A UDC terá que pagar os complementos non percibidos polos investigadores de varios proxectos de investigación
A música rock e electrónica toman A Coruña a partir do 18 de agosto
A Coruña acolle o 18 de agosto, venres, e o sábado, 19, novas edicións dos festivais independentes de rock e de electrónica, segundo informa o consistorio.
As bandas Angelus Apatrida, Black Panda, Leftlovers e Morgen porán a soar as guitarras o día 18, mentres que o 19 de agosto serán Alisha Rose, Baldo, Cintia Martis, Isaac Peces, James Ruskin yRoi, entre outros, os que participen no festival de electrónica.
Ambos os festivais serán no parque de Santa Margarita con entrada libre e como parte da programación das festas de María Pita, que se celebran este mes. A apertura oficial das festas terá lugar na propia praza do Palacio Municipal este martes, día 1, coa presenza do xogador Lionel Scaloni. Posteriormente, actuará o cantante Mika.
Máis dun centenar de autores daranse cita na Feira do Libro da Coruña, que se inaugura este martes 1 de agosto
A Feira do Libro da Coruña abrirá as súas portas este martes 1 de agosto, ás 12.30 horas, co pregón da poeta Doures Tembrás.
Durante dez días, máis dun centenar de autores, sete editoriais e máis dunha vintena de librarías participarán neste evento, que contará con 32 casetas e dúas carpas para actividades.
Segundo informa a Federación de Librarías de Galicia, a edición número 52 da Feira do Libro da Coruña “amplía as actividades e propostas de anos anteriores”.
Este encontro combinará firmas de libros, presentacións, mesas redondas e actividades para toda a familia en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.30.
Pechan o túnel de María Pita tras quedar encaixado nel un autobús de viaxeiros
Un autobús de viaxeiros quedou encaixado este luns no túnel de María Pita, o que obrigou ao seu peche ata reparar os danos, segundo informou a Policía Local.
En concreto, explicaron que, a pesar de existir un gálibo que o impedía, o autobús, de servizo discrecional, entrou pola avenida do Porto para ir en dirección ás Atochas, a pesar de non poder.
Os feitos producíronse pouco antes do dez da mañá. Posteriormente, logrouse sacar ao vehículo aínda que o túnel segue pechado á espera de reparar os danos.
O home de 88 anos que vivía no piso onde tivo lugar a explosión de gas en Ordes está estable aínda que con prognóstico moi grave
O home de 88 anos ferido moi grave na explosión de gas no seu piso en Ordes segue ingresado no complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC) en estado estable, segundo informaron fontes hospitalarias este luns.
En concreto, mantense sen cambios, ingresado na Unidade de Queimados do CHUAC e cun prognóstico moi grave, apuntaron as mesmas fontes.
No caso do home de 68 anos trasladado ao Hospital Clínico de Santiago (CHUS), a súa evolución é favorable e atópase xa en planta tras estar ingresado na UCI.
Como resultado da explosión de gas, ocorrida o pasado dia 26, resultaron feridas catro persoas, unha delas unha menor que foi dada de alta no lugar e outra cuarta persoa que foi atendida nun centro sanitario de Ordes.
O home ingresado no CHUAC é a persoa que vivía no piso onde se rexistrou a explosión, que provocou, ademais de danos persoais, materiais, entre eles na cafetaría situada debaixo do inmoble.
Costas realiza unha intervención na zona das chabolas da Pasaxe
Cada vez son menos as chabolas da Pasaxe. E segundo a Demarcación de Costas, en canto “ao desafiuzamento dos ocupantes do dominio público, o Estado está á espera da resolución dos recursos presentados ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”.

Unha situación enmarcada nas obras de “Actuación de tratamento da vexetación e recuperación do dominio público marítimo terrestre de A Coruña”, que a entidade dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica realiza na zona, ao mesmo tempo que desenvolve o proxecto de rexeneración da Ría do Burgo.
As obras de rexeneración da ría manteñen o prazo de finalización para xaneiro de 2024.
Poden consultar os avances da obra da dragaxe ambiental dos sedimentos da ría do Burgo na web do Ministerio.

