Inicio Blog Páxina 343

Concéntranse ás portas dos Xulgados contra a represión sindical en Inditex

0

Aló polo mes de xuño, as traballadoras das tendas de Inditex, no marco dunha serie de mobilizacións, manifestábanse nas instalacións da empresa en Sabón para reclamar que a empresa cumpriso os compromisos acordados a finais de 2023 para retomar a negociacións das condicións laborais das tendas da provincia da Coruña.

Lonxe de facelo, e lonxe de retomar a negociación a empresa denunciou por vía penal as traballadoras por un delito leve de usurpación da propiedade. Unha decisión inédita ata o momento por parte da empresa para con outros colectivos.
De feito, Carmiña Naveiro, presidenta do comité de Zara na provincia, considera o caso como unha discriminación de xénero que subxace nesta actuación de Inditex, “pois a maioría do persoal das tendas somos mulleres”.

Así, as traballadoras denunciadas afrontaban esta mañá o xuízo.

Delegados e delegadas da CIG acodían esta mañá ás portas dos Xulgados para acompañalas e apoialas, e para seguir demandando a equiparación entre todas as cadeas continúa adiante “porque as dependentas das tendas da provincia da Coruña non imos renunciar a facer valer ese acordo que Inditex firmou con nós”.
Piden cousas tan normais como a redución de xornada, horarios, axudas sociais, etc… unha vez que o acordo asinado pola empresa con CCOO e UGT en Madrid non supuxo ningunha mellora para as dependentas da provincia da Coruña “polo que seguiremos reivindicando negociar aquí as nosas condicións de traballo”.

“Por que somos as únicas coas que non negociades aquí?”, sinalaban as pancartas que levaban as traballadoras ás portas do xulgado.

Xuizo traballadoras inditex

Máis novas do conflito

Traballadoras de tendas de Inditex reclaman na sede de Arteixo melloras laborais

Xornada de folga das traballadoras de Inditex na Coruña en demanda de melloras laborais

O conflicto laboral en Inditex chega ao Parlamento galego

Abanca reabrirá no primeiro trimestre de 2025 o seu novo edificio corporativo no antigo Cinema Avenida

0

Abanca deu por finalizadas as obras do antigo Cinema Avenida da Coruña, onde no primeiro trimestre de 2025 prevé reabrir as súas novas instalacións corporativas baixo o nome ‘Espazo Avenida’.

Segundo informa a entidade financeira, este luns retiráronse as estadas ao concluír uns traballos de dous anos nos que participaron unha trintena de empresas e que permitiron “manter o valor arquitectónico” do inmoble e recuperar a cor orixinal da súa fachada.

De aquí á súa reapertura, completaranse as tarefas de dotación tecnolóxica e mobiliario, de rotulación e detalles de interiorismo, á parte de liquidar os últimos trámites administrativos para a súa posta en funcionamento.

Abanca empregará o ‘Espazo Avenida’ para a atención e xestión cos clientes. “Ten dous usos principais: zona comercial e espazo destinado para equipos que dean soporte ás unidades comerciais. Na planta baixa, contará cun ‘flagship store’ do novo modelo de oficina de Abanca que reproduce o modelo comercial da entidade financeira: sustentable, aberto, colaborativo e dixital”.

Máis de 200 quilos de cocaína incautados nun barco no porto exterior da Coruña

0

A Garda Civil, en colaboración co Servizo de Vixilancia Aduaneira, incautouse este domingo de 234 quilos de cocaína nun barco que chegou ao porto exterior da Coruña, segundo informaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Así o confirmou nun acto en Lonzas, na Comandancia da Coruña, lugar onde se trasladou a droga, con presenza de responsables deste Corpo e do Servizo Vixilancia Aduaneira.

A droga estaba distribuída en oito fardos e localizouse nun barco que, ademais da cocaína, transportaba fariña. O buque (‘Energy Glory’) é de bandeira panameña e a tripulación, filipina, incluído o capitán, e procedía de Brasil. O buque atracou no Porto Exterior de Punta Langosteira o sábado, ás 23.45 horas facendo unha escala con destino Huelva, sen declarar o destino definitivo. A bordo transporta 25.000 toneladas de fariña.

