Inicio Blog Páxina 614

Un incendio nun edificio en Eirís obriga a desaloxar aos veciños

0

Un incendio nun edificio en Eirís, na cidade da Coruña, obrigou a desaloxar aos veciños deste inmoble na rúa Pedro Payo Piñeiro. Afortunadamente puideron saír a tempo.

Segundo informa o 112 Galicia, recibiuse aviso por este lume uns minutos despois das 8,30 horas. Os ocupantes do edificio conseguiron saír ao exterior, aínda que os servizos sanitarios están alertados de forma preventiva.

Foron avisados bombeiros da Coruña, que traballan no punto con tres dotacións para sufocar as chamas. A rúa cortouse durante o tempo de traballo.

LUME EN ZAS

Por outra banda, un edificio en Baio, no municipio coruñés de Zas, foi evacuado por un incendio nun garaxe que afectou a catro coches, dous queimados e outros dous con danos por calor e cascotes desprendidos.

Segundo informa o 112 Galicia, a rápida actuación dos Bombeiros impediu que o lume se propagase a unha decena de vehículos que tamén estaban estacionados no lugar. Os veciños, que foron evacuados durante a intervención, resultaron ilesos e xa puideron retornar aos seus domicilios.

A mostra ‘A Coruña no tempo’ explora a cidade mediante obras de arte, documentos históricos e obxectos simbólicos

0

A mostra ‘A Coruña noa tempo’ explora a cidade, desde as súas orixes ata a actualidade, mediante a combinación de escenografías e instalacións interactivas, obxectos simbólicos, documentos históricos e obras de arte.

A exposición foi inaugurada, este mércores, polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, o presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet, e a alcaldesa da cidade, Inés Rey, entre outros.

Esta é a cuarta das sete exposicións que conforman o proxecto ‘Cidades no tempo’, iniciado en 2022, que ten como obxectivo reivindicar a identidade urbana de Galicia co foco nunha cidade epicentro de actividades comerciais e culturais.

Segundo informou a Xunta, a mostra aborda a cidade desde diversas perspectivas e a través de distintos enfoques. Así, pór nun espazo común á cultura, a economía, a estética, o urbanismo, o lecer e o sentir dunha sociedade marcada polas influencias internacionais que tiveron o porto como punto de entrada.

A través de varias pezas profúndase o “marcado carácter marítimo” que non só mostra a súa relevancia económica senón tamén o desenvolvemento urbano da cidade. O percorrido parte da Torre de Hércules e leva ao espectador desde a Cidade Vella ás primeiras industrias e grandes iniciativas empresariais privadas e desde a cidade das mulleres á cidade ilustrada.

EPICENTRO COMERCIAL E CULTURAL

No acto, Rodríguez remarcou que esta serie de exposicións “é moito máis” que unha cronoloxía ilustrada da Galicia urbana a través do tempo, “é unha reivindicación” das cidades galegas “como polos de identidade e de memoria colectiva”.

A continuación, puntualizou que “é imposible concibir” a Galicia contemporánea sen A Coruña e “sen o papel fundamental” que xogou como epicentro comercial e cultural.

Pola súa banda, o presidente de Afundación incidiu en que este proxecto “é moi atraente” para a sede da entidade na Coruña e que “reflicte a importancia” da conformación da urbe dentro da historia atlántica internacional. “A Coruña é esa porta de mar á que chegan todas as estradas do Atlántico, unha cidade internacional, cosmopolita e emprendedora”, esgrimiu.

A alcaldesa reivindicou a cidade como “clave na historia da Comunidade” por ser “a primeira institución pública en celebrar o día de Galicia”. A exposición, comisariada polo xornalista e membro do Consello da Cultura Galega Manuel Gago, poderá visitarse na sede de Afundación da cidade ata o 16 de setembro.

Alvedro é o aeroporto que máis creceu en pasaxeiros no que vai de 2023

Os pasaxeiros dos aeroportos da Coruña (+66,7%) e Vigo (22,1%) aumentaron en xuño en comparación co mesmo mes de 2022. Mentres, os viaxeiros da terminal de Santiago mantéñense case igual que hai un ano (-0,1%).

