Inicio Blog Páxina 566

O Ciclo Poetas Dei(n)versos esgota todos os seus pases para un encontro protagonizado por Viggo Mortensen e Xosé Iglesias

0

Este luns celébrase na Coruña unha nova cita de Poetas Dei(n)versos –consolidada como a única estable e regular en España con poetas internacionais– coa presenza de Viggo Mortensen e Xosé Iglesias. O encontro, para o que están todas as súas invitacións esgotadas, dará comezo ás 20,00 no auditorio da Ágora.

O ciclo é organizado polo Concello da Coruña en colaboración con Yolanda Cataño, Premio Nacional de Poesía 2023, que tamén presentará o encontro. Desta forma, desde o goberno municipal aseguran “reunir sobre as táboas dun mesmo escenario a unha voz de Galicia á beira doutra do resto de mundo”.

Viggo Mortensen (1958), de ascendencia danesa e estadounidense pero criado en Arxentina, conta con ao redor de 10 poemarios e é licenciado en Hispánicas pola Universidade de Saint Lawrence. Oito dos seus libros de poesía foron publicados por Perceval Press, editorial independente creada por el mesmo. En cambio, a súa entrega máis recente foi baixo o selo arxentino de Edicións LUX neste 2023: ‘Ramas para un niño’.

En canto ao capitán de pesca-mariñeiro de Cee, Xosé Iglesias (1974), leva vinte anos traballando a bordo do seu pesqueiro de baixura con base no porto da Coruña, o ‘Primeiro Villar’, compaxinando palabra e paisaxe, dado que tamén é acuarelista. No ano 2014 publicou ‘Transfusión Oceánica’ e dous anos máis tarde ‘A relixión do mar’, polo que recibiu o premio de poesía Victoriano Taibo. No 2022 publicou dous poemarios máis e un álbum ilustrado.

Para o seguinte encontro de Poetas Dei(n)versos, que tamén prevén repleto, contarán coa presenza de Andrea Nunes (Marín) e Gioconda Belli (Nicaragua), ambas as activistas contra varias formas de opresión.

“Todos somos vítimas potenciais cada vez que nos desprazamos”

0

Este venres, celebrouse un acto solemme cunha lectura de manifesto e ofrenda floral con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas da Violencia Viaria. A concelleira de Innovación, Infraestruturas e Mobilidade, Nereida Canosa reivindicou que cando falamos de cifras de tráfico, falamos de persoas. “Detrás de cada unha das vítimas de tráfico hai outras invisibles, as súas familias” explicou.

Canosa, acompañada da edil de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, agradeceu o traballo da asociación Stop Accidentes na concienciación e sensibilización da seguridade viaria. A edil deu paso a Jeanne Picard, presidenta de Stop Accidentes, que procedeu á lectura do manifesto nacional. Posteriormente, gardouse un minuto de silencio e fíxose unha ofrenda floral en memoria das vítimas de violencia viaria.

Acto realizado na estación de Autobuses da Coruña
Acto realizado na estación de Autobuses da Coruña

A subdelegada do goberno María Rivas expresou a importancia de celebrar homenaxes como esta, que brindan a oportunidade de rememorar e concienciar á sociedade sobre o perigo real nas estradas. “Non só en España senón en todo o mundo, cada ano 1,3 millóns de persoas falecen en todo o planeta como consecuencia dun sinistro viario, e máis de 50 millóns resultan feridas, moitas delas con secuelas permanentes” sinalou Rivas.

En concreto, os datos de Galicia do ano pasado suman 2.381 sinistros con vítimas, na que 90 persoas perderon a súa vida e 309 quedaron con secuelas graves ou moi graves. Na provincia da Coruña os datos reflicten un total de 964 sinistros con vítimas, con 43 persoas falecidas e  153 con secuelas graves ou moi graves no pasado ano.

Neste sentido, a subdelegada expresou que “por cada unha das vítimas, polas súas familias, polos seus amigos e amigas e seres queridos” o Goberno mantén o seu compromiso por “seguir traballando por avivar a conciencia pública sobre o impacto persoal e social que causa a violencia viaria” e por “conseguir un país sen mortes nas estradas”.

A Subdelegada do goberno María Rivas invitou á toda a sociedade a reflexionar e a empatiza coas vítimas e as súas familias xa que “todos somos vítimas potenciais cada vez, cada día, que facemos algo tan habitual como desprazarnos dun lugar a outro”.

