Inicio Blog Páxina 437

Alerta amarela este luns en zonas da Coruña por choivas que poderán superar os 40 l/m2 en 12 horas

0

O oeste e suroeste da Coruña estarán este luns en alerta amarela por choiva, que poderán superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Segundo Meteogalicia, o aviso activarase ás 9:00 horas e finalizará ás 21:00 horas. Esta será unha xornada na que unha fronte moi activa deixará cuantiosas choivas.

Así, Galicia quedará na influencia das baixas presións situadas ao oeste e unha fronte fría, asociado a unha borrasca, afectará á comunidade, especialmente na segunda metade do día. A xornada arrincará cos ceos moi nubrados, con choivas no litoral atlántico, localmente fortes, que progresivamente chegarán ao resto da comunidade.

As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado de componenete sur, con intervalos fortes no litroal atlántico pola tarde.

A intervención en Olmos medra implicando á rapazada

0

Non para o Colectivo In Nave Civitas e a asociación cultural O Mural intentando conseguir que os murais de Lugrís fiquen no edificio da Rúa Olmos, “o edificio para o que foi concebido. A semana pasada instalaban unha intervención artística diante do edificio, unha intervención que segue medrando.

O alumnado de 5ª de primaria do CEIP Salgado Torres súmouse o xoves trece á intervención. “Salvemos os murais de Lugrís. Non deixaremos que se deterioren así”, “O que na Coruña se crea na Coruña queda”, “Que non desapareza o surrealismo”, “A arte enche o corazón non o rompades” “Que as pinturas fiquen aquí”, “A alma de Lugrís que fique aquí”, “Que as pinturas non morran”, lese nas mensaxes que a rapazada deixou no andamio.

Intervencion O Mural Frescos Lugris cos nenos 2

Máis novas

Reivindican cunha intervención artística a permanencia dos frescos de Lugrís no lugar onde foron pintados

Os murais de Lugrís serán públicos tras ser mercados pola Xunta por 36.000 euros

“O desleixo das administracións para protexer os frescos de Lugrís non fai máis que medrar”

 

Medio centenar de persoas en salvamento, socorrismo e atención médica na inauguración da tempada de praias na Coruña

0

O Concello da Coruña iniciou este sábado a nova tempada de praias, coa incorporación do persoal adscrito ao servizo de salvamento, socorrismo, vixilancia e primeiros auxilios. Nas últimas semanas realizaron a colocación das casetas e postos de salvamento das Lapas en Oza, ademais de proceder á revisión e instalación dos equipamentos de megafonía necesarios para emitir a información de servizo e os comunicados de seguridade que determine o persoal de socorrismo presente nas praias.

O Concello lembrou que o servizo de salvamento e socorrismo desta tempada estival prestarase ata o 15 de setembro, todos os días, desde as 11:00 horas ás 21:00 horas. O persoal estará distribuído entre as praias de Riazor, Orzán-Matadoiro, As Lapas, Santo Amaro, Oza, que dará cobertura, ademais, á zona de Santa Cristina, e a área de baño balizada en Ou Parrote.

Un total de 57 persoas, entre as que se atopan profesionais de salvamento, socorrismo, atención médica e enfermaría, transporte sanitario e tripulación de embarcacións, integran o equipo que dará servizo á cidadanía nesta tempada de praias.

Piden 5 anos de cárcere dúas mulleres que compraron unha gasolineira a pesar de non ter solvencia en Ferrol

0

A Audiencia Provincial da Coruña acollerá o vindeiro martes o xuízo contra dúas mulleres que se enfrontan a cinco anos de cárcere cada unha e a unha multa de máis dun millón de euros por comprar unha gasolineira en Ferrol a pesar de non ter solvencia para iso. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos suceden cando a familia propietaria dunha estación de servizo das Pías vende ás procesadas a gasolineira por 1.010.600 euros.

Para facer fronte ao pago acordaron un prazo de 86 mensualidades consecutivas por un importe de 7.100 euros , cunha entre inicial de 400.000 euros por medio de tres pagarés librados en xuño de 2022 avalados por unha das procesadas. As procesadas, simularon unha solvencia económica na súa entidade que non tiñan, nin para facer fronte a pagaralos que foron devoltos e protestados, nin para o abono de ningunha das mensualidades das que non efectuaron ningún pago, facendo efectiva a explotación da estación de servizo sen abonar por iso ningunha cantidade aos vendedores, sen cumprir as garantías hipotecarias acordadas sobre os pagarés e os pagos aprazados e sen facer fronte ás débedas pendentes que asumiran.