Segundo os datos publicados por Aena este mércores, os pasaxeiros na Coruña son máis de 40.000 que un ano antes, á vez que os de Vigo crecen en 18.000. Os do aeroporto Rosalía de Castro foron 323.156 –242.365 de voos nacionais e 79.876 internacionais–.

No acumulado do que vai de 2023, entre xaneiro e xuño, si que se produce un incremento xeneralizado no tres aeroportos. A maior subida compútase no aeroporto de Alvedro (+51,6%), cun total de 599.689. En Peinador, os pasaxeiros foron 532.270 no seis primeiros meses do ano, un 41,4% máis. Pola súa banda, o Rosalía de Castro anotouse 1.607.041 viaxeiros, un 16,4% máis.

En Peinador, os pasaxeiros foron 532.270 no seis primeiros meses do ano, un 41,4% máis. Pola súa banda, o Rosalía de Castro anotouse 1.607.041 viaxeiros, un 16,4% máis.

”Fóra empresas do sistema público de emerxencias sanitarias”

Así de claro o teñen os técnic@s das ambulancias que no marco das súas protestas esixen a xestión directa por parte do Sergas do servizo de emerxencias. Así o aseguran nun comunicado os sindicatos CIG, CCOO, USO e UGT tralo éxito da doble xornada folga da semana pasada e despois das primeiras conversas coa Consellería de Sanidade.

Unha das partes fundamentais do conflito é a paralización da negociación do convenio colectivo galego. Unha situación “provocada pola patronal e sen que a Consellería faga nada por evitalo”, segundo os traballador@s. Dende a patronal aseguran que non vai subir máis dun 4% os custes sociais, pero as ganancias da FEGAM seguen á alza”, denuncian. Precisamente por ese perfil recaudatorio das empresas concesionarias, os técnicos o teñen claro: “fóra empresas do sistema público de emerxencias sanitarias”.

O Comité amósase absolutamente en contra do sistema de ambulancias de 1 só técnic@, coñecido como “low cost”, e que parece “o plan estrella da Consellería”. Ademais esixen o aumento do número de ambulancia tanto no contrato Urxente como Non Urxente e mais a supresión do sistema de apoios.

Manifestación

As entidades participarán hoxe nunha manifestación ás 12:00h na Praza Roxa de Santiago.

novas relacionadas

Condenada unha axente de seguros na Coruña a tres anos e medio de cárcere por apropiarse de diñeiro dunha clienta

0

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e medio de cárcere a unha axente de seguros por apropiarse de diñeiro dunha clienta.

O tribunal considera a esta axente na Coruña como autora dun delito continuado de apropiación indebida, con atenuante de reparación do dano. Ademais da pena de prisión, impúxoselle a inhabilitación para calquera emprego relacionado co ramo da intermediación no sector do seguro ou do investimento polo tempo de condena.

Os maxistrados tamén a condenaron a pagar unha indemnización de 86.522 ás herdeiras da vítima, cantidade da que responderá como responsable civil subsidiaria a aseguradora.

No relato de feitos probados da sentenza, a Sala indica que a procesada, unha vez recibidos os fondos e guiada polo ánimo de incorporalos total ou parcialmente ao seu patrimonio, “procedeu a traspasalos, en unión doutros procedentes de terceiras persoas, desde as referidas contas a contas da súa titularidade ou ben de parentes próximos”.

Así, considera acreditado que, entre xullo de 2011 e outubro de 2015, desde unha conta “nutrida en parte co diñeiro que lle foi confiado pola afectada, pero tamén por terceiras persoas que ignoraban ese destino”, a condenada transferiu a contas propias, do seu esposo e dos seus tíos maternos a cantidade total de 411.1924 euros. Contra o fallo cabe interpor recurso.

181 recursos presentados contra o Parque Eólico das Encrobas

Continúa a veciñanza do Val de Barcia e Monte Xalo mobilizándose contra a invasión eólica. Falamos do Parque eólico As Encrobas, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. Un proxecto que pretende instalar 4 aereoxeneradores de 200 metros de altura repartidos sito nos concellos de Carral, Cerceda e Ordes.