Máis novas

María Pilar, a nai á que lle esixen pagar a limpeza do accidente que acabou coa vida do seu fillo: “Existe a violencia vial”

Dúas persoas resultaron feridas ao romper parte da varanda das escaleiras da praia de Oza

0

Dúas persoas resultaron feridas na Corñua ao romper parte da varanda das escaleiras da praia de Oza. O suceso ocorreu sobre as 12.30 horas no acceso ao areal e, ata a zona. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 avisou de que enviaban ao lugar dos feitos varias dotacións para atender aos feridos.

Finalmente, dúas persoas necesitaron o traslado ao centro hospitalario de referencia debido ás lesións causadas. Segundo explicou o equipo médico, cedeu parte da varanda das escaleiras de acceso situadas máis ou menos na metade da praia, explicou o 112. Para colaborar cos sanitarios, desde o 112 Galicia, tamén se enviaron avisos aos axentes da Policía Nacional e Local.

Coruña Cura a 5.000 persoas en Senegal

0

Un equipo de 16 voluntari@s da ONG Ecodesarrollo Gaia regresaron o pasado sábado, 11 de novembro, da localidade senegalesa de Yoff-Tonghor. Gazas ao proxecto Coruña Cura puideron pasar dúas semanas prestando atención médico-farmacéutica a uns 5.000 pacientes. que carecen de recursos económicos para acceder á atención sanitaria en Senegal.

Esta é a 20ª edición, e 12º ano, deste programa que se integra no plan global de desenvolvemento local sostible da ONG, e que pon o foco no aspecto hixiénico-sanitario desta localidade senegalesa.
O equipo desta edición estivo formado por 16 persoas, entre elas 12 médicos, 2 farmacéuticos e 2 enfermeiros de diversos lugares de Galicia. Completaron o grupo 2 persoas de apoio da ONG. Todos residiron nun colexio construído pola propia ONG que se chama Escuela Coruña.

Coruña Cura 2023_equipo en Senegal
Equipo de voluntari@s de Coruña Suma

Explican dende Gaia que os problemas máis frecuentes son lesións dermatolóxicas, feridas e úlceras con mala evolución, parasitos intestinais, sarna ou tiña. Pero tamén se realizan controis de enfermidades crónicas na poboación (principalmente hipertensión e diabetes), revisións de saúde pediátrica e, en colaboración co centro de saúde local, diagnóstico de desnutrición infantil, así como probas de malaria e algunhas intervencións cirúrxicas menores.

Ademais da asistencia médica, os cooperantes tamén facilitaron a esta poboación material de enfermaría e 500 quilos de medicamentos, entre analxésicos, antifúngicos, antibióticos, material de tratamento, etc. Doazóns aportadas por farmacias e hospitais, ademais das achegas económicas de particulares que facilitan o desenvolvemento do programa.

Unha cadeira de rodas

Coruña Cura 2023_silla de ruedas donada copia

Así mesmo, nesta expedición doouse unha cadeira de rodas adaptada para un mozo de 20 anos que, por mor dunha enfermidade infantil, quedou con dano cerebral como consecuencia. Isto provocoulle importantes limitacións no movemento e só podía saír da súa casa en brazos de alguén. O persoal sanitario de Coruña Cura tomoulle o pasado ano as medidas para fabricar en España unha cadeira a medida, que foi entregada nesta viaxe.

As Enfermeiras, e o resto de profesionais, lembran na rúa que “sen persoal, non hai sanidade”

0

Medio millar de profesionais da sanidade pública galega acodiron este mediodía de xoves 16 de novembro á manifestación convocada polo colectivo “A Por Todas (APT)” nos arredores do CHUAC. Unha concentración enmarcada na serie de mobilizacións realizadas en vilas de toda Galicia, para demandar mellores condicións laborais e a “recuperación” dos seus dereitos.