Os feitos son constitutivos dun delito de estafa e por iso, cada acusada enfróntase a unha pena de cinco anos de presión cunha multa de 12 meses cunha cota diaria de oito euros. Ademais, deberán indemnizar en 1.010.600 euros pola falta de pagamentos nos cheques e as mensualidades acordadas aos prexudicados e aos herdeiros legais, que acrediten o seu dereito a cobro en execución de sentenza.

Un incendio nunha sauna do polideportivo municipal de Touro

0

Un incendio, no cadro eléctrico, nunha sauna dos vestiarios do polideportivo municipal de Touro saldouse sen feridos. O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña, informou que o suceso se produciu no mediodía deste domingo e ata o punto acudiron os bombeiros de Arzúa. O incendio saldouse sen feridos e no operativo tamén participaron Protección Civil de Touro e os axentes da Garda Civil de Boimorto.

Abanca reúne na Coruña a 6.000 empregados para celebrar o seu décimo aniversario

0

Abanca reuniu este sábado na Coruña a 6.000 empregados para celebrar o seu primeiros dez anos de actividade e comezar a trazar a súa estratexia cara ao futuro. O evento corporativo congregou a persoas procedentes de distintos puntos de España, Portugal e outro nove países de Europa e América nos que a entidade financiaera desenvolve a súa actividade.

No acto interviñeron o presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, que lembraron a “positiva evolución do banco” desde o seu lanzamento en xuño de 2014 e presentaron as grandes liñas da estratexia para os próximos anos.

“Dez anos despois, volvemos a este mesmo lugar, escenario da nosa primeira convención, como unha entidade plenamente asentada, competitiva, con personalidade diferencia e recoñecida polo mercado”, sinalou Juan Carlos Escotet.

O Concello de Culleredo denuncia a subtracción de cable eléctico da iluminación pública en Castro Laxe

O Concello de Culleredo denunciou o roubo de alimentación eléctica subterránea na rúa Laxe e os autores romperon as arquetas que estaban seladas con morteiro para tratar de disuadir este tipo de accións. Nun comunicado, explicou que os feitos se produciron o pasado día 7 e que este venres aconteceu un roubo similar na rúa Xafonte, situada no mesmo contorna, e onde os ladróns levaron cable dos farois.

A empresa encargada do mantemento eléctico xa restableceu o servizo na rúa Laxe e na joranda do venres realizou unha solición provisional na rúa Xafonte. O Concello denuncia estes feitos e pide colaboración cidadá para poder identificar os autores.

Piden máis de 30 anos de prisión para os integrantes dunha banda especializada en roubo

0

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro mércores e xoves ao tres integrantes dunha banda criminal dedicada a roubar en vivendas, locais e naves de concellos de Ferrolterra, para os que Fiscalía pide máis de 30 anos de prisión. Os feitos producíronse entre 2016 e 2020 en distintos municipios da área de Ferrolterra, segundo determina o escrito de acusación, que establece que o tres homes “xuntábanse de maneira periódica para acceder a vivendas, naves e outras instalacións co fin de apoderarse de obxectos de valor, especialmente ferramentas profesionais e maquinaria.

Entre os ilícitos que se lles atribúen está o roubo de maquinaria producido en maio de 2016 en dous aeroxeradores do parque eólico de Forgoselo, en San Sadurniño, de onde levaron ferramentas valoradas en 9.500 euros. Tamén se lles atribúe un roubo nunha caseta prefabricada nas Somozas en decembro de 2016, de onde subtraeron varias máquinas, como unha hidrolimpadora ou unha motosierra. En xaneiro de 2017 entraron a roubar en dúas vivendas das Pontes, de onde levaron obxectos por valor de máis de 3.000 euros; e en febreiro accederon a un alpendre nas Somozas, de onde subtraeron material agrícola e partes dun tractor. En xullo de 2017 atribúeselles un roubo nunha vivenda de Freixo, nas Pontes, e entre abril e maio entraron nunha caseta da Asociación de Caza de Valdoviño, de onde levaron un xerador con motor Fonda e unha bomba de extracción de auga. En decembro de 2017 impútaselles o roubo de teléfonos e ferramentas na empresa Diaxong Spain, nas Pontes; así como o roubo nunha vivenda de San Sadurniño en abril de 2018.

Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito continuado de roubo con forza, catro delitos de roubo en casa habitada e catro delitos de roubo con forza, así como pertenza a grupo criminal, polo que pide para cada un penas que suman máis de 30 anos de prisión.

Piden máis de 2 anos de cárcere por baleirar as contas da empresa para evitar o embargo

A Sección Primeira da Audiencia da Coruña acollerá o martes un xuízo contra o apoderado dunha empresa que baleirou as contas da mesma para evitar o embargo de fondos para pagar unha débeda cuxo importe principal era de 45.000 euros, aos que sumarían 13.500 euros de intereses e costas.

Segundo recolle o escrito fiscal, en 2017 o Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Betanzos ditou un auto no que a empresa Mercagraf SL, cuxo apoderado xeral con facultades plenas de xestión é o acusado, obrigábase ao abono de mensual (con data de inicio o 25 de maio e de fin o mesmo día de outubro dese ano) de 7.500 euros á empresa Cortina e Salegui en pago dunha débeda.

Con todo, co fin de evitar o devandito embargo, o acusado realizaría diversas transferencias desde a conta que Mercagraf tiña no Banco Sabadell a outras das que era titular, así como da empresa Expresionismo SL, da que é administrador único, deixando a conta da mercantil con saldos “moi inferiores” á cantidade adecuada e “irrisorios”.

DELITO DE ALZAMENTO DE BENS

Os feitos serían constitutivos dun delito de alzamento de bens e Fiscalía pide impor ao acusado a pena de 2 anos e 9 meses de prisión con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo. Tamén a unha multa de 20 meses a razón de 12 euros diarios con responsabilidade persoal en caso de falta de pagamento e costas (uns 7.200 euros).

No apartado de responsabilidade civil, ditamínase que procede declarar a nulidade dos supostos actos fraudulentos realizados por parte do acusado como apoderado de Mercagraf e reintegrar a cantidade retirada da súa conta cos intereses legais correspondentes.

A Coruña celebra o 10º aniversario da coroación de Felipe VI cunha Festa da República

0
A Coruña celebrará a súa Festa pola República. Será o mércores, 19 de xuño, coincidindo co 10º aniversario da coroación de Felipe VI. Haberá música, poesía e reivindicación. De feito, actuarán o Grupo Ozáns, Mini, Xosé Taboada, Paco Campos, Grupo Parabéns e Tombalobos Orquetra. A escritora Beatriz Maceda e o escritor Henrique Rabuñal lerán un breve texto sobre a República. O escritor, músico e artista Xurxo Souto presentará o evento.
Esta Festa da República terá lugar a partir das 20 horas, no Campo da Leña (praza de España) da Coruña. Para divulgar esta festa, colocaranse mesas informativas o luns, 17 de xuño de 19 a 21 horas no Cantón Grande da Coruña, e o martes, 18 de xuño, de 18 a 21 horas no Campo de Marte, xunto á biblioteca da Asociación Veciñal de Monte Alto.
Cando se cumpre o 10º aniversario da coroación como rei de Felipe VI os republicanos coruñeses chaman a toda a cidadanía para que se sume á construción dunha alternativa republicana. “É hora de expresar o noso compromiso en defensa da democracia e pola transformación social, con maior xustiza e liberdade para o noso pobo, e por iso queremos manifestar que estamos por un futuro republicano”, aseguran.
Na roda de prensa de presentación desta festa, lembrouse que en 2014, cando abdicou o rei Juan Carlos, unha plataforma cívica de entidades da comarca da Coruña convocaba unha manifestación baixo o lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR coa participación de máis de 3.000 persoas.
Posteriormente, constituiuse a plataforma cívica Galiza pola República cunha concentración no Obelisco da Coruña o 23 de xullo de 2019, cando se cumpría o 50º aniversario da designación polo ditador Franco de Juan Carlos como o seu sucesor na Xefatura do Estado; e outra concentración o 13 dea bril de 2021, coincidindo co 90º aniversario da proclamación da Repúlbica, cun manifesto apoiado por máis de setenta entidades de Galiza.