Sobre a calidade da auga, os resultados obidos no mes de auga sinalan que se trata dunha ría cunjha moi marcada presenza de auga marina, na que se detecta a presenza de tributilestaño e hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs) pero sen superar os valores límite. Si se detecta a presenza significativa de enterococos, derivada da carencia do saneamento.
Olladas doutro tempo: Banco Pastor
No ano 1921 firmaríanse na Coruña tres proxectos de grande importancia urbanística para a cidade. Un deles sería un novo barrio residencial a base de chalets: a Cidade Xardín na zona de Riazor. Outro, máis céntrico, o edificio da delegación do Banco de España, na rúa Juana de Vega. O terceiro deles sería o máis sonado, xa que estamos a falar do edificio máis alto de toda España naquel intre: a sede do Banco Pastor no Cantón Pequeno.
O novo poder financieiro estaba a esixir a súa posición, con entidades fortes que buscaban proxectar unha imaxe potente que as identificase nos mellores espazos das cidades. E nada máis chamativo que un rañaceos. Inspirados pola “Escola de Chicago”, os arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés debutaban profesionalmente cunha obra que segue a ser referencia hoxe en día, pero que na súa época desatou unha grande polémica. Para comezar, esnaquizaron as normativas municipais vixentes, que limitaban a altura a 20 metros, medida dupricada neste proxecto. Xustificaríase tal construción invocando ós valores da modernidade, hixiene e progreso, así como o embelecemento xeral da cidade. Os detractores da obra non vían con bós ollos erguer as once prantas de tan xigantesca edificación sobre un chan de area de praia, coa súa cimentacion baseada en pilotes de madeira. Iso ademáis de “deixar sumidas en lóbrega penumbra -ás casas cercanas- facéndoas máis húmidas e insáns”
Empregaríase, de forma pioneira en Galicia, o formigón armado na estrutura, e un recubrimento de pedra artificial. Dende o inicio será plantexado coma o edificio máis importante da cidade, moi distinto a “esas vivendas raquíticas, de fachadas superficiais, que rifan coas máis rudimentarias máximas da estética … e que afean desgraciadamente as rúas máis céntricas”. Semellan declaracións algo esaxeradas, pero para a súa construción foi preciso adquirir e derrubar varias casas de tres ou catro andares coas tradicionais galerías tan propias do século anterior, rachando coa estética e a dinámica construtiva dos Cantóns.
O edificio xa estaba rematado cando a grandísima fotógrafa Ruth Matilda Anderson hospedouse no Hotel Palace en 1925. Dende a sú fiestra puido captar esta bonita perspectiva das estreitas vivendas con galería que poboaban o Cantón Grande nesa época. Na fotografía, destaca enormemente a sede bancaria, que seguiría a ser o teito do país ata o ano 1929. Nesa data, os seus 39 metros de altura veránse moi superados polos máis de 80 da sede de Telefónica na Gran Vía madrileña. Finalizaban deste xeito os catro anos de dominio das alturas españolas dun edificio coruñés.
Na actualidade estamos afeitos a edificacións moito maiores, e tamén a un “skyline” da Coruña moito máis irregular que antano, por iso paga a pena lembrar aquela época na que os mariñeiros, ó rematar a súa faena e voltar cara ó porto, tan só lograban distinguir dende lonxe a Torre de Hércules e o Banco Pastor.

- Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.
OLLADAS DOUTRO TEMPO
- San Amaro (1920).
- “Orzán, oleaxe”.
- Campo da Derruba.
- Avda. Da Mariña (1858). A foto máis antiga da Coruña.
- Camiño de Garás.
- SANTO DOMINGO DENDE CORTADURÍA.
- CASA GÓTICA
- San Andrés con Santa Catalina.
- Porta do Parrote.
- San Francisco e A Maestranza.
- Cantón Grande.
- Praza de Mina. 1906.
- San Andrés. Avrillón.
- Praia do Parrote e Cárcere Real.
- Mercado do Peixe. San Agustín.
- Santa Catalina.
- Fábrica de Tabacos.
Vinte talleres infantís e abertos ao público formarán parte do ‘Viñetas desde o Atlántico 2023’
‘Viñetas desde o Atlántico 2023’ contará na súa 26ª edición cunha vintena de talleres infantís e profesionais abertos ao público, cuxas inscricións se activan a partir deste xoves, 3 de agosto, ás 10,00 horas.
Así, segundo detallou o Concello, búscase diversificar a oferta deste certame, que este ano empeza un novo camiño coa organización directa do consistorio municipal e a colaboración do sector do cómic coruñés.
A mostra internacional de cómic da cidade da Coruña estrea este ano unha nova actividade lúdica orientada ao público infantil: a iniciativa Viñetas Lab, que do 7 a 13 de agosto reunirá un total de 15 talleres para nenas e nenos de 6 a 12 anos no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, que estará especialmente decorado parala ocasión.
Ademais, a Biblioteca Durán Loriga acollerá dous talleres infantís de iniciación ao cómic e o taller para nenas e nenos ‘As túas primeiras viñetas’, mentres que a Biblioteca de Estudos Locais porá en marcha un ‘Obradoiro express de novela gráfica’ para profesionais, estudantes de arte e afeccionados ao debuxo.
O público poderá inscribirse nos diferentes talleres, que son de acceso gratuíto cun número máximo de asistentes, a partir do xoves, 3 de agosto, ás 10,00 horas, dos seguintes modos: no caso das Bibliotecas Municipais, chamando por teléfono, acudindo presencialmente ou a través da páxina web https://www.coruna.gal/bibliotecas. No caso de Viñetas Lab. Espazo infantil, as inscricións realizaranse a través do correo electrónico ludidactica@gmail.com.