Co lema “Sen persoal, non hai sanidade” e con arengas como “Xerente, escoita estamos en loita”, “Autoxestión, Que dimita a Dirección”, ou “A loita é o único camiño”, as enfermeiras rodearono CHUAC rodeadas de profesionais de distintas categorías, como médicos, celadores, técnicos…

Manifestacion Enfermeiras Sen danidade non hai persoal

As demandas

Tras enviar sendos escritos ao Sergas e á Valedora do Pobo, decidiron continuar coas mobilizacións para reclarar os dereitos que foron perdendo nas últimas dúas décadas, melloras nos cocientes Enfermeira-paciente, estabilidade laboral e recoñecemento profesional:

  • Mellora das ratios enfermeira-doente.
  • Mellora da contratación, a estabilidade da mesma e transparencia.
  • Recuperación do 100 % da paga extra.
  • Recuperación dos 3 LDs.
  • Recoñecemento do solape de xornada.
  • Retribución do plus de festivo os sábados (M-T).
  • Retribución xusta e igualitaria das horas fóra de xornada ordinaria.
  • Encadre da carreira profesional, acorde co tempo trabajado,e incluíndo o da UE.
  • Exención de noites voluntarias a partir dos 55 anos, sen perda retributiva nin aumento da xornada ordinaria.
  • Xubilación anticipada aos 60 anos.
  • Recoñecemento da categoría A1.

APOIO DO COLEXIO DE ENFERMERÍA

A Xunta directiva do Colexio Provincial de Enfermaría da Coruña volve amosar o seu apoio ás reivindicacións do colectivo enfermeiro A por todas. Critica “a inexistencia de respostas por parte das autoridades sanitarias”, e pon nome ás demandas:

 

Máis novas

Rescatan a unha octoxenaria atrapada no seu domicilio en Cambre tras romper a cadeira e a perna

0

O servizo municipal de emerxencias, en colaboración coa Garda Civil e o 061 rescataron no concello coruñés de Cambre a unha octoxenaria que quedou atrapada no seu domicilio tras romper a cadeira e a perna. Segundo informou o Concello nun comunicado, a intervención foi “de película” e os feitos producíronse ao recibir a chamada dun particular que alertaba de que unha muller pedía auxilio no interior do seu piso, situado na rúa Curros Enríquez.

Á súa chegada ao inmoble, a agrupación decatouse de que a veciña se atopaba alén dunha porta acoirazada, polo que decidiron acceder ao edificio descendendo pola fachada, co obxectivo de non causar danos nin alterar á muller, que en todo momento estivo en contacto por vía telefónica co 061. O rescate puido efectuarse grazas á colaboración doutra veciña que lle permitiu ao persoal de emerxencias entrar ao seu apartamento, situado na planta superior, para que un dos axentes puidese deslizarse e finalmente acceder a través da xanela ao piso da muller.

Unha vez realizada a operación, a muller foi trasladada a un centro hospitalario. Unha operación que, segundo destacou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Daniel Mallo, estivo coordinada por efectivos da Garda Civil, o Servizo de Emerxencias de Cambre e o 061.

Detido un veciño de Brión por tenencia ilícita de armas ao que lle comisaron rifles, munición e revólveres

0

A Garda Civil detivo a un veciño do municipio coruñés de Brión como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas ao que lle comisaron rifles, munición, revólveres e frechas. Segundo informou o Instituto Armado, a operación ‘Arbrin’ empezou o pasado ano tras o coñecemento da posible existencia dunha persoa que ofertaba armas a través de Internet.

Durante a investigación identificaron o home e tras iso iniciaron un dispositivo para localizalo. Así, atopárono no interior dun vehículo estacionado nunha vía en desuso. No rexistro do automóbil, o efectivo atoparon dous rifles PCP, cunha potencia de disparo superior a 100 xullo, unha arma cuxa tenencia implica ter a correspondente autorización administrativa, portar a factura de compra da arma, estar federado en tiro deportivo ou estar en posesión da correspondente licenza de caza e esta persoa non cumpría ningunha das condicións. Ademais, os axentes incautáronse de munición, frechas e bombonas de CO2. Tras iso, o home foi detido como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas.

Posteriormente, solicitaron autorización para o rexistro voluntario do seu domicilio, ao que accedeu o detido, e os axentes localizaron tres revólveres traumáticos, puntas de frecha reforzadas con coitelas cortantes, botellas de CO2 e frechas de carbono.

AGA Ucraína convoca para este sábado a súa concentración nº 91

0

Non para Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA Ucraína) de deixar de visibilizar a guerra que sofre pola invasión rusa. A entidade convoca a concentración de apoio a Ucraína n° 91, que se realizará este próximo sábado, 18 de novembro de 2023, ás 12:30, no Cantón Grande, A Coruña.

