Inicio Blog Páxina 533

Absolta a propietaria dun bar da Coruña que ofrecía partidos de maneira ilegal

O Tribunal Supremo absolveu á dona dun bar da Coruña, que ofrecía partidos de fútbol sen a correspondente autorización, dun delito de propiedade intelectual, polo que fora condenada por un xulgado coruñés a seis meses de prisión. Esta sentenza foi ratificada pola Audiencia da Coruña e agora revogada polo Supremo.

Os feitos, segundo recolle o fallo, ao que tivo acceso Europa Press, remóntanse a novembro de 2018 cando se detectou que a xerente dun bar da rúa Almirante Cadarso, na cidade herculina, estaba a emitir de forma pública na televisión un partido de fútbol de Primeira División.

“Como tamén o estaba facendo o 11 de decembro do devandito ano, sobre as 20.00 horas, sen autorización para a exhibición de tal evento e accedendo gratuitamente á Canle A liga de forma inconsentida mediante un decodificador pirata apto para iso”, recollía o fallo do xulgado, cunha actividade que ocasionou prexuízos á liga por valor de 431,45 euros.

Nunha sentenza ratificada logo pola Audiencia da Coruña, o Xulgado do Penal número 5 desta cidade condenouna pola comisión de senllos delitos, contra o mercado e os consumidores e contra a propiedade intelectual. Polo primeiro, impúxolle unha pena de tres meses de multa e polo segundo outro de seis meses de cárcere, con multa.

O Supremo ratifica que os feitos consisten no visionado de partidos da liga de Fútbol Profesional nun establecemento público sen o pago dos dereitos e utilizando un descodificador noautorizado.

No entanto, difire das anteriores sentenzas xa que entende que os feitos son legalmente constitutivos dun delito leve e continuado relativo ao mercado e aos consumidores e que corresponde unha pena mínima de tres meses de multa, cunha cota diaria de seis euros.

A súa decisión ten como base unha sentenza do Pleno do Supremo, de 2022, na que se analizou un caso similar: a retransmisión dun partido da liga de Fútbol Profesional en dous establecementos públicos, sen autorización dos titulares ou cesionarios dos dereitos e mediante o uso dun descodificar non autorizado que facía posible o acceso á retransmisión e que rexeitou a cualificación xurídico-penal como delito contra a propiedade intelectual.

‘Solidarios cos Maiores’, unha inciativa coruñesa para axudar aos avós

Chus Castro é unha xornalista galega con moito afán de axudar á xente. Unha teima na que involucrou a uns cantos coñecidos que acabaron crearon ‘Solidarios cos Maiores‘, unha iniciativa que pretende axudar a un dos colectivos olvidados da sociedade actual, os maiores.

O equipo está formado pola propia Chus e tamén por Sabela Romar, Bea Soler, Amalia Baltar, Lucía Aller e Manolo Rodríguez, quen abre a porta ao Galicia Confidencial para contar máis sobre este proxecto.

‘Solidarios cos Maiores’ tenta dar resposta a problemáticas diarias que viven as persoas maiores, sobre todo ás que viven soas. “Algúns do equipo tiveron ao seu cargo a xente maior coma os seus pais e percataronse de todos os inconvintes aos que se enfronta este colectivo, xa sexa pola dixitalización constante, a falta de axuda e información ou mesmo a falta de apoio”, explica Manolo.

Para paliar esta situación, este equipo, onde a maioría moveuse ou aínda o fai no mundo da comunicación, decidiu comezar unha serie de videos onde dan ferramentas, información e axuda á situacións cotidianas como pode ser a factura da luz, o testamento, ou mesmo adiccións como a ludomanía ou o alcoholismo.

ALCOHOLISMO 

O alcoholismo conformou a súa última peza audiovisual, ‘É posible abandonar o alcol‘. Realizouse en colaboración coa asociación Alcohólicos anónimos 24 horas Noroeste Coruña, co obxetivo de mostrar que hai saída ante esta problemática tan grave. España é o segundo país da Unión Europea onde máis alcohol se consume e causa miles de mortes ao ano.

O colectivo ‘Solidarios cos maiores’ descubriu nesta asociación que moitas das persoas dependetes do alcol non se daban de conta de que tiñan un problema ta o momento da xubilación. “Unha vez te xubilas comezas a ter moito tempo libre que antes ocupabas traballando polo que te das de conta de que acodes á bebida máis do normal e acabas por necesitala para sentirte ben”, conta Manolo.