A Xunta aprobaba a comezos de ano a Declaración de Impacto Ambiental para este proxecto asociado ao plan de transición xusta en Meirama, e en abril a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, outorga autorización administrativa previa, e autorización administrativa de construción.

Dende comezos de ano a veciñanza mobilízase a través da “Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo”, que despois de realizar charlas informativas explicando a situación do proxecto onde, todos os veciños das parroquias mais afectadas puideron asinar os recursos de alzada contra o mesmo. Finalmente presentáronse 181 recursos de alzada de veciños directamente afectados pola merma de valor das súas propiedades, polo dano irreversible á paisaxe e a o entorno, e polos graves efectos que este parque suporá para a súa saúde.

No recurso de alzada se denúncianse os defectos de tramitación do expediente pola “omisión do trámite de posta ao dispor das Administracións Públicas afectadas e das persoas interesadas, dos informes preceptivos que resultan relevantes para os efectos da decisión sobre a execución do proxecto e incorrer o órgano substantivo na vulneración dos dereitos constitucionais de participación que asisten”.

perspectiva val barcia co parque Eolico As Encrobas

A Plataforma reclama ademais “a evidente fragmentación fraudulenta dun parque eólico de maior dimensión posto que o parque As Encrobas está vencellado ao parque eólico Meirama, xa que comparten a mesma subestación eléctrica e as instalacións de conexión e transporte ata a subestación de REE”. Unha “fragmentación irregular” que xa serviu para que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspendese a autorización de parques como os de Bustelo, Campelo e Monte Toural.

A veciñanza critica a afectación directa e severa ao benestar e á saúde das familias dos núcleos e vivendas próximas ao parque. “A poboación verase afectada polo ruído xerado polos muíños e o efecto de parpadeo de sombras dos mesmos en, al menos, en 4 núcleos de poboación (Paiolante-Salgueiros (Carral), Xontes (Carral), Juntes (Carral), Pontoxo (Cerceda)), sitas a uns 500 metros aos aeroxeneradores, e outros tres encóntranse a unha distancia duns 1000 metros (Paradela –Esperante-La iglesia (Carral), A Horta do Conde (Carral), e Vilasuso (Carral))

Existe un rexeitamento social absoluto á implantación de parques eólicos no Concello de Carral polo seu impacto negativo na economía local, na saúde, no medio ambiente e na calidade de vida”, sinala a veciñanza. “As afeccións ecolóxicas, visuais e paisaxísticas prevense severas e irreversibles”.

Por todo isto solicitan a suspensión cautelar urxente da eficacia da resolución do 17 de abril do 2023, da Xunta de Galicia do proxecto.

 

Máis novas

Listos o skatepark e a pista multideporte de San Pedro de Mezonzo

0

Inaugurou esta mañá o Concello da Coruña o skatepark e unha pista multideporte na praza de José Toubes Pego, en fronte da Igrexa de San Pedro de Mezonzo, no barrio de Catro Camiños. Situada baixo o viaduto da avenida de Alfonso Molina,cobre unha neceisdade básica dun barrio que carede de infraestruturas para que a mocidade faga deporte.

A zona de actuación abrangueu unha superficie de 1.504 metros cadrados. O skatepark ocupa uns 400 metros cadrados, mentres que a pista deportiva, que tamén ten bancadas, ocupa 361 metros cadrados. Completa o espazo a praza peonil, de 176 metros cadrados. O espazo restante corresponde a beirarrúas, zona axardinada e un novo paso peonil. O skatepark está pensado para que todas as persoas, con e sen experiencia, poidan practicar este deporte.

Pola súa banda, a pista multideporte está adaptada á práctica do baloncesto, con seis canastras que permiten dividir a cancha en varios terreos de xogo.

 

O proxecto, que inclúe creación dun novo paso de peóns, completa a reurbanización da praza José Toubes, na que se atopa o renovado espazo do Remanso. Na contorna tamén se levou a cabo a reurbanización completa de Fernández-Latorre, con carril bici e novas árbores.

A praia do Orzán tomada polo Campionato de España Xuvenil e júnior de socorrismo e salvamento

0

Continúa este verán sendo a Coruña un escenario inmellorable para probas deportivas de alto nivel. Probas que ademais supoñen un importante repulso do sector turístico e hostaleiro, pois atraen unha gran cantidade de visitantes que consumen aquí, e que volverán.