O barco atracou no porto exterior de Punta Langosteira o sábado, ás 23.45 horas, facendo unha escala con destino a Huelva, sen declarar o destino definitivo. A bordo, transportaba 25.000 toneladas de fariña. Ás 13.00 horas, localizaron o oito fardos nun conduto de refrixeración de popa, que contiña 229 paquetes dun quilo de cocaína cada un. Inicialmente, o delegado do Goberno en Galicia apuntou a unha cantidade de 234 quilos, pero, finalmente, tras a pesada, comprobouse que ascendía a 229 quilos.

Mergulladores da Garda Civil droga porto exterior

A investigación segue aberta e, polo momento, non hai detidos. O delegado do Goberno precisou tamén que a droga se localizou nos rexistros que se fan en barcos procedentes de “zonas sospeitosas” e situou esta operación na loita “incansable” contra o narcotráfico. Respecto ao operativo, destacou que supón “un novo éxito das forzas e corpos de seguridade do Estado” e que “impide introducir en Europa e en España unha importante cantidade de droga”.

A información facilitouse nun acto ante os medios de comunicación con presenza da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o xeneral xefe da 15 Zona da Garda Civil, Miguel Anxo González; o coronel xefe da Comandancia da Coruña, Fernando Pedreira; o xefe da Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia, Jaime Gayá; e o xefe da área rexional do Servizo de Vixilancia Aduaneira, Fernando Iglesias. Tras esta incautación, están a realizarse as investigacións para descubrir e desarticular a organización existente detrás deste transporte.

Fardos de cocaina

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Aberto o prazo para inscribirse como figurante na Cabalgata de Reis da Coruña

0

O Concello da Coruña abriu este luns o prazo para inscribirse como figurante na Cabalgata de Reyes, que se celebrará na tarde do 5 de xaneiro.

Segundo informa, a convocatoria está destinada a menores de idade que a 31 de decembro de 2024 teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos. As prazas máximas ofertadas nesta convocatoria serán 250, 15 máis que hai un ano. No entanto, o número exacto determinarase no momento de adxudicarse as prazas.

O período de solicitude abriuse este luns 16, ás 9.00 horas, e finalizará o mércores 18, ás 14.00 horas. As persoas interesadas e os seus titores legais poderán formalizar a súa inscrición a través do formulario que será habilitado na páxina web municipal.

O 20 de decembro levará a cabo o sorteo das prazas e publicarase a listaxe de persoas solicitantes. Asignaranse prazas, por sorteo, en todas as carrozas municipais, así como nos trens, coa única excepción dun tren, que terá carácter solidario.

Noutra orde de cousas, o Concello da Coruña activou este luns o dispositivo especial de seguridade ‘Comercio Seguro’ de face ao Nadal, que se manterá ata o 8 de xaneiro “ante o previsible incremento da afluencia de persoas nas rúas da cidade ao longo destas datas festivas”.

A mestra Fina Paulos xa é finalista dos Premios EDUCA ABANCA 2024

0

Hai un par de meses coñeciamos que estaba nominada, pero hoxe sabemos que xa é finalista dos prestixiosos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024, premios considerados os “Goya da Educación”. Fina Paulos Lareo está xa entre as10 mellores docentes de España, na categoría de Bacharelato e Secundaria.

A mestra do IES Maximino Romero de Lema de Baio, natural de Santa Marta Babío (Bergondo), que xa recibiu o 2º premio Educa Abanca no 2019 na categoría de formación profesional, está revolucionando xunto ao seu compañeiro Óscar Rey Calo o paradigma da Intelixencia Artificial no ensino, utilizando a IA como ferramenta de motivación.

Ao coñecer a nova da súa selección como finalista, Fina Paulos expresou a emoción que sente cunha mensaxe nas redes sociais, que resume o que este recoñecemento significa para ela: “Estou inmensamente agradecida (xa o estaba por estar nomeada polo meu alumnado do Maximino Romero de Lema) porque agora demos un paso máis e xa son finalista oficial nos premios Educa Abanca, na categoría de secundaria e bacharelato a mellor docente de España. Estou entre os 10 mellores docentes do noso país e, pase o que pase na gala final, son afortunada por ter contado cun gran alumnado e magníficos compañeiros que me axudaron”.
Tamén agradece o apoio da súa familia e amigos e aos compañeiros e equipo directivo do IES Maximino Romero de Lema, que a apoiaron dende que obtivo o seu destino definitivo alí.

A docente fai extensible este logro a educación no rural onde recalca que “se fan grandes cousas que moitas veces pasar desapercibidas”.