Debido á normalización desta práctica, son moitas as persoas que se atopan en risco de sufrir alcoholismo polo que crearon este vídeo para “axudar e pór un gran de area nun problema tan gordo” segundo nos explica o membro do colectivo e engade, “está moi normalizado, tómase incluso co café, o famoso café con gotas, polo que non resulta doado percatarse de que algo vai mal”.

“UN MOMENTO EMOCIONANTE”

É posible abandonar o alcol‘ é unha pequena peza na que participan tres persoas que nun pasado tiveron unha adición á bebida e que actualmente atópanse recuperados. Mediante as súas testemuñas intentan facer ver que hai saída e que se un se deixa axudar é máis doado saír.

Os valentes protagonistas do vídeo son María, Ainoa e Antonio, os tres están dentro de Alcohólicos anónimos. Os tres prestaronse a contar a súa historia para que outros poidan ou sentirse identificados e ver que teñen un problema ou atopar esperanza para saír del.

“Foi un momento emocionante“, así describe Manolo a grabación. “Os tres son persoas moi valentes, pero a verdade e que no momento no que se grabou a María (a muller do principio) todos emocionamonos moito, pois estaba grabando de cóstas e finalmente decidiu dar a cara e a verdade e que eso foi moi bonito para o equipo”, asegura o membro.

DIFUSIÓN

Finalmente, Manolo responde a unha pregunta sobre o público ao que van dirixidos os vídeos, pois ao final os maiores son os primeiros en ter conflictos coas novas tecnoloxías e estes están publicados na web porén o Galicia Confidencial pregúntase cal é o plan para que todos os maiores poidan visualizalos.

“É verdade que ese é o noso principal inconvinte, pois moitos maiores vivien sós e sen acceso a internet, pero o plan é que as asociacións, ONGs ou colectivos que traballen con estas persoas faciliten a trasmisión do noso traballo“, responde Manolo Rodríguez.

Prohibese o ‘Xacobebo’ tras as pelexas nas festas de Santa Cruz

0

O Concello de Oleiros (A Coruña) prohibirá o ‘Xacobebo’, unha ruta de cervexas polo municipio, con motivo das festas de Santa Cruz, segundo informa as pelexas rexistradas nas mesmas e que tanto o consistorio como os organizadores atribúen a mozos de fóra doutros municipios.

Nun comunicado, o goberno local felicita á comisión de fietas polo seu traballo, pero rexeita as críticas feitas desde a mesma, entre outras cuestións, por considerar que houbo falta de supervisión municipal.

O goberno local vincula as pelexas, do mesmo xeito que a comisión de festas, con “vándalos de fóra do municipio”, pero tamén ao “excesivo consumo de alcol e drogas”.

Tamén incide en que aínda que non hai achega económica por parte do consistorio, a colaboración “supera en moito ao diñeiro que se puidese dar cos servizos que se prestan”.

Respecto das críticas pola falta de Policía Local, asegura que o trasladado desde a citada comisión “non se axusta á realidade” e engade que houbo “sete axentes da Policía Local e nove axentes do servizo municipal de emerxencias”.

“É dicir, todos os recursos municipais dispoñibles”, asegura para salientar que as demais parroquias “tamén teñen que ser atendidas polos corpos de seguridade”. Ademais, alude á presenza de tres patrullas da Garda Civil.

En todo caso, remarca que a Policía Local “non é un corpo de antidisturbios nin tampouco ten capacidade nin medios para controlar a grupos organizados que provocan alteracións de orde pública”, á vez que lamenta que no comunicado non se fixese alusión á Garda Civil ou á Delegación do Goberno “con competencias en desordes públicas desta magnitude”.

A Coruña acollerá do 1 ao 3 de setembro o XII Festival Artes pola Integración

A Coruña acollerá entre o 1 e o 3 de setembro a XII edición do Festival Artes pola Integración, un encontro de artes inclusivas que pretende visibilizar proxectos e persoas con talentos artísticos non comúns e ás veces excluídos socialmente.

Creado en 2012, é o máis veterano de Galicia e o que leva máis edicións consecutivas, destaca o consistorio sobre esta nova edición que se desenvolverá este ano en tres sedes: os xardíns de Méndez Núñez, o centro sociocultural Ágora e a praza da Constitución.