A entidade, formada o 28 de febreiro de 2022 a iniciativas dun grupo de ucraínos residentes en Galicia leva ano e medio axudando, gracias á colaboración de áis de 300 persoas, que ca axuda física e doazóns permitiron xa enviar 31 camións de axuda humanitaria á zona de conflito ucraniana.

A entidade leva acollida máis de 300 persoas, organiza actividades educativas e de lecer, promove a inserción laboral, ofrece apoio psicolóxico, ademais de servizos de tradución e interpretación, acompañamento a centros médicos, e mesmo asistencia xurídica e administrativa ou atención odontolóxica.

Un condutor cae co seu vehículo ao foso dunha obra na rúa Manuel Murguía

0

Un condutor caeu este venres á tarde co seu vehículo ao foso dunha obra na Coruña, segundo informou a Europa Press a Policía Local e o 112. Desde o corpo policial, precisaron que o home foi trasladado a un centro sanitario tras caer ao foso dunha obra para facer garaxes. Ocorreu cando circulaba pola rúa Manuel Murguía e a bastante velocidade, apuntaron.

Á súa vez, desde o 112 explicaron que sobre as 15.45 horas aproximadamente recibiron a chamada de varias persoas que alertaban dun accidente moi aparatoso tras chocar un coche contra o peche dunha obra e precipitarse ao foso. Sobre o condutor, indicaron que se lles trasladou que se atopaba aparvado. Ao lugar, desprazáronse efectivos dos bombeiros, de Policía Local e de Protección Civil.

O teatro une no Fórum a Galicia e Portugal

0

Este sábado 18 de novembro terá lugar a VIII Xornada da Sección de Literatura Dramática. VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal. A descentralización das artes escénicas, que se vai celebrar no Forum Metropolitano da Coruña. Esta actividade, organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega AELG, conta coa colaboración do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña, CEDRO e Centro Cultural Português em Vigo do Instituto Camões. A entrada é libre e gratuíta.

Un festival que nace para “dar apoio e fomento de novos proxectos escénicos a través dunha convocatoria e mostra dos mesmos”, ao tempo que se procura “tender pontes, dentro do Eixo Atlántico peninsular, coa veciña Portugal”.

VI FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL 2023

Nesta sexta edición, o festival acolle 7 proxectos (4 galegos e 3 portugueses), que serán amosados e compartidos en público.

Dentro do programa incluímos unha Masterclass sobre un tema relevante, que neste 2023 vai ser “A descentralización na programación de artes escénicas en Portugal, o caso do Teatro Diogo Bernardes”, impartida por Luís Miguel Franco da Silva, director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima (Portugal).

PROGRAMA

SÁBADO 18 DE NOVEMBRO

– 10:00 h. Apertura da Xornada a cargo de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e representantes das institucións colaboradoras.

VI Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática (mañá).

– 10:30 h. Primeira proposta escénica. A voar, de Andrea Dunia.

– 11:15 h. Segunda proposta escénica. Porvir dun centennial, por Laura López Esteban.

– 12:00 h. Terceira proposta escénica. Derma, de Sonsoles Cordón.

– 12:45 h. Aula maxistral sobre a descentralización das artes escénicas, a cargo de Luís Miguel Franco da Silva. Director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima (Portugal).

VI Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática (tarde).

– 16:30 h. Cuarta proposta escénica. Uma Espécie Em Viagem, de Renata Flaiban & Grupo de Teatro Comunitário do Campo.

– 17:15 h. Quinta proposta escénica. Vida útil da porcelana, de Samuel Merino e Silvia Penas.

– 18:00 h. Sexta proposta escénica. A Busca, de Fabiano Assis da Silva.

– 18:45 h. Sétima proposta escénica. Neste Momento, de Alexandre Sá.

– 19:30 h. Deliberación, por parte do Comité de Selección do Festival, formado por Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, Director do Teatro Rosalía Castro da Coruña e Membro da Xunta Directiva de La Red do Estado español, Luís Miguel Franco da Silva, director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, e Célia Guido Mendes, en representación do CCP en Vigo do Instituto Camões, contando cos votos emitidos polas/os creadoras/es dos proxectos escénicos presentados.