Son 500 socorristas chegados de 11 Comunidades Autónomas os que enchen a praia nos XXXV Campionatos de España de Verán organizados pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo. Uns campamentos que arincaban na praia de Laxe do 7 ao 9 de xullo nas categorías do 7 ao 9, e continúan estes 10, 11 e 12 na na praia do Orzán cas categorías Xuvenil e Júnior, e culminarán a fin de semana 8do 14 ao 16) coa proba absoluta.

 

Pódese ver en directo na web da RFESS.

Sumar e BNG sacan peito tralo “cara a cara”

0

Os grupos de Sumar e BNG quixeron alzar a voz trala celebración dun cara a cara dos tempos do bipartidismo.

A cabeza de lista de Sumar pola Coruña, Marta Lois, sinalou que o debate demostrou que “máis que nunca é necesario o estilo Yolanda, con solvencia nos datos, propondo solucións aos problemas, apelando ao diálogo”. Lois manifestou que a “política é moito máis que dous homes dándose zascas” e lamentou “o ruído, que fose bronco” e que “se falou pouco de controlar o aluguer, o SMI, a saúde bucodental, e de saír unha hora antes de traballar”.
Así mesmo, no mesmo audio remitido aos medios, Lois conveu que é “unha vergoña que a JEC permitise este debate onde máis do 40 por cento do hemiciclo quedou fóra e non se viu representado”.

Pola súa banda, o candidato número uno do BNG pola provincia da Coruña, Néstor Rego, fixo un chamamento a votar ao Bloque ás persoas “defraudadas” co trato dos partidos estatais a Galicia.
Nun acto en Ames, Rego criticou que partidos de ámbito estatal demostraron, ao seu xuízo, ter un comportamento “sumiso e bipolar” porque votan de forma diferente no Parlamento galego e no Congreso. “O único voto útil é o do BNG porque defende os intereses do noso país”, afirma o candidato nacionalista pola Coruña.
Por iso, apela a votar ao Bloque para que Galicia “teña unha voz propia e forte en Madrid e pór freo á dereita”. “Por iso animamos a coller a papeleta do 2×1. Non hai voto máis útil en Galicia que o voto ao BNG: o único que defende os intereses galegos en Madrid e que, ao tempo, vai contribuír a evitar un goberno de dereitas no Estado”.

O TSXG ratifica máis de 6 anos de cárcere a un home por agresión sexual á súa parella con discapacidade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de seis anos e nove meses de cárcere imposto pola Audiencia Provincial da Coruña ao autor dun delito de agresión sexual –en concurso con outro de malos tratos de xénero e dun delito continuado de quebrantamento de medida cautelar– a un home que agrediu á súa parella, unha muller cunha minusvalía do 71%, no corredor de acceso aos servizos do Centro Ágora.

Os maxistrados consideran probado, do mesmo xeito que o tribunal de primeira instancia, que o condenado mantivo unha relación sentimental, sen convivencia, coa vítima, á que realizou tocamentos de índole sexual e agrediu en xuño de 2019 cando se negou a manter relacións sexuais con el.

Ademais, “sendo coñecedor” das prohibicións de achegarse á muller impostas polos órganos xudiciais, no mes de xullo de 2019 achegouse á prexudicada “en varias ocasións, non respectando a distancia establecida”.

A Sala subliña que o testemuño da afectada é “plenamente crible”, á vez que indica que “non consta acreditado móbil espurio algún, nin ponde a mal determinante de falsidade no seu relato, sen que tampouco se constatou que o seu interese na causa vaia máis aló do lóxico interese vindicativo”. Por iso, desestimou o recurso presentado polo condenado.

O procesado ten recoñecida unha minusvalía do 34% por trastorno de identidade con atraso madurativo a nivel de organización psíquica que repercute a nivel de comportamento e aprendizaxe. Con todo, a Sala considera que a súa “capacidade cognitiva é plena e non hai razón para a atenuación, sendo consciente o acusado da distinción entre o ben e o mal”.