“A elección deste tres espazos públicos ten que ver coa intención do festival de visibilizar non só o talento de persoas con diversidade funcional ou pertencentes a outros colectivos en risco de exclusión social, senón de utilizar tamén lugares e recintos distintos dos tradicionais para a expresión artística”, explica a concelleira da área de Benestar Social, Yoya Neira.

Pola súa banda, a directora do festival, Carlota Pérez, subliñou que a temática do festival vira este ano ao redor da comunidade e o territorio, á vez que resalta a calidade das propostas artísticas.

Máis de 100.000 visitaron os veleiros da Tall Ships Races na súa escala na Coruña

Os veleiros da Tall Ships Races Magallanes-Elcano recibiron 101.054 visitas no peirao de Transatlánticos da Coruña entre o xoves e o sábado da pasada semana, días nos que as embarcacións estiveron abertas ao público.

Segundo informa o concello herculino, o rexistro diario foi crecendo a medida que se achegaba o fin de semana. Dos 27.590 asistentes contabilizados o xoves día 24, pasaron a 35.846 o venres e a 37.618 o sábado. O domingo, a regata partiu rumbo a Lisboa.

En base aos datos recollidos polo persoal municipal, engade, a maior parte das visitas foron en horario de tarde. Para a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, este evento, que volveu a facer escala por décima vez na cidade tras sete anos de ausencia, supuxo “un retorno económico de máis de oito millóns de euros”.

A Fundación Diego González Rivas protagonista este xoves da Gala Benéfica de IFFE

0

Continúa a súa campaña de captación de fondos para levar a pioneira tecnoloxía de ciruxía non invasiva a Fundación Diego González Rivas. Faino coa Gala Benéfica ‘Ambrosía’, un acto que terá lugar o vindeiro xoves, 31 de agosto, grazas á colaboración da Escola de Negocios IFFE.

Aumentar a esperanza de vida, aliviar a dor e mellorar os diagnósticos en enfermidades graves a través da técnica uniportal Vats, desenvolvida polo cirurxián coruñés, son os principais obxectivos da súa fundación recentemente creada.

A Fundación Diego González Rivas leva a cirurxía minimamente invasiva a Serra Leoa e Liberia

Unha poxa de esperanza e solidariedade

A Gala Benéfica ‘Ambrosía’ terá un punto álxido de xenerosidade e compromiso. O vindeiro xoves pola noite será testemuña dunha poxa benéfica, na que os asistentes terán a oportunidade de poxar por obras de arte, como El árbol de Jorge Castillo, Mirando al interior de Carmen Touza, El Gaitero con vestido de gala de Raúl Velloso e unha obra especial de Pilar Fandiño. Ademais, exporanse tres pezas exclusivas da colección Olimpia de Joyería Obradoiro. Cada oferta realizada na poxa contribuirá directamente ao apoio dos proxectos transformadores da Fundación Diego González Rivas.

A velada estará amenizada coa actuación en directo do cantante Mikel Erentxun.

Aínda estás a tempo de adquirir as túas entradas a través do formulario facilitado por IFFE Business School nesta ligazón.

Para aqueles que desexen apoiar pero non poden asistir, habilitouse unha opción de “liña cero” para as doazóns.

O legado do doutor Diego González Rivas

A inspiradora figura do doutor Diego González Rivas ocupará o protagonismo da Gala Benéfica ‘Ambrosía’. Despois dun mes de agosto cheo de logros, que o levou a percorrer máis de 70.000 quilómetros e a operar en 19 hospitais de catro continentes, o doutor González Rivas compartirá as súas experiencias cos asistentes.

 

A comisión de festas de Santa Cruz critica ao Concello de Oleiros polas multitudinarias pelexas

0

A comisión de festas de Santa Cruz, no municipio coruñés de Oleiros, vinculou as pelexas ocorridas durante a celebración das mesmas con “cuadrillas alleas ao municipio“, á vez que reclama máis policía e denuncia “falta de supervisión municipal”.

Nun comunicado, lamenta “profundamente” os feitos ocorridos en senllas noites, nunha con agresión con arma branca a un mozo, e vincula as pelexas con “cuadrillas” de fóra do muncipio “que se citaron para pelexar durante a celebración das nosas festas”.

Fano despois de que se producisen senllas pelexas protagonizadas por mozos, nalgún caso coa participación dunha trintena, e de que houbese, ademais, un ferido con arma branca e outro ao que romperon a mandíbula ao querer roubarlle un móbil, segundo denunciou a familia.