Un libro sobre a IA

Ademais de ser unha docente comprometida e inspiradora, publicou recentemente o libro “Intelixencia Artificial para a sociedade” co apoio de Medulia Editorial, unha obra que explora o potencial da IA como ferramenta educativa e o seu impacto na sociedade contemporánea. Este traballo reflicte a súa visión transformadora e o seu compromiso por dotar o alumnado das competencias necesarias para enfrontar os retos do futuro.

Fina destaca tamén como persoa formadora de compañeiros e compañeiras no ámbito da IA e outras disciplinas xa que colabora con diversas institucións como o Centro Autonómico de Formación e Innovación e o Centro de Formación e Recursos, entidades dependentes da Consellería de Educación. Tamén colaborou con moitas entidades sen ánimo de lucro da comarca para difundir a IA entre a poboación.

Foros e premios

Nos últimos anos, Fina estivo presente en foros educativos de primeiro orde amosando a súa experiencia ós docentes: como foron o Seminario de Transformación dixital e intelixencia artificial na educación, da Organización de Estado Iberoamericanos, organización coa que colabora publicando artigos educativos e exercendo de relatora en congresos. Fina tamén participou no Congreso nacional de Escolas Rurais trasladando a súa experiencia educativa en intelixencia artificial no ámbito da aula.

A todo isto, súmanse os logros acadados por ter coordinados proxectos educativos co seu alumnado que fixeron posible levar o nome do IES Maximino Romero de Lema por toda España: Festival Plasencia en Corto, II Certame de enfermidades raras, Festival Foco, Semana de diversidade sexual de Nigrán, Primeiro e segundo premio polo fomento á doazón de órganos, convocado polo Sergas, premio OUFF Escolas, do festival internacional de cine de Ourense e o recente premio acadado con IA “Unha constitución para todos” que outorgou o Ministerio de Educación ó alumnado de 3º da ESO do seu centro, coordinado xunto con Óscar Rey.

Máis novas

Fina Paulos Lareo, nominada a Mellor Docente de España nos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024

 

Posible estafa na compra de billetes nunha axencia de viaxes da Coruña que deixou sen voo a numerosas persoas

0

Numerosas persoas presentaron denuncia ante a Policía Nacional por unha posible estafa na compra de billetes nunha axencia de viaxes da Coruña tras quedar sen voo porque realmente non constaba que houbese unha pasaxe. Fontes policiais consultadas por Europa Press sinalaron que houbo “bastantes denuncias desde a semana pasada” en relación a estes feitos e despois de que os afectados, xente que emigrou a España, chegase ao aeroporto e se atopase con que non existía un billete como tal para poder viaxar.

Mentres a axencia permanece pechada, desde a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi), o seu presidente, Juan Antonio Rivadulla, en declaracións a Europa Press, instou aos afectados a presentar denuncia. En relación ao sucedido co establecemento, precisou que, segundo lle trasladaron, os propietarios terían tamén negocio de bar e locutorio. Xa sobre a venda dos billetes, asegurou que as axencias pequenas optan por facer a xestión a través dunha almacenista. A esta, explicou, fáiselle a reserva do billete “pero se non lle paga no prazo de entre 24 e 48 horas cancélase”, opción que non descartou que ocorrese neste caso.

E é que, respecto diso, insistiu en que a persoa pode recibir un papel coa reserva feita, pero se non está emitido o billete ocorre que ao chegar ao aeroporto non teña a pasaxe correspondente e véxase obrigado, en caso de quedar prazas no avión, a comprar outro a un prezo máis elevado. Desde a asociación que preside, ratificou que el mesmo está a facer xestións para porse en contacto cos propietarios da citada axencia, cuxo número de teléfono xa non atenden ao aparecer, ademais, como pechada temporalmente. Ás persoas afectadas, recoméndalles agora denunciar ao non cubrir casos deste tipo o aval que se esixe ás axencias de viaxes inscritas. Non entanto, lembra que as mesmas teñen que ter seguro de responsabilidade civil.

Galicia clamou contra Altri

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Entre Crebas, integrando dende o lixo plástico

Infinito valor o que ten o Proxecto Entre Crebas. Unha iniciativa que desenvolve a Asociación Mar de Fábula ofrecéndolle un soplo de aire fresco internos do CIS (Centro de Inserción Social), que cumplen a última parte da súa condena en réxime de semilibredade.

Esta semana celebrouse a última Limpeza de lixo mariño na praia do Areal da Torre, coñecida como As Lapas. Cada vez son máis internos e internas que se sinten como os “coidadores oficiais” deste areal, situado en fronte do Centro, aportando o seu grao de area a unha sociedade que adoita resultarlle esquiva.

A través das 12 xornadas de limpeza (unha por mes), os usuarios reforzan a súa autoestima, a súa valía, séntense útiles, e gozan dunha xornada ao libre nun espazo tan magnífico como o mar da Torre, ao tempo que conciencian e se conciencian sobre o respecto ao medio ambiente.

Xose Manuel Barros de Mar de Fabula
Xose Manuel Barros

Mención especial merecen Xosé Manuel e Pedro, almas de Mar de Fábula, que co seu entusiasmo conseguen implicar a usuarios como Miguel, erixido xa en coordinador de cada limpeza.

Un areal singular

As 12 limpezas permitíronlle á entidade facer unha análise do lixo que chega a este areal. Ademais das
cabichas, unhas das grandes inimigas deste areal, é habitual atopar anacos de redes, plásticos… pero tamén bastonciños e toallitas, que seguen chegando ao mar a través dos nosos retretes.

Pero a gran singularidade deste areal é a continua aparición de cerámica e restos de construción (provocados polo recheo feito durante a construción do paseo marítimo, e que aínda provoca a aparición constante de anacos de ladrillos…) e cristais romos (derivado posiblemente a que este lugar foi utilizado históricamente como vertedoiro.

Entre Crebas-Usuario do CIS limpando o Areal da Torre

Peche e ano que vén

O vindeiro día 18, o CIS acollerá a xornada de peche do programa, nun evento no que participaremos aportando a nosa visión, e na que Xosé Manuel e Miguel compartirán as característimas máis importantes do programa.
Farán ademais un obradoiro creativo coas crebas colleitadas durante todo o ano, unha actividade que ten tamén unha gran acollida.

A entidade xa pensa na continuidade do proxecto o ano que vén, pensando xa noutro areal máis visible, para dar un paso na integración real e abrir o proxecto para que a cidadanía tamén se poida unir.

Máis novas do proxecto

A labor de reinserción das limpezas medioambientais de Entre Crebas

O proxecto Entre Crebas avanza cara o primeiro aniversario en clave de reinserción e concienciación medioambiental

As cabichas, as grandes contaminantes do Areal da Torre

A Coruña lidera o aumento de gasto polas luces de Nadal entre as cidades galegas

0

As sete cidades galegas destinarán máis de 4,4 millóns de euros ao gasto en luces durante este Nadal de 2024, o que supón un incremento duns 400.000 euros respecto dos 4 millóns de 2023.

Este aumento débese case na súa totalidade á alza do gasto da cidade da Coruña ao pasar de preto de medio millón en 2023 a uns 800.000 euros para as luces deste ano, un repunte do 60% na partida, de forma que se converte na segunda cidade con maior investimento neste apartado ao desbancar a Ourense. Esta alza débese a 300.000 luces máis, ata un total de 3,6 millóns de leds, para iluminar a 40 rúas máis. En total, hai 555 arcos, 383 farois e 80 árbores brillantes.

No entanto, segue lonxe dos 2,37 millóns de euros dedicados polo Concello de Vigo en 2024 ás luces do Nadal –forma parte dun contrato coa empresa andaluza Ximénez para catro anos por case 9,5 millóns–. Unhas 420 rúas das cidade olívica están iluminadas este ano con 11,5 millóns de luces led, contando cuns 1.300 arcos e 2.500 árbores iluminadas.

Pola súa banda, o Concello de Ourense adxudicou as luces por un importe de 593.000 euros, cifra similar a 2023, o terceiro maior dato entre as cidades galegas por detrás de Vigo e A Coruña. Ademais, o programa de actividades inclúe desde unha carroza musical ata un concerto da orquestra París de Noia en fin de ano.

O propio rexedor da capital das Burgas, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá), expresábase estes días a través das redes sociais para apuntar: “Se puxésemos luces de Nadal en todas as rúas, ao Concello de Ourense non lle custaría 600.000 euros, senón 6.000.000 euros”. “A ver se así algúns que nos protestan pola súa rúa enténdeno”, agregaba.

RESTO DE CIDADES

O resto de cidades están lonxe destas cifras do tres con máis habitantes. Santiago destina unha partida de 219.830 euros á iluminación do Nadal, lixeiramente superior ao dato de 2023. Ademais, contará con máis de 300 actividades para todas as idades, incluída a Festa do Apego (día 21, Auditorio), ‘photocall’ en diferentes partes da cidade e o tradicional xardín que se coloca no Obradoiro.

Tamén un importe semellante ao ano anterior achega o Concello de Lugo, cun total de 159.842 euros, uns 6.000 máis que en 2023. Mercados do Nadal, actuacións, contacontos e talleres centran as actividades.

Pola súa banda, Ferrol achega este exercicio a mesma cantidade que o anterior, 153.757 euros. Inclúe un cono luminoso de 20 metros de altura que iluminará a Praza de Armas e conta con luces led programables que incluirán textos personalizados, con tres pases de luz e son por día.

Finalmente, Pontevedra adxudicou as luces por 144.595 euros, parecido a anos anteriores. En canto a actividades, haberá desde unha pista de xeo en Montero Ríos, un novo tren que sairá da praza de España, un espazo que se chamará a estación do bosque que tamén inclúe unha tirolina e un tobogán de xeo, ademais dun poboado do Nadal na Praza dá Ferrería.

O NADAL DE VIGO CHEGA A NOVA YORK

A cidade de Vigo xa acendeu as súas luces o pasado 16 de novembro nun acto baixo a gran árbore situada en Pórtaa do Sol co alcalde, Abel Caballero, de mestre de cerimonias, quen deu por inaugurado o inicio do Nadal “en todo o planeta”. Miles de persoas abarrotaron o aceso desde horas antes, con carreiras incluídas para coller sitio.

Nesta ocasión, por primeira vez, Elduayen terá unha iluminación especial, tras a súa humanización, así como Marqués de Valadares, que dispón dunha nova iluminación que reduce case un 93% a contaminación lumínica e un 60% o uso de enerxía.

As luces acéndense cada día a partir das 18,00 horas e ata a medianoite. Con todo, os fins de semana quedarán prendidas ata as 2,00 horas da madrugada. Ademais, os días máis sinalados, como Noiteboa, Nadal, Fin de Ano, Ano Novo ou Reis e a súa véspera, a iluminación quedará máis tempo aceso.

Xunto ao contrato de luces do Nadal hai outro en Vigo, dotado con 600.000 euros para este ano –adxudicouse por 1,8 millóns en 2022 para tres exercicios– relativo a outras decoracións tipo bóla xigante, caixas de agasallos e outros elementos ornamentais de gran formato. Máis aló disto, hai pista de xeo en Samil; mercados do Nadal en Calvario, praza de Compostela e Bouzas; así como a gran nora, atraccións, o carrusel, pista de kart, Circo de Nadal e tren turístico. Todo iso nun ano no que o Concello de Vigo levou carteis promocionais a Nova York coa lema: ‘The world’s best Christmas is in Vigo’ (‘O mellor Nadal do mundo están en Vigo’).

A Coruña sae a rúa para esixirlle aos Franco a devolución ao patrimonio galego da Casa Cornide

0

Máis de 60 entidades convocaron a coruñeses este sábado para unha marcha simbólica coa que reclamar a “devolución real” ao patrimonio público galego da Casa Cornide. Así, varias decenas de persoas concentráronse fronte na praza de María Pita para marchar ata a propiedade da Familia Franco, onde representaron unha entrada simbólica na casa cunha chave coa que tamén montaron un ‘photocall’.

Xunto a isto, léronse varios textos co manifesto da marcha e Paco Campos ofreceu unha actuación musical. En declaracións a Europa Press, o presidente da plataforma Defensa do Común, Manuel Monge, explicou que con esta 5ª marcha o que buscan é que a Xunta de Galicia “se tome en serio dunha vez” o cumprimento da lei de patrimonio cultural.

Sobre isto, lembrou que como Ben de Interese Cultural (BIC), a Casa Cornide debe abrir catro días ao mes para visitas, algo que, denuncia, non cumpre a Familia Franco. Lamenta que o Goberno autonómico limítese a abrir un expediente, “pero nada máis”.

Comentou tamén que apoian a denuncia do Goberno municipal para recuperar a propiedade da casa e, precisamente ao Concello da Coruña, anímano a trasladar á Comisión de Memoria Democrática a urxencia de retirar nomes franquistas do mapa da cidade. Por último, avanzou que continuarán coas marchas ata conseguir o seu obxectivo, que a Casa Cornide “volva ser de todos os galegos”.