masgalicia e moi respaldado polas administracións, quixo extendelo implicando ás salas e nos bares da cidade.

Alina Bzhinshezka & Tony Kofi Duo © Andrea Sánchez 3
Alina Bzhinshezka & Tony Kofi Duo no Jazz Filloa © Andrea Sánchez

A primeira parte da semana transcorreu no pequeno Jazz Filloa. Un dos espazos máis míticos da música coruñesa, acollía dúas citas. O luns eran Alina Bzhezhinska & Tony Kofi Duo os que homenaxeaban a Pharoah Sanders. A arpista ucraína, ao comezo da primeira actuación e tras unha breve presentación musical, agradeceu aos asistentes a súa presenza “por xerar un ambiente tan especial nun recinto tan ‘chulo’ con 44 anos de historia”, como é o Jazz Filloa.
Para pechar, Alina e Tony sorprenderon ao público interpretando After The Rain, de John Coltrane, para celebrar que este luns día 23 o recoñecido artista estadounidense celebrase o seu 98 aniversario.

20240924 Rocío Luna en Noites do Porto © Andrea Sánchez 2
Rocío Luna nas Noites do Porto do Filloa © Andrea Sánchez

O martes, coas entradas agotadas rapidamente, o jazz deu paso ao flamenco coa cordobesa Rocío Luna, aclamada como “a nova perla do flamenco” entre a crítica especializada, que chegou acompañada do guitarrista Francis Gómez.

A pasada noite de mércores o festival desprazouse a outra das salas importantes da cidade, o Garufa. Abría a xornada o mítico cantautor e bluesman herculino Néstor Pardo, cun concerto, en solitario pero entre amigos que enchían a sala, de blues crú, que remataba a contracorrente cunha rancheira adicada á Coruña máis cascarilleira.

A bomba chegou con La Perra Blanco. Menuda guitarrista pasou por Coruña. A gaditana puxo a bailar a toda a sala co seu rockabilly tremendamente cañeiro, e cunha pose e unha entrega dignas de auténtica rockstar. Acompañada por Jesús Vázquez, se cadra o mellor batería de rockabilly de España; Ivan Kovaceciv, o contrabaixista serbio que substituía ao habitual Guillermo González; e Gerart Vercher, con espectaculares aparicións ao saxo e aos teclados, teñen un “produtazo” para incendiar cada sala do estado e para levantar calquera festival.

A corda rota da guitarra da artista e o baile do tupé do contrabaixista deron boa conta da candela que se viviu na sala.

O xoves, as ‘Noites nos Bares’ e nas Salas

A cervexería Malte da Praza das Atochas acollerá este xoves outra xornada de ‘Noites nos Bares’, un programa posto en marcha este ano por Noites do Porto que dá continuidade á actividade musical e a expande polos locais de hostalería da cidade a través de sesións de DJ. A partir das 23:00 horas, o público poderá gozar de DJ Marcus Harris, residente no White Heat Club de Londres, con acceso gratuito ata completr aforo.

Tamén toca esta noite unha das bandas sensación do momento, Alcalá Norte na Garufa, pero as entradas levan agotadas meses. A viguesa La Toñi será a teloneira cunha proposta que se move entre o indie sleaze e o electropop.

Venres de sala e Batería

O venres estréase o peirao nas Noites do Porto. Pola noite, o peirao de Batería acollerá o debut na Coruña dunha das voces máis destacadas do panorama rap, Delaossa.

E paralelamente, a sala Inn Club será o escenario no que Bala, que publica o videoclip de Ouveo, presentará por primeira vez, en directo e en directo, o seu último LP: Besta.

Ademais, a A Barbería (Orzán, 15) acollerá tamén o venres unha nova xornada de ‘Noites nos Bares’. A partir da medianoite, o público poderá gozar dunha sesión do máis ecléctica e bailable grazas aos vinilos da británica Melanie Xulu (fundadora e editora da revista de arte e música psicodélica MOOF) e Sofia of Africa. acceso será gratuíto ata completar aforo;

Sábado de peirao

Batería acolle a xornada central do festival, coa visita de Baiuca e Carlangas y Los Cubatas.

As sesións sabatinas das Noites nos Bares serán en horario vermú en La Mar Salada, e pola noite no Bristol, con Jeff Higgins.

Domingo, peche na Mardi

E para a xornada de peche, o festival aposta pola Sala Mardigras, que recibirá a Bernard Butler.

Todo, con aínda algunha entrada á venda en noitesdoporto.com.

Cartel Noites no Porto Coruña 2024

A folga xeral en apoio a Palestina suprime un tren A Coruña-Vigo

0

A folga xeral convocada polo sindicato CXT en apoio a Palestina provocou a supresión do tren A Coruña-Vigo das 8.00 horas, segundo confirmou Renfe a Europa Press.

Segundo estimacións do sindicato, víronse afectados uns 500 viaxeiros, xa que se trata dun dos servizos de hora punta.

O tren non saíu “ao non presentarse parte da tripulación de abordo”, que secundou o paro. Pola lexislación vixente en tema de folga, non está permitido establecer servizos alternativos para estes casos. Renfe informou por mensaxe aos pasaxeiros con billete e tamén intensificou os anuncios por megafonía.

A comunidade social prepara a folga deste venres 27 por Palestina

Detida por roubar a unha anciá cun andador a que empurrou e tirou á rúa

0

A Policía Nacional detivo na Coruña a unha muller como autora dun roubo con violencia producido o pasado 13 de setembro en cálea Marqués de Amboage. Tal e como informou a Policía, a vítima, unha muller de avanzada idade, camiñaba pola rúa axudada da súa andador. Nese momento, unha muller achegóuselle por detrás e empuxouna, o que provocou que caese ao chan e recibise un golpe na cabeza.

Coa vítima nesta situación, a ladroa aproveitou para levar o seu bolso sen que puidese opor resistencia e fuxiu correndo. A vítima, debido á violencia exercida sobre ela, sufriu contusións e feridas polas que foi asistida médicamente.

Desde ese momento, o Grupo de Policía Xudicial do Distrito Norte da cidade herculina iniciou unha investigación que levou á identificación da autora dos feitos. Finalmente, foi detida o día 23 de setembro por un delito de roubo con violencia e posta a disposición xudicial. Tras iso, a Autoridade Xudicial ordenou o seu ingreso en prisión.

Ferido o condutor dun vehículo tras chocar contra unha árbore en Carral

0

Un home resultou ferido este venres tras chocar o vehículo no que circulaba pola estrada DP-2101, ao seu paso polo municipio coruñés de Carral, contra unha árbore.

Segundo informou o 112 Galicia, a central de emerxencias tivo constancia deste sinistro a través do aviso automático dun teléfono móbil. Así, os xestores lograron contactar co seu propietario, que explicou que acababa de saírse da vía co seu coche á altura da parroquia de Beira.

Ademais, na súa comunicación, o ferido sinalaba que era incapaz de abrir as portas, xa que se atopaban bloqueadas despois de chocar contra unha árbore situada na marxe da estrada. Así mesmo, o condutor afirmou que o accidente se produciu tras sufrir unha indisposición mentres circulaba.

Con todos estes datos, os operadores do 112 mobilizaron aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Posteriormente, os servizos sanitarios trasladárono ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en ambulancia, aínda que o seu estado non reviste gravidade.

Detido por circular 15 quilómetros en sentido contrario pola A-6

0

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña investigou a un condutor que circulou en sentido contrario pola autoestrada A-6, entre os puntos quilométricos 548,900 e 564, que discorren entre os municipios coruñeses de Aranga e Coirós. En concreto, circulaba sentido Madrid polos carrís destinados ao tráfico sentido Arteixo.

Segundo informou o Instituto Armado, foi un garda civil do Subsector de Tráfico de Lugo que se atopaba fóra de servizo e que circulaba pola mesma vía quen deu a voz de alarma e activouse o protocolo existente para estas incidencias e foron alertadas as patrullas en servizo.

Así, tras 15 quilómetros circulando en sentido contrario, foi detido polos compoñentes dunha patrulla do destacamento de Tráfico da Coruña. Os axentes comprobaron ante as respostas dadas ás preguntas realizadas que o condutor e único ocupante do vehículo, un home de 61 anos, presentaba unha evidente deterioración cognitiva, polo que será proposto para un recoñecemento médico extraordinario para a valoración das súas condicións psicofísicas.

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunto autor dun delito de condución temeraria agravado, enfrontándose a penas de prisión de dúas a cinco anos, multa de 12 a 24 meses e privación do dereito a conducir vehículos a motor ou ciclomotores de seis a 10 anos en caso de ser condenado.

Unha trintena de rexedoras participarán o día 1 no Palexco no II Encontro de Alcaldesas

0

Unha trintena de rexedoras participarán o día 1 na Coruña no II Encontro de Alcaldesas, segundo informa o consistorio, que avanza que se celebrará baixo o lema ‘Tomando decisións para cambiar o mundo’. Con iso, darase continuidade ao encontro posto en marcha no pasado mandato “co obxectivo de fomentar o liderado das mulleres en política e reflexionar sobre o papel das mulleres no poder municipal“.

O encontro, aberto á cidadanía, terá lugar a partir das 16.15 horas no Palacio de Congresos e Exposicións (Palexco) cunha apertura institucional “a cargo da alcaldesa, Inés Rey, coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta e a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero”. Posteriormente, haberá dúas mesas redondas. Unha primeira baixo o título ‘Mulleres no poder local: novas políticas nas axendas do cambio’ e outra sobre ‘A cidade das mulleres: traballando desde o espazo urbano para a innovación local’, coa participación de alcaldesas.