A comisión de festas, que incide en que son un grupo de voluntarios e que non reciben apoio económico máis que a cesión de material, expresa o seu apoio ás familias afectadas polas agresións e ínstalles a contactar coa citada comisión “para tomar as decisións que consideren oportunas”.

Púxose en perigo a seguridade das persoas asistentes ao evento e de todos os veciños de Santa Cruz por decisións que entendemos neglixentes por parte do goberno municipal”, do que asegura que faltou “supervisión municipal” nos días previos á celebración das citadas festas.

Ademais, sostén que os membros da Policía Local “estaban totalmente desbordados por contar cun número ridículo de efectivos”. Sobre a súa actuación, mostran o seu agradecemento ao labor e apostilan que, ao seu xuízo, foron “unhas vítimas máis dunha xestión neglixente por parte das autoridades municipais”.

Convocan unha concentración en apoio a Jenni Hermoso

0

“Acabouse. Contigo Jenni, por todas” é o lema co que este luns 28 de agosto se convocan, en toda a península, concentracións para apoiar a Jenni Hermoso e censurar o ridículo e indignante papel do presidente da Real Federación Española de Fútbol Luís Rubiales.

En A Coruña, a cita será ás 20:00h no Obelisco.

Que un do Señores do Fútbol, despois do trato vexatorio que rendeu ás xogadoras e particularmente a Jenni, intente culpar á vítima, e saia nunha rolda de prensa demostrando, sen vergonza, o seu machismo rancio e o seu caciquismo, coa sensación total de impunidade, demostra a necesidade de cambio que ten o noso fútbol.

Rescatan a un conductor que envorcou na Avenida Ché Guevara de Oleiros

0

Profesionais dos bombeiros de Arteixo e do servizo de emerxencias de Oleiros liberaron ao condutor dun vehículo que sufriu unha saída de vía e terminou envorcado cando circulaba pola avenida ‘Ché’ Guevara do municipio coruñés de Oleiros.

O suceso produciuse ao redor das 07,30 horas deste luns, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso de mans dun particular que chamou á central de emerxencias para pedir axuda para unha persoa que non podía saír do seu coche debido a que este se atopaba envorcado de forma lateral.

Desprazados ao lugar, os efectivos de emerxencias colaboraron para excarcerar ao único ocupante do turismo, quen foi trasladado en ambulancia ao CHUAC.

O BNG reclama que a declaración BIC do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside inclúa Cerámica do Castro

A deputada do BNG, Mercedes Queixas defenderá no Parlamento galego iniciativas para que o conxunto de Cerámica do Castro sexa incluído na declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.

Ademais, tal como detallou a formación nacionalista nun comunicado, instará á Xunta a velar por que o Laboratorio de Formas sexa “parte activa” na xestión do museo e pedirá que sexa respectado o seu nome orixinal.

Desta forma, Queixas levará estas cuestións ao Parlamento tras a publicación no Diario Oficial de Galicia do pasado 11 de agosto da resolución de incoación para declarar BIC o museo.

Así, o BNG detallou que este feito chega para dar resposta, trece anos despois, a un acordo unánime na Cámara galega e tras “continuadas reclamacións” de colectivos sociais e culturais e institucións.

A continuación, a formación nacionalista remarcou que se sumou “en reiteradas ocasións” a estas reclamacións por causa da deterioración progresiva do edificio e da consecuente afectación á colección museística.

Ese proceso de degradación “tan amplamente coñecido como o silencio desactivador do actual propietario maioritario connivente co do Goberno galego”, apuntou Queixas.

“Este deixamento comprometerá a memoria da vangarda artística galega, recuperada a memoria do exilio, como proxecto cultural singular xestado por dous referentes imprescindibles como Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo”, lamentou a deputada do BNG.

CUESTIÓNS QUE LEVARÁ Ao PARLAMENTO

O BNG explicou que unha vez aberto o camiño da protección e conservación “xorden algúns interrogantes” que afectan “á columna vertebral” do proxecto museístico.

Unha desas cuestións que Queixas exporá é por que a resolución de incoación BIC modifica o nome orixinal do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside polo de Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside.

Con todo, tamén preguntará á Xunta por que non se inclúe na incoación da declaración de BIC o conxunto de Cerámica do Castro. Neste sentido, defenderá que sexa incluído, e tamén instará o Goberno do PP a velar por que o Laboratorio de Formas “sexa parte activa do